Só ante o perigo
Só ante o perigo (en inglés: High Noon) é un filme estadounidense de 1952 do xénero de western, dirixido por Fred Zinnemann e interpretado por Gary Cooper, Grace Kelly, Lloyd Bridges, Katy Jurado e Thomas Mitchell. O filme desenvólvese en tempo real, coa montaxe de varios reloxos que marcan o paso do tempo intercalados entre as escenas de tensión.
Só ante o perigo | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | High Noon |
Director | Fred Zinnemann |
Produtor | Stanley Kramer Carl Foreman |
Guión | Carl Foreman |
Baseado en | "The Tin Star" de John W. Cunningham |
Intérpretes | Gary Cooper Grace Kelly Lloyd Bridges Katy Jurado |
Música | Dimitri Tiomkin |
Estudio | Stanley Kramer Productions |
Estrea | 24 de xullo de 1952 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 730 000 dólares[1] |
Recadación | 12 millóns de dólares[2] |
Lingua | Inglés |
Na rede | |
Gañou catro premios Oscar de sete candidaturas e catro premios Globo de Ouro de oito candidaturas. Recibiu o posto 33 na lista de mellores filmes estadounidenses do American Film Institute.
Foi emitido na TVG o 3 de novembro de 2007.[3]
Argumento
editarWill Kane, o shériff de Hadleyville, casou coa cuáquera Amy e prepárase para cambiar de cidade. Durante os preparativos da mudanza, óuvese que Frank Miller, un home que Kane arrestara, saíra da prisión e chegaría no tren do mediodía para vingarse del. A banda de Miller agárdao na estación para axudalo a cumprir o seu desexo.
Kane e a súa dona deixan a cidade, mais logo el decide volver, perturbado pola súa conciencia. Kane conta con que os seus amigos e veciños o axuden contra a banda de catro homes, mais para a súa sorpresa ninguén quere verse envolveito na rifa e mesmo o seu mellor amigo e axudante, Harvey Pell, o deixa só e a súa esposa ameaza con marchar sen el. Só a súa ex-namorada Helen Ramirez intenta axudalo.
Elenco
editar- Gary Cooper como o shériff Will Kane
- Thomas Mitchell como o prefecto Jonas Henderson
- Lloyd Bridges como Harvey Pell
- Katy Jurado como Helen Ramirez
- Grace Kelly como Amy (Fowler) Kane
- Ian MacDonald como Frank Miller
- Otto Kruger como o xuíz Percy Mettrick
- Lon Chaney Jr como Martin Howe
- Harry Morgan como Sam Fuller
- Eve McVeagh como Mildred Fuller
- Morgan Farley como o reverendo Dr. Mahin
- Harry Shannon como Cooper
- Lee Van Cleef como Jack Colby
- Robert J. Wilke como Pierce
- Sheb Wooley como Ben Miller
- Tom London como Sam
Notas
editar- ↑ Champlin, C. (1966, Oct 10). Foreman hopes to reverse runaway. Los Angeles Times (1923-Current File) Retrieved from http://search.proquest.com/docview/155553672
- ↑ Tino Balio, United Artists: The Company That Changed the Film Industry, University of Wisconsin Press, 1987 p. 47
- ↑ La Voz de Galicia, 3 de novembro de 2007. Páx. 59
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Só ante o perigo |
Bibliografía
editar- Frankel, Glenn (2017). High Noon: The Hollywood Blacklist and the Making of an American Classic. Bloomsbury USA.
- Slotkin, Richard (1992). "Killer Elite: The Cult of the Gunfighter, 1950–1953". Gunfighter Nation: The Myth of the Frontier in Twentieth-Century America. Nova York: HarperPerennial. pp. 379–404. ISBN 0-06-097575-X.