Willow Smith
Cantante estadounidense
Willow Camille Reign Smith, nada nos Ánxeles o 31 de outubro de 2000, é unha cantante, actriz e bailarina estadounidense. É a filla de Will Smith e Jada Pinkett Smith, e a irmá máis nova de Jaden Smith e medio irmá de Willard Carroll "Trey" Smith III. Smith fixo a súa primeira aparición no cine no filme de 2007 Son lenda, e máis tarde apareceu en Kit Kittredge: An American Girl xunto con Abigail Breslin.
Willow Smith | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Willow Camille Reign Smith |
Data nacemento | 31 de outubro de 2000 (22 anos) |
Nado en | Los Angeles (California) ![]() |
Irmáns | Jaden Smith e Trey Smith |
Ocupación | Cantante, actriz e bailarina |
Xénero | R&B, PBR&B, Neo soul, Pop |
Instrumento(s) | Voz |
Selo(s) discográfico(s) | Roc Nation (2010-presente) |
Relacionado con | Nicki Minaj, Jaden Smith, Trey 'AcE' Smith[1] Melodic Chaotic |
Tempo en activo | 2007 – presente |
Pseudónimo | Willow e WILLOW |
Na rede | |
www.willowsmith.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alén da ser actriz, comezou a súa carreira musical con "Whip My Hair" e "21st Century Girl", asinando co selo discográfico Roc Nation, e converténdose na artista máis nova con este selo. "Whip My Hair" acadou o número 11 nos Billboard Hot 100. O vídeo foi nomeado na categoría Vídeo do ano nos Premios BET de 2011.[2]
Notas Editar
- ↑ Smith, Jaden (17 de setembro de 2012). "Find You Somewhere - AcE featuring Jaden and Willow". Official Jaden's Channel. YouTube.
- ↑ "Video of the Year". Black Entertainment Television (BET). Consultado o 21 de novembro de 2011.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Páxina oficial (en inglés)
- Willow Smith na IMDb (en inglés).