Paco Roca

historietista español

Francisco Martínez Roca, chamado Paco Roca, nado en 1969 en Valencia, é un historietista español adscrito ao movemento da novela gráfica, que produce para o mercado global.[1][2] Ademais de crear cómics, Paco Roca dedícase á ilustración publicitaria.[3]

Infotaula de personaPaco Roca
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistorieta, ilustración, publicidade, workshop (pt) Traducir, cartel e capa de livro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Valencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista de banda deseñada , autor de cómics , ilustrador , escritor , guionista , debuxante Editar o valor em Wikidata
MovementoNovela gráfica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webpacoroca.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3393832 Tebeosfera: martinez_roca_franciscoEditar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Infancia e mocidade editar

Paco Roca naceu nunha familia de clase media, o seu pai era electricista.[4] De pequeno leu Astérix, Blueberry, Mortadelo e Filemón e Tintín, sinala que lle ensinou "a amar a aventura e o cómic".[4][5]

Cos anos, descubriría tamén a Richard Corben, Carlos Giménez ou Frank Miller, estudou Artes e Oficios na escola de Valencia e comezou a traballar en publicidade.[5]

Inicios profesionais (1994-2006) editar

Os seus inicios como historietista foron en 1994 en "Kiss Comix", onde xa traballaba o seu amigo Rafa Fonteriz. Nesta revista debuxou historietas eróticas, que era o que se lle pedía, con personaxes infantís como Peter Pan ou Aladino de protagonistas. Catro anos máis tarde comezou a publicar para "El Víbora": Xunto ao guionista Juan Miguel Aguilera, con quen traballara en "Kiss Comix", crearon Road Cartoons, un experimento que mesturaba debuxo e 3D. En 2000 publicaron xuntos GOG, cómic-book inspirado nos mundos virtuais de Road Cartoons. Neles a xente vive os seus soños, aínda que non sexan reais.

Con El juego lúgubre (La Cúpula, 2001) busca o paralelismo entre Drácula e Dalí: Dous seres que viven illados (un en Transilvania e outro en Cadaqués) e teñen atemorizados os seus veciños porque están por encima da moral. O álbum foi editado en Francia, Italia e Holanda. En 2003 publicou en Francia a primeira entrega da súa serie Las aventuras de Alexandre Icaro, co título de Hijos de la Alhambra, sobre un misterio en torno ao palacio mouro que fascinou a moitos viaxeiros. Con El faro (2004), seguiría traballando para o mercado francés.

Ao mesmo tempo, empezou a participar nun faladoiro de radio xunto aos deseñadores gráficos MacDiego e Modesto Granados, e o xornalista e escritor Ramón Pombal. A Tertulia Friki pasou por diferentes emisoras valencianas e acabou emitíndose os venres ás 13 horas no programa Abierto a mediodía de Gestiona Radio Valencia (107.5 FM).

Madurez e recoñecemento (2007-presente) editar

 
Paco Roca asinando exemplares dunha das súas obras na Coruña

En marzo de 2007, a editorial francesa Delcourt lanzou a súa novela gráfica Rides, a cal foi considerada como un dos 20 mellores cómics editados anualmente no país galo. En novembro, esta reflexión sobre a vellez fora editada en español por Astiberri Edicións co título de Arrugas, recibindo en 2008 senllos recoñecementos no Salón do Cómic de Barcelona (Premio ao Mellor Guión e Premio á Mellor Obra de Autor Español); outro do festival de Lucca; e dous premios Dolmen, ademais do Premio Nacional do Cómic.[5] Como consecuencia de todo iso, superou as 20.000 copias vendidas un ano despois do seu lanzamento.[2]

Mentres se xestaba unha adaptación fílmica da exitosa Arrugas, Roca publicou dúas novelas gráficas máis: A fantástica Las calles de arena e, con Miguel Gallardo, Emotional World Tour, onde contan xuntos anécdotas relacionadas coa promoción das súas obras.[6]

En 2010 iniciou a tira dominical Memorias de un home en pijama para o diario "Las Provincias".[7] Tamén abordou a vida nos campos de refuxiados españois en Francia tras a Guerra Civil en El ángel de la retirada, co guionista francés Serguei Dounovetz[8], e a dos autores da escola Bruguera El invierno del dibujante, realizada xa directamente para a editorial española Astiberri e coa que de novo gañou os premios a Mellor Guión e Mellor Obra de Autor Español no Salón do Cómic de Barcelona 2011.[9]

En 2012 o Museo valenciano da ilustración e a modernidade (MuVIM) acolleu unha exposición retrospectiva dedicada á súa obra.[10] Durante o verán de 2013 publica Diario estival de un home en pijama en El País Semanal, diario co que levaba colaborando esporadicamente desde 2009.[11]

En 2013 deseñou a falla que Fede Ferrer realizou para a comisión General Barroso-Litógrafo Pascual e Abad.[12] A finais de ano viu publicaba a súa novela gráfica Los surcos del azar, baseada na historia Da Nove, a división do Exército da Francia Libre formada por españois durante a segunda guerra mundial.

En 2015 Astiberri publicou La casa, elixido Mellor Cómic Nacional de 2015, premio outorgado polas librarías especializadas integradas en Zona Cómic-CEGAL.

Estilo editar

Paco Roca manifestou que o seu obxectivo é chegar

ao público en xeral, a xente que non acostuma traer cómics. Esa é a xente que teño na cabeza á hora de escoller o tema e darlle forma á historia. O meu xeito de narrar é moi sinxelo, o mesmo que a concepción da páxina, moi clásica.[13]

Para iso, Paco Roca adoita inspirarse nas noticias que chaman a súa atención. É tamén un autor comprometido social e politicamente, que na presentación de Los surcos del azar (2013), obra centrada nos exiliados españois que loitaron na segunda guerra mundial, non dubidaba en afirmar:

Hai que seguir loitanto e lembrando por nós, por nós e polas xeracións que veñan despois. Loitar polas liberdades é tan necesario coma respirar[14]

Coa cor, tenta potenciar as sensacións de cada escena.

Obra editar

Historietística
Anos Título Guionista Tipo Publicación
1994 Aladino Paco Roca Historia curta Kiss Comix nº 33
1995 Blanca Navidad Paco Roca Historia curta Kiss Comix nº 39
1995 Peter Pan Paco Roca Historia curta Kiss Comix nº 51
1998 Road cartoons Juan Miguel Aguilera Historia curta El Víbora nº 221 a 226
1999 El Señor Osiris Paco Roca Historia curta Ganadería Trashumante nº 3
2000 GOG Juan Miguel Aguilera Comic book 48 pxs b/n Fuera de Serie (Ediciones La Cúpula)
2001 El juego lúgubre (historieta) Paco Roca Comic-book 64 pxs b/n Brut (La Cúpula)
2002 Para un puto vicio que tengo... Paco Roca Historia curta El Víbora, Especial Vicio
2003 Les voyages d'Alexandre Icare: Les fils de l'Alhambra Paco Roca Álbum de historietas SAF
2004 El faro Paco Roca Álbum Astiberri
2005 Nuestros muertos Paco Roca Historia curta Tos (revista)
2005-2007 Como cagallón por acequia Paco Roca Historia curta Humo (revista)
2007 Arrugas (historieta) (Rides) Paco Roca Novela gráfica Delcourt
2009 Las calles de arena (Les rues de sable) Paco Roca Novela gráfica Delcourt
05/2009 Emotional World Tour Paco Roca/Miguel Gallardo (historietista) Novela gráfica Astiberri
11/2009 El hombre montaña Paco Roca Historieta curta
06/2010 L'Ange de la retirada Serguei Dounovetz Novela gráfica 6 Pieds Sour Terre
10/2010 Made in Japan: The True Story of Spanish Design Paco Roca Historieta curta
12/2010 El invierno del dibujante Paco Roca Novela gráfica Astiberri
2011 Memorias de un hombre en pijama Paco Roca Tira de prensa Astiberri
2012 Crónica de una crisis anunciada Paco Roca Historieta curta El País Semanal
2013 De Valencia a Cádiz (1808-1814) Rafael Marín (historietista) Novela gráfica Generalitat Valenciana
11/2013 Los surcos del azar Paco Roca Novela gráfica Astiberri
2014 Andanzas de un hombre en pijama Paco Roca Tiras de prensa Astiberi
2015 La casa Paco Roca Novela gráfica Astiberri
2017 La Encrucijada Paco Roca/Jose María Casañ Novela gráfica Astiberri
2018 El tesoro del Cisne Negro Paco Roca/Guillermo Corral Novela gráfica Astiberri
2018 Confesiones de un hombre en pijama Paco Roca Tiras de prensa Astiberi
Ilustración
Anos Título Escritor Publicación
2011 La metamorfosis Franz Kafka Astiberri

Notas editar

  1. Paco Roca non é o mesmo Francisco Martínez Roca que en 1965 fundou a editorial Edicións Martínez Roca.
  2. 2,0 2,1 García (2010), p. 263.
  3. (02/2009). Entrevista a Paco Roca: Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine.Rockdelux.
  4. 4,0 4,1 Cerezo, Herme (21/01/08). “El cómic es mi forma de narrar”, Siglo XXI.
  5. 5,0 5,1 5,2 O debuxante Paco Roca gaña o Premio Nacional de Cómic con 'Engurras', 20minutos, 18 de novembro de 2008.
  6. González, Lucía (17/05/2009). El mundo del cómic, entre bambalinas, El Mundo.
  7. Darias, Manuel] (16/11/2011). 'Memorias de un hombre en pijama', de Paco Roca, Diario de Avisos, p. 56.
  8. Abella, Ana (19/09/2010). Paco Roca recuerda en viñetas el exilio republicano en Francia Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine., El Periódico de Catalunya, p. 64.
  9. Graell, Vanessa (15/04/2011). Y el Oscar del cómic va para..., El Mundo.
  10. (30/09/2012). El MuVIM prorroga la exposición de Paco Roca hasta diciembre por el éxito de público, "El Mundo".
  11. Abandonen el barco, 28/07/2013.
  12. El dibujante Paco Roca diseñará la falla de Fede Ferrer en General Barroso noticia en Las Provincias do 12 de maio de 2012
  13. Crespo, Borja (01/2009). Entrevista a Paco Roca: Recuerdos borrados Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine., "Guía del Cómic" (en castelán).
  14. Jiménez, Jesús (03/12/2013). Paco Roca: "Luchar por las libertades es tan necesario como respirar", "RTVE" (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • AZPITARTE, Koldo (2009). Carreiros. Una retrospectiva da obra de Paco Roca. Laukatu Edicións. ISBN 978-84-613-6384-1
  • GARCÍA, Santiago (2010). A novela gráfica, Bilbao: Astiberri Ediciones.
  • GARCÍA, Santiago (coord.). Panorama. La novela gráfica española hoy. Bilbao: Astiberri Ediciones. Depósito legal: BI-186-13 ISBN 978-84-15-68526-5. 

Ligazóns externas editar