Sobre os males que provoca o tabaco

obra de Anton Chekhov

Sobre os males que provoca o tabaco[1] (en ruso: О вреде табака; romanizado como O vredye tabaka) é unha obra dun só acto de Anton Chekhov. Ten un único personaxe, Ivan Ivanovich Nyukhin. Foi publicada por vez primeira en 1886, mais foi revisada por Chekhov e a versión máis coñecida é a de 1902.

Sobre os males que provoca o tabaco
Portada da