Marguerite Yourcenar

escritora francesa

Marguerite Antoinette Jeanne Marie Ghislaine Cleenewerck de Crayencour, coñecida como Marguerite Yourcenar, nada en Bruxelas (Bélxica) o 8 de xuño de 1903 e finada en Mount Desert Island (EUA) o 17 de decembro de 1987, foi unha poeta, novelista, autora de teatro e tradutora francesa. En 1983 foi galardoada co Premio Erasmus.[1]

Marguerite Yourcenar
Nome completoMarguerite Antoinette Jeanne Marie Ghislaine Cleenewerck de Crayencour
Nacemento8 de xuño de 1903
Lugar de nacementoBruxelas
Falecemento17 de decembro de 1987
Lugar de falecementoMount Desert Island (Estados Unidos)
SoterradaBrookside Cemetery
NacionalidadeFrancia, Estados Unidos de América e Bélxica
Ocupaciónnovelista, poeta, ensaísta, tradutora, profesora universitaria, escritora, dramaturga e crítica literaria
PaiMíchigan
NaiFernande de Cartier de Marchienne
Xénerosnovela, teatro, ensaio, poesía
Coñecida porMemórias de Adriano, A Obra ao Negro, Alexis ou o Tratado do Vão Combate, Oriental Tales, Archives du Nord e Mishima: A Vision of the Void
Premioscomendador da Lexión de Honor, Prêmio Femina, Premio Erasmus, Prince Pierre Award, Grande prémio de literatura da Academia francesa, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Grand prix national des Lettres e Premio Femina Vacaresco
Na rede
IMDB: nm0950315 Allocine: 36252 Allmovie: p312054
Bitraga: 1695 Dialnet: 497370 Musicbrainz: cb490f2e-8805-4d8d-9eab-4acc9da8715a WikiTree: Cleenewerck_de_Crayencour-1 Find a Grave: 6103463 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Marguerite Yourcenar foi educada polo seu pai. Súa nai morreu aos 10 días do seu nacemento por complicacións no parto. Yourcenar lía a Racine e Aristófanes á idade de oito anos. Seu pai ensinoulle latín aos 10 e grego clásico aos 12.

Carreira literaria editar

A partir de 1919, abandona o seu nome de pía e empeza a firmar como Marguerite Yourcenar (Yourcenar é un anagrama do seu apelido). A súa primeira novela Alexis foi publicada en 1929. A súa mellor amiga nese momento, unha tradutora chamada Grace Frick, invítaa a Estados Unidos, onde dará clases de Literatura comparada na cidade de Nova York. Yourcenar e Frick faranse amantes en 1937 e seguirían xuntas ata a morte de Frick en 1979 a consecuencia dun cancro de mama.

Traduciu ao francés As ondas de Virginia Woolf, en 1937, O que Maisie sabía, de Henry James, en 1947 e a Yukio Mishima.

En 1951 publica en Francia a novela Memorias de Hadrián, na que estivo traballando durante unha década. A novela tivo un éxito inmediato e unha grande acollida por parte da crítica. Nela Yourcenar recrea a vida e morte dunha das figuras máis importantes do mundo antigo, o emperador romano Hadrián. A obra está escrita a modo de longa carta do emperador a Marco Aurelio, ao seu sucesor e fillo adoptivo. Hadrián explica o seu pasado, describindo os seus triunfos, o seu amor por Antínoo e a súa filosofía. Memorias de Hadrián foi unha novela pioneira, que tivo moita influencia na novelística histórica posterior, converténdose nunha obra mestra moderna.

Foi a primeira muller elixida membro da Academia francesa en 1980, aínda que dende 1970 xa pertencía á Academia belga. Unha das máis respectadas escritoras en lingua francesa, tras o éxito de Memorias de Hadrián, seguiu publicando novela, ensaio, poesía e tres volumes de memorias.

Yourcernar viviu a maior parte da súa vida na súa casa Petite Plaisance en Mount Desert Island no estado de Maine. A casa é agora un museo dedicado á súa memoria.

Obra editar

  • Le jardin des chimères (1921) poemas
  • Les dieux ne sont pas morts (1922) poemas
  • Alexis ou le traité du vain combat (1929) novela
  • La nouvelle Eurydice (1931)
  • 1934 novela
  • Feux (1936) poema en prosa
  • Les songes et les sorts (1938)
  • Nouvelles orientales (1938)
  • Le coup de grâce (1939)
  • Memorias de Hadrián (Mémoires d'Hadrien, 1951) novela, traducida ao galego por Ánxela Gracián.
  • Électre ou La chute des masques (1954)
  • Les charités d'Alcippe (1956)
  • A beneficio de inventario (1962) (ensaios)
  • L'Œuvre au noir, Prix Femina (1968)
  • Recordatorios (1973) (primeira parte da triloxía familiar O labirinto do mundo)
  • Souvenirs pieux (1974)
  • Archives du Nord (1977) (segunda parte da triloxía familiar O labirinto do mundo)
  • Le cerveau noir de Piranèse (1979, ensaio)
  • Mishima ou la vision du vide (1980, ensaio)
  • Un homme obscur (1981)
  • Ana, soror (1981) [2]
  • Como a auga que flúe (1982)
  • Le temps, ce grand sculpteur (1983, ensaios)
  • Quoi? L'Éternité (1988) (terceira parte da triloxía familiar O labirinto do mundo publicada postumamente; inacabada)
  • Peregrina e estranxeira (1989) (recompilación póstuma de ensaios)
  • Conto azul (Conte bleu, 1993; traducido ao galego por María Xosé Queizán)

Notas editar

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  2. Traducida ao galego por G. Constenla, M.ª X. Queizán e Esther Sánchez.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar