Astérix nos Xogos Olímpicos

álbum de banda deseñada de Astérix

Astérix nos Xogos Olímpicos[1] (en francés: Astérix aux Jeux olympiques) é o décimo segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi lanzada en versión serializada pola revista Pilote nos números 434–455 en 1968 (para cadrar cos Xogos Olímpicos de 1968). A historia satiriza a dopaxe no deporte.[2]

Astérix nos Xogos Olímpicos
Título orixinalAstérix aux Jeux olympiques
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.Francia 1968
Galicia 1996
FormatoTapas duras
Páxinas50
ISBNISBN 84-8288-040-3
Precedido porLe Bouclier Arverne
Seguido porAstérix et le Chaudron
TraduciónAntonio Pichel (1996)
Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar (2021)
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.[1][3] En maio de 2021, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar para Edicións Xerais co mesmo título.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Astérix nos Xogos Olímpicos. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-040-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "Asterix at the Olympic Games - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  4. "Ficha de Astérix nos Xogos Olímpicos". Edicións Xerais. Consultado o 22 de outubro de 2021.