Anton Chekhov
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Anton Pavlovich Chekhov (en ruso: Антон Павлович Чехов), nado en Taganrog o 29 de xaneiro de 1860 e finado en Badenweiler (Alemaña) o 14 ou 15 de xullo de 1904, foi un famoso escritor ruso, un dramaturgo e un mestre do conto moderno.
Anton Chekhov | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Антон Павлович Чехов |
Alcume | Брат моего брата, Человек без селизёнки e Антоша Чехонте |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1860, 29 de xaneiro de 1860, 17 de xaneiro de 1860 e 1860 |
Lugar de nacemento | Taganrog |
Falecemento | 2 de xullo de 1904, 15 de xullo de 1904 e 1904 |
Lugar de falecemento | Badenweiler |
Causa | tuberculose |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Alma máter | Professors of the medical faculty of Moscow University, Chekhov Gymnasium, I.M. Sechenov First Moscow State Medical University e MSU Faculty |
Ocupación | médico, novelista, xornalista, dramaturgo, escritor, prosista, satirico e dramaturgo |
Pai | Pavel Chekhov |
Nai | Evgenia Chekhova |
Cónxuxe | Olga Knipper |
Irmáns | Maria Tchékhov, Aleksandr Tchekhov, Nikolai Chekhov e Michail Cechov |
Coñecido por | A Gaivota, O Jardim das Cerejeiras, Dyádya Ványa, Vanka, As Três Irmãs e Sea Bird |
Premios | Order of Saint Stanislaus, 3rd class, Pushkin Prize, Medal for works on the first general census, Honorary Citizen of the Russian Empire e Order of Saint Stanislaus |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Infancia en TaganrogEditar
Era fillo de Pavel Egorovic Chekhov e de Evgenija Jakovlevna. Tivo 4 irmáns (Aleksandr (1855), Nikolai (1858), Ivan (1861) e Mikhail (1865)), e unha irmá, Marija (1863). Unha segunda irmá nacida en 1869, Evgenija, morreu con dous anos de idade.
As orixes da familia son humildes. O avó de Chekhov, Egor Chekhov, foi un servo que mercou a súa liberdade do Kreopostnoje Pravo. Pavel tiña entón 16 anos.
Pavel Chekhov traballou tres anos de aprendiz de comerciante, traballando despois como comerciante e contable. En 1857 fíxose dono dunha tenda, que comprou por un bo prezo mais nun momento inoportuno, xa que como consecuencia da perda da guerra de Crimea desmilitarizouse a rexión do Mar Negro, polo que os mariñeiros e militares, que foran os principais clientes ata entón, deixaron a rexión.
Nunha carta de 1889 ao seu irmán Aleksandr, Anton Chekhov resume a súa infancia na seguinte frase, plena de ironía: "Fillo dun servo, ... empregado de comercio, cantor na igrexa, estudante do liceo e da universidade, educado para a reverencia de superiores e para beixos de man, para se inclinar perante os pensamentos alleos, para a gratitude por calquera pequeno pedazo de pan, moitas veces sobado, indo á escola sen galochas".
O pai, marcado polo estigma dun ex-servo, educou os fillos de forma autocrática, habituándoos a obedecer. Deulles, non obstante, acceso á educación. Posibilitou que os fillos entrasen nun dos mellores liceos da cidade. Tiveron clases de música e francés.
Anton foi acólito. Con todo, pouco lle ficou da inspiración relixiosa (que a propósito era moi marcada no pai, dirixente do coro da Igrexa). Como Anton dixo a este respecto: "o corazón está como que varrido".
Na escola, Chekhov non foi un bo alumno. Chegou a suspender. Un padre que lle deu clase de relixión chamábao con menosprezo "Cech"onte (cech significa servo). A mensaxe: ti non pasas de fillo de servo. Máis tarde, cando publicaba os primeiros contos en xornais, Chekhov usou o pseudónimo "Antosa Cechonte" con ironía.
A partir dos trece anos, ficou fascinado polo teatro da cidade, que dado o pouco diñeiro que tiña non frecuentaba tantas veces como quería. Como estaba prohibida a entrada a rapaces non acompañados de adultos e sen a autorización do liceo, chegou a "disfrazarse" de adulto, usando unha barba postiza.
Crise familiar nos anos despois de 1874Editar
En 1874, Pavel, o pai de Anton, decide comprar unha casa maior, ao tempo que alugou un segundo comercio. O seu desexo de ascensión social suplantou a súa prudencia económica. As súas débedas medraron e en breve ficou incapaz das pagar. En abril de 1877 estivo a piques de ser preso. Pavel fuxiu ilegalmente a Moscova, onde os fillos Aleksandr e Nikolaj estudaban. A esposa ficou para vender a casa e pagar as débedas, e despois xuntouse co marido en Moscova. Anton (con 17 anos de idade) e Mikhail (16) ficaron en Taganrog, para acabar o liceo. Mikhail foi despois a Moscova en tanto que Anton quedaba en Taganrog, onde deu clases particulares para gañar diñeiro (o que el relatou despois nun conto). Pasou dous anos e medio, só en Taganrog. A nai escribiulle de Moscova: "vende a cómoda e as cousas, axiña, non nos deixes morrer de angustia". As súas lecturas nesta fase da súa vida eran Shakespeare, Cervantes, Victor Hugo, Ivan Turgeniev, Goncarov, Harriet Beecher-Stowe, Friedrich Spiellage e Lev Tolstoi. En 1876 fora inaugurada a primeira biblioteca pública en Taganrog. As notas de Anton no liceo melloraron nos anos en que viviu soíño. O 27 de xuño de 1879 concluíu o liceo.
En MoscovaEditar
En agosto de 1879, beneficiándose dun subsidio de 25 rublos mensuais da cidade de Taganrog, Anton Chekhov vai para Moscova, onda a familia, que se atopa nunha situación financeira precaria. O pai está desempregado hai meses, a familia ten sempre dificultades en pagar a renda da casa e foi forzada a mudar de casa 12 veces entre 1876 e 1879. Meses despois da chegada de Anton, o pai atopa un emprego nos arredores de Moscova e para a súa felicidade élle dada a oportunidade de durmir no local de traballo, o que alivia a casa onde a familia vive, absolutamente a abarrotar. O pai vén só as fins de semana a visitar a familia. Anton partilla durante os seus estudos o seu dormitorio cos irmáns Nicolai e Mikhail.
Produción literariaEditar
En 1880, Chekhov envía un drama, escrito nos últimos tempos en Taganrog, co título "Os sen-pai", tamén coñecido como o "Platonov" (nome da figura central), a unha famosa actriz de teatro en Moscova, Marija Ermolova, que o devolveu sen comentarios. Despois diso, Chekhov desistiu de tentar traer unha escenificación do drama.
Chekhov estudou medicina, téndose licenciado en maio de 1884. Xa mesmo durante os seus estudos (que duraron 4 anos e medio) publicou centenas de artigos en varios xornais e revistas das metrópoles rusas (Moscova e San Petersburgo). Entre os xornais e revistas onde publicou atópanse o Budilnik, Strekoza, Zritel, Svet i teni, Svertcok ou o Sputnik.[Cómpre referencia] A partir de 1882 publicou tamén no Oskolski.
En marzo de 1888 sae publicado na revista Severnyi vestnik o seu romance "A estepa".
En 1889, os síntomas da tuberculose agraváronse, facéndoo máis pesimista sobre o seu estado de saúde. En xuño dese ano morre o seu irmán Nikolai, vítima de tifo e tuberculose, posibelmente infectado polo irmán. Anton Chekhov sentiu remorsos por non ter estado presente nos últimos días de vida do irmán. En xuño, o irmán Aleksandr chegou e substituíno na vixilia ao irmán, tendo Anton decidido facer unha viaxe cos amigos ata Poltaba. Fuxiu da mesma morte que o esperaba, así o describiu.
Despois do enterro do irmán, ("a nosa familia viu un caixón pola primeira vez") decidiu iniciar unha viaxe sen rumbo. Vive en viaxe permanente nos meses seguintes. En xaneiro de 1890 escribe á familia que tenta viaxar ata á distante Sakhalin, a illa do desterro, no afastado leste da Rusia. A familia fica estupefacta.[Cómpre referencia]
Viaxe a SakhalinEditar
Despois de meses de preparación, Chekhov partiu o 21 de abril de 1890 para a longa viaxe. Suvorin deulle un anticipo de 1.500 rublos para a viaxe. O 11 de xullo de 1890 chega finalmente a Fort Aleksandrovsk, na Illa Sakhalin. Pasou dous meses no norte da illa e tres meses no sur desta. Quixo coñecer as xentes da illa, fixo mesmo un diario das visitas que facía, escribindo notas en preto de 10.000 fichas individuais, nun traballo exhaustivo. A illa Sakhalin era usada como zona de desterro, tal como moitos territorios na Siberia. A partir de 1860, o número de "criminais" (incluíndo detidos por "delitos" políticos) enviados a Siberia era de preto de 20.000 por ano. Entre os desterrados estaba o amigo de Chekhov, Vladimir Korolenko, un escritor, que foi enviado a Siberia pola policía, sen xulgamento. O 13 de outubro parte para Vladivostok e un mes despois, chega á illa de Sri Lanka. O 1 de novembro chega a Odesa e o 8 de decembro está de regreso en Moscova.
Novamente en MoscovaEditar
En 1891, escribe O duelo, que se publica no "Novo tempo" de Suvorin, por capítulos. Neste libro, fluíron as impresións que Chekhov tivo das conversas que tivo cun zoólogo no verán dese ano en Bojimovo, preto de Aleksin. Vladimir Vagner, recentemente licenciado en zooloxía, era un defensor do social-Darwinismo, do dereito dos máis fortes, da selección social.
O verán de 1891 foi particularmente seco no leste de Rusia, provocando unha onda de fame. Chekhov mobilizouse persoalmente para combater a catástrofe, contribuíndo directamente cos honorarios do conto "A miña muller" e participando nas campañas de recolla de fondos. En xaneiro de 1892, viaxou ata Niznij Novgorov, unha cidade afectada, relatando posteriormente as súas vivencias e participando no debate sobre a catástrofe e a necesidade de reunir fondos para as vítimas.
A casa de MelikhovoEditar
En 1892, Chekhov decidiu instalarse con parte da familia nunha quinta en Melikhovo, a 60 kms ó sur de Moscova. A idea xa era un soño desde a década de 1880, mais en 1892 Chekhov dispuña do diñeiro necesario, que resultaba en parte das primeiras escenificacións das súas obras. O acceso á quinta a partir de Moscova era razoable: unha hora e media de viaxe en tren ata Lopasnja e unha hora de carroza a partir de alí.
A compra da quinta foi un mal negocio, gastou 13.000 rublos, máis do dobre do que pretendía gastar inicialmente. O anterior dono, un pintor, aproveitouse da ocasión. Chekhov pasa a ter agora unha casa, 60 cerdeiras e 80 maceiras e pode saborear aquilo que desexaba: a vida no campo. Tornouse un elemento benvido na comunidade dos labradores dos arredores, en especial por ser médico e practicar a profesión sen esixir pago.
Entre as moitas visitas recibidas na nova casa estivo a de Lidija Mizinova, con quen Chekhov tivo unha relación afectiva máis ou menos íntima e máis ou menos pasaxeira. Foi unha figura inspiradora de personaxes das súas obras.
No verán de 1892 Rusia sofre unha epidemia de cólera. Como no pasado, Chekhov mobilízase na recolleita de fondos ("mostreime un bo mendigo"), participa na construción de barracas para a corentena e traballa na administración local. Felizmente, non obstante, Melikhovo non foi afectada polo cólera.
En 1893 volve a xurdir o cólera e Chekhov volve a mobilizarse, participando en campañas de información sanitaria e traballando como médico. Foi membro da cemstvo local.
En 1894 fai unha viaxe pola Europa occidental.
