Bruce Willis

actor estadounidense

Walter Bruce Willis, nado en Idar-Oberstein, Alemaña, o 19 de marzo de 1955, é un actor estadounidense.

Modelo:BiografíaBruce Willis

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Walter Bruce Willis Editar o valor en Wikidata
19 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Idar-Oberstein (Alemaña do Oeste) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova Jersey (1957–valor descoñecido)
Alemaña (1955–1957)
Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMontclair State University (pt) Traducir
Penns Grove High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión, actor de dobraxe, produtor delegado, produtor de cinema, actor, actor de cinema, cantante, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz e Harmónica Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMotown Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEmma Heming (2009–)
Demi Moore (1987–2000), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosRumer Willis
 () Demi Moore
Scout Willis
 () Demi Moore
Tallulah Willis
 () Demi Moore Editar o valor en Wikidata
IrmánsDave Willis Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000246 Allocine: 6693 Rottentomatoes: celebrity/bruce_willis Allmovie: p76618 0 Metacritic: person/bruce-willis TV.com: people/bruce-willis IBDB: 501290
BNE: XX1266563 Spotify: 6UpHyjBIGRSHpna0GQ68bH Musicbrainz: a60fa7b7-ec5c-4c0a-bec2-f1e2ae8eb4f3 Songkick: 364278 Discogs: 252793 Allmusic: mn0000640042 WikiTree: Willis-3369 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado como Walter Bruce Willis nunha base militar estadounidense en Alemaña de pai americano e nai alemá. Foi o irmán máis vello de catro (tres nenos e unha nena), un dos cales, David Willis é produtor de cine. Creceu en Penns Grove, Nova Jersey onde demostrou ser un grande estudante, e onde tomou clases de teatro por primeira vez, que, non obstante, ó rematar os seus estudos secundarios non iría á universidade, senón que empezaría a traballar transportando traballadores nunha fábrica local, máis tarde como garda de seguridade nunha central eléctrica. E tamén tocando a harmónica cun grupo de R&B chamado Loose Goose. Máis tarde, botando en falla a actuación, estudou arte dramática na Universidade Estatal de Montclair, da cal marchou a Nova York para comezar a súa carreira de actor.

Fixo o seu debut no cine na película The First Deadly Sin (1980), non obstante o público empezou a fixarse nel cando interpretou un papel na serie de TV Miami Vice, o que lle serviu de trampolín para conseguir o papel protagonista na afamada serie da ABC Moonlight (1985-1989). E no ano 1988 cando conseguiu o papel de John McLane na película de acción Die Hard, que acabaría marcando a súa carreira, no que redefine o heroe de acción como un home vulnerable e case sempre á beira do erro. Máis tarde, no ano 1989, Willis explorou a súa parte cómica na película Mira quen fala.

No ano 1987 casa coa súa noiva, a tamén actriz Demi Moore, coa que tivo tres fillos antes do seu divorcio no ano 2000.

No ano 1990 Willis empeza un período de altibaixos, primeiro co fracaso de crítica e público The Bonfire of the Vanities (1990), seguido do grande éxito The Last Boy Scout (1991), e un novo fracaso con Hudson Hawk (1991). E tamén neste período cando Bruce Willis ofreceu dúas das súas mellores actuacións, primeiro en Mortal Thoughts (1991), na que compartiu protagonismo coa súa muller Demi Moore, e máis tarde con Billy Bathgate (1991), non obstante o público dálle as costas.

 
Bruce Willis cantando.

Tras esta fase de incerteza a fama de Willis parecía ir decrecendo, non obstante volveu dar mostra da súa calidade como actor no filme de 1994 Pulp Fiction, dirixido por Quentin Tarantino. Tras este éxito Willis parece atopar de novo o rumbo e sorprende coa súa interpretación na película 12 Monkeys (1995), na que compartiu protagonismo con Brad Pitt. Estas dúas películas pareceron ser un espellismo pois as súas seguintes películas deron pobre resultado tanto en público como en crítica.

Porén, Willis volveu demostrar ser un moderno Ave Fénix coa súa interpretación no grande éxito Armageddon (1998), que recadou 200 millóns de dólares, e despois coa película O sexto sentido (1999), que lle valeu o recoñecemento por parte da crítica.

Tras películas como A guerra de Hart (2002), Bágoas do sol (2003), e Sin City (2005), a carreira de Willis semellou gozar de boa saúde.

