Son lenda

Filme de 2007 dirixido por Francis Lawrence

Son lenda (en inglés: I Am Legend) é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Francis Lawrence que se estreou no 2007. É a terceira adaptación da novela homónima de Richard Matheson de 1954, sendo a primeira The Last Man on Earth (1964) e The Omega Man (1971). Smith interpreta o virólogo Robert Neville, que é inmune a un virus creado polos seres humanos orixinalmente para curar o cancro. Traballa para crear unha cura ó tempo que se defende das vítimas do virus, que se converteron en mutantes hostiles.

Son lenda
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinalI Am Legend
DirectorFrancis Lawrence
ProdutorAkiva Goldsman
David Heyman
James Lassiter
Neal H. Moritz
Tracy Torme
GuiónAkiva Goldsman
Mark Protosevich
Baseado enI Am Legend de Richard Matheson
IntérpretesWill Smith
Alice Braga
MúsicaJames Newton Howard
FotografíaAndrew Lesnie
MontaxeWayne Wahrman
EstudioVillage Roadshow Pictures
Weed Road Pictures
Overbrook Entertainment
Heyday Films
Original Film
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 14 de decembro de 2007
Galicia 6 de xaneiro de 2011 (TVG)
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$150 000 000[1]
Recadación$585 349 010
Na rede
http://iamlegend.warnerbros.com/
IMDB: tt0480249 Filmaffinity: 356363 Allocine: 105557 Rottentomatoes: m/i_am_legend Mojo: iamlegend Allmovie: v335700 TCM: 647209 Metacritic: movie/i-am-legend TV.com: movies/i-am-legend
MySpace: iamlegendmovie Netlix: 70060015Editar o valor em Wikidata

Warner Bros. comezou a desenvolver Son lenda en 1994, e varios directores e actores foron propostos para o proxecto, pero a produción foi posposta por mor da falta de orzamento. A produción comezou no 2006 en Nova York, sendo rodada en varias localizacións da cidade, e incluíndo unha escena de $5 millóns[2] na Ponte de Brooklyn.

Son lenda foi estreado o 14 de decembro de 2007 nos Estados Unidos e no Canadá, conseguindo a meirande recadación da historia dun filme non relacionado co Nadal en decembro. Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2011.[3]

Sinopse editar

Ano 2012. Robert Neville (Will Smith) é o derradeiro home vivo que hai sobre a Terra, pero non está só. Os demais seres humanos convertéronse en seres irracionais e violentos, e todos queren matalo. Durante o día vive en estado de alerta, como un cazador, e busca os mortos viventes mentres dormen; pero durante a noite debe agocharse deles e agardar ata o amencer. Este pesadelo comezou hai tres anos: Neville era un brillante científico, pero non puido impedir a expansión dun terrible virus creado polo home con fins militares. El sobreviviu porque é inmune ó virus; tódolos días envía mensaxes por radio coa esperanza de que haxa outros superviventes, pero é inútil. O único que pode facer é buscar unha fórmula que lle permita empregar o seu sangue inmune para devolverlles ós homes a súa natureza.

Personaxes editar

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. Hollywood Reporter (ed.). "A 'Legend' in the Making". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2008. 
  3. "Son lenda na TVG". Diario Siglo XXI. 5 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar