Le Cinquième Élément

Le Cinquième Élément é un filme francés en lingua inglesa dirixido e escrito por Luc Besson que se estreou en 1997. Está protagonizado por Bruce Willis, Gary Oldman e Milla Jovovich. A historia está ambientada no século XXIII, momento no cal a supervivencia da Terra está en perigo, e Korben Dallas (Willis), un antigo soldado das forzas especiais, ten que coidar dunha rapaza chamada Leeloo (Jovovich) despois de que caese no seu taxi. Dallas axúdalle a Leeloo a facerse coas catro pedras místicas para defender a Terra dun ataque inminente.

O quinto elemento
Ficha técnica
Título orixinalLe Cinquième Élément
DirectorLuc Besson
ProdutorPatrice Ledoux
GuiónLuc Besson
Robert Mark Kamen
IntérpretesBruce Willis
Gary Oldman
Milla Jovovich
Chris Tucker
Ian Holm
MúsicaÉric Serra
FotografíaThierry Arbogast
MontaxeSylvie Landra
EstudioGaumont
DistribuidoraGaumont Buena Vista International
Estrea1997
Duración126 minutos
Orixe Francia
XéneroCiencia ficción
Orzamento$90 000 000[1]
Recadación$263 920 180[2]
Na rede
http://www.sonypictures.com/movies/thefifthelement/
IMDB: tt0119116 Filmaffinity: 217833 Allocine: 12302 Rottentomatoes: m/fifth_element Mojo: fifthelement Allmovie: v154944 TCM: 328897 Metacritic: movie/the-fifth-element TV.com: movies/the-fifth-element Netlix: 1154386Editar o valor em Wikidata

Besson comezou a escribir a historia cando tiña 16 anos, e cando tiña 38, estreouse o filme no cinema. Besson quería rodar en Francia pero non puido atopar as localizacións precisas para facelo. No seu canto, a rodaxe tivo lugar en Londres e Mauritania. Os debuxantes de banda deseñada Jean Giraud e Jean-Claude Mézières, cuxos libros proporcionaron inspiración en partes do filme, foron contratados para o deseño de produción. O vestiario é obra de Jean Paul Gaultier.

Le Cinquième Élément recibiu maioritariamente críticas positivas, malia que tendeu a polarizar opinións. Foi considerado ó mesmo tempo a mellor e a peor super-produción de verán de tódolos tempos. O filme foi un éxito en recadación, conseguindo máis de $263 millóns sobre un orzamento de $90 millóns. No seu momento, foi o filme europeo máis caro xamais feito, e ficou como o filme francés con maior recadación ata a estrea de Intocable no 2011.

Sinopse editar

En 1914, un arqueólogo e o seu socio atópanse no deserto de Exipto estudando uns gravados nas paredes dun templo antigo. Están preto de facer un gran descubrimento xa que os gravados din que cada 5000 anos chega á Terra un ser coñecido como "O Maligno". Un crego está a piques de detelos cando os Mondoshawah (unha raza alieníxena que busca axudar ós seres humanos mediante 4 pedras) aparecen para levar as pedras a un lugar máis seguro, debido a que non confían moito na raza humana, polo cal deciden darllas á diva Plavalaguna (cantante de ópera do Paraíso Fhloston). Esta raza alieníxena dille ó crego que transmita a súa información ás vindeiras xeracións, ata a súa volta dentro de 300 anos. Logo dese tempo, O Maligno volve ameazar a Terra coa axuda dun empresario tolo chamado Zorg.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1997: Nomeado ó Oscar: Mellores efectos de son.
  • 1997: Premios BAFTA: Mellores efectos especiais visuais.
  • 1997: 3 premios Cesar: Fotografía, deseño de produción, director. 8 nomeamentos.
  • 1997: 2 nomeamentos ós Premios Razzie: Actriz secundaria (Jovovich) e nova estrela (Tucker).

Notas editar

  1. "Dvdreview.com". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 10 de febreiro de 2013. 
  2. "The Fifth Element (1997)". Box Office Mojo. Consultado o 11 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar