James Newton Howard
James Newton Howard, nado nos Ánxeles o 9 de xuño de 1951, é un compositor, director musical, produtor e músico estadounidense. Creou bandas sonoras para máis de 100 filmes conseguindo un Grammy, un Emmy, así como oito nomeamentos ós Premios Oscar. Entre as súas bandas sonoras están as dos filmes Pretty Woman (1990), O príncipe das mareas (1991), O fuxitivo (1993), Pactar co demo (1997), O sexto sentido (1999), Dinosaur (2000), Atlantis: The Lost Empire (2001), Treasure Planet (2002), Signs (2002), The Village (2004), King Kong (2005), Batman empeza (2005), Diamante de sangue (2006), Son lenda (2007), O cabaleiro escuro (2008), The Bourne Legacy (2012), a serie de filmes The Hunger Games (2012–2015), Nightcrawler (2014) e Animais fantásticos e onde atopalos (2016). Entre os directores cos que máis veces ten colaborado están M. Night Shyamalan, en nove dos seus filmes dende O sexto sentido, e Francis Lawrence, para quen compuxo tódalas bandas sonoras dos seus filmes dende Son lenda.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 05 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- James Newton Howard na IMDb (en inglés).