A partir de 1895 Chekhov comprou libros para ofrecer á biblioteca da súa terra natal, Taganrog, unha práctica que manterá nos próximos anos. Mesmo en viaxe por Europa lembrouse de comprar libros para a biblioteca da súa terra.
A súa integración na comunidade local mantense moi viva nos anos seguintes. En 1894 tórnase membro da cemstvo de Serpuchov. En decembro dese ano exerce de médico dunha escola en Talez. En 1896 financia cos seus propios medios a construción dunha nova escola en Talez. En 1897 financia a construción da escola nunha aldea chamada Novoselki. Apoia tamén unha sociedade de beneficencia que trata pacientes que recibiron a alta nos hospitais. Aínda en 1897 actúa como médico tamén na escola da aldea de Cirkovskoje.
Desprezo polos NarodniksEditar
En 1896 xorde a novela "A miña vida", e en 1897 "Os labradores". Son obras que testemuñan a ruptura coas visións utópicas e románticas tan comúns nestes anos en Rusia: o ideal da vida no campo faille a algúns intelectuais rusos, os Narodniks, premonitorios da revolución soviética, soñar cunha saída para todos os problemas: o regreso ao pasado, o regreso á agricultura.
Chekhov, que vive el mesmo no campo e asiste á vida rural "in loco", ten acceso a unha perspectiva que a elite intelectual das cidades non adiviña: alcoholismo, ignorancia, brutalidade, maldade. Para Chekhov os homes do campo non son ningún modelo, ao contrario do que Lev Tolstoi poida pensar. Esta visión, contraria aos ideais da maioría da "intelectualidade" rusa, espellada naquelas obras, tornará impopular a Chekhov. Mikhajlovski acusa a Chekhov de falsificar a gloriosa vida dos labregos debido á súa ignorancia.
ÉxitosEditar
Despois da produción con éxito de "A Gaivota" polo teatro de arte de Moscova, escribiu outras tres pezas para a mesma compañía: "O Tío Vania", "As tres irmás", e "O pomar de cereixas".
En 1901, casou con Olga Leonardovna Knipper (1870-1959), unha actriz que foi intérprete nas súas pezas.
A influencia do naturalismo no teatro que se facía sentir por toda Europa atinxiu o seu expoñente artístico en Rusia en 1898, coa formación do Teatro Artístico de Moscova (máis tarde chamado de Teatro da Academia das Artes de Moscova). O seu nome tornouse un sinónimo de Chekhov, cuxas pezas acerca da vida cotiá da aristocracia posuidora de terras adquiriron un delicado realismo poético que estaba anos por diante do seu tempo. Konstantin Stanislavsky, o director do teatro, converteuse no máis importante teórico da arte teatral do século XX.
Chekhov visitou Europa Occidental na compaña de A. S. Suvorin, un rico propietario dun xornal e o editor de moitos dos traballos de Chekhov. A súa longa e íntima amizade foi motivo dalgunha impopularidade para Chekhov, dado que o xornal de Suvorin, Novoye vremya (O novo tempo) era tido por moitos rusos como de carácter conservador e reaccionario. Chekhov acabou por cortar relacións con Suvorin por causa da posición do xornal en relación ao Caso Alfred Dreyfus en Francia, sendo Chekhov un defensor de Dreyfus.
Chekhov morreu vítima da tuberculose. Foi sepultado no cemiterio Novodevichy.
ObraEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Os seus libros máis coñecidos son: Contos e narrativas, Un duelo, A sala número seis, Unha historia sen importancia. Escribiu para o teatro, primeiramente a farsa, despois o drama. Entre as súas pezas, destacan: Sobre os males que provoca o tabaco,[1] O tío Vania, As tres irmás, O canto do cisne, Un tráxico á forza, Ivanov etc.
Citas de terceiros sobre ChekhovEditar
El é o analítico máis sutil das relacións humanas. Cando lemos estas "Historias sobre case-nada", o noso horizonte esténdese e gañamos un espantoso sentido de liberdade
Notas
- ↑ Incluído na Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externasEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Anton Chekhov |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anton Chekhov |