Filmografía

editar
 
Estrela de Willis no Hollywood Walk of Fame.
Filmes
Ano Título Papel Notas
1980 The First Deadly Sin Home entrando a comer
1982 O veredicto Courtroom Observer Sen creditar
1985 A Guru Comes Extra Sen creditar
1987 Cita a cegas Walter Davis
1988 The Return of Bruno Bruno Radolini
1988 Sunset Tom Mix
1988 Die Hard John McClane
1989 That's Adequate El mesmo
1989 In Country Emmett Smith
1989 Mira quen fala Mikey Voz
1990 Die Hard 2 John McClane
1990 Mira quen fala tamén Mikey Voz
1990 The Bonfire of the Vanities Peter Fallow
1991 Mortal Thoughts James Urbanski
1991 Hudson Hawk Eddie 'Hudson Hawk' Hawkins Guionista
1991 Billy Bathgate Bo Weinberg
1991 O último Boy Scout Joseph Cornelius 'Joe' Hallenbeck
1992 The Player El mesmo
1992 Death Becomes Her Dr. Ernest Menville
1993 Loaded Weapon 1 John McClane
1993 Striking Distance Tom 'Tommy' Hardy
1994 North Narrador
1994 Color of Night Dr. Bill Capa
1994 Pulp Fiction Butch Coolidge Nomeado — Chlotrudis Award ó mellor actor secundario
1994 Nobody's Fool Carl Roebuck
1995 Die Hard with a Vengeance John McClane
1995 Four Rooms Leo
1995 12 Monkeys James Cole
1996 O último home íntegro John Smith
1996 Beavis and Butt-Head Do America Muddy Grimes Voz
1997 Le Cinquième Élément Korben Dallas
1997 The Jackal O chacal
1998 Mercury Rising Art Jeffries
1998 Armageddon Harry S. Stamper Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor
1998 The Siege Xeneral William Devereaux
1999 Franky Goes to Hollywood El mesmo
1999 Breakfast of Champions Dwayne Hoover
1999 O sexto sentido Dr. Malcolm Crowe Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor
1999 Historia do noso Ben Jordan
2000 The Whole Nine Yards Jimmy "The Tulip" Tudeski
2000 Disney's The Kid Russell 'Russ' Duritz
2000 Unbreakable David Dunn
2001 Bandits Joe Blake
2002 A guerra de Hart Coronel William A. McNamara
2002 Grand Champion Mr. Blandford
2003 Bágoas do sol Tenente A.K. Waters
2003 Rugrats Go Wild Spike Voz
2003 Charlie's Angels: Full Throttle William Rose Bailey
2004 The Whole Ten Yards Jimmy "The Tulip" Tudeski
2004 Ocean's Twelve El mesmo
2005 Hostage Jeff Talley Tamén produtor
2005 Sin City John Hartigan
2006 Alpha Dog Sonny Truelove
2006 16 Blocks Jack Mosley Tamén produtor
2006 Fast Food Nation Harry Rydell
2006 Lucky Number Slevin Mr. Goodkat
2006 Over The Hedge RJ Voz
2007 The Astronaut Farmer Coronel Doug Masterson
2007 Perfect Stranger Harrison Hill
2007 Grindhouse Tte. Muldoon
2007 Nancy Drew El mesmo
2007 Live Free or Die Hard John McClane Tamén produtor.
2008 What Just Happened El mesmo
2008 Assassination of a High School President Director Kirkpatrick
2009 Surrogates Axente Tom Greer
2010 Vaia dous policías Jimmy Monroe
2010 The Expendables Mr. Church
2010 Red Frank Moses
2011 Catch .44 Mel
2011 The Black Mamba Mr. Suave Curtametraxe
2012 Lay the Favorite Dink Heimowitz
The Cold Light of Day Martin Shaw
Moonrise Kingdom Captain Sharp
The Expendables 2 Mr. Church
Looper Old Joe
Fogo cruzado Mike Cella Directo ao vídeo
2013 A Good Day to Die Hard John McClane
G.I. Joe: Retaliation General Joseph Colton
Red 2 Frank Moses
2014 Sin City: A Dame to Kill For John Hartigan]]
The Prince Omar Directo ao vídeo
2015 Vice Julian Michaels Directo ao vídeo
Rock the Kasbah Bombay Brian
Extraction Leonard Turner Directo ao vídeo
2016 Precious Cargo Eddie Pilosa Directo ao vídeo
Marauders Jeffrey Hubert Directo ao vídeo
Split David Dunn Cameo sen acreditar
2017 Once Upon a Time in Venice Steve Ford Directo ao vídeo
First Kill Marvin Howell Directo ao vídeo
2018 Acts of Violence Detective James Avery Directo ao vídeo
Death Wish Paul Kersey
Reprisal James Directo ao vídeo
Air Strike Jack Directo ao vídeo
2019 Glass David Dunn
The Lego Movie 2: The Second Part El mesmo Cameo
Motherless Brooklyn Frank Minna
10 Minutes Gone Rex Directo ao vídeo
Trauma Center Lt. Steve Wakes Directo ao vídeo
2020 Survive the Night Frank Clark Directo ao vídeo
Hard Kill Donovan Chalmers Directo ao vídeo
Breach Clay Young Directo ao vídeo
2021 Cosmic Sin James Ford Directo ao vídeo
Out of Death Jack Harris
Midnight in the Switchgrass Karl Helter
Survive the Game David Directo ao vídeo
Apex Thomas Malone
Deadlock Ron Whitlock
Fortress Robert
2022 American Siege Ben Watts
Gasoline Alley Detective Freeman

Véxase tamén

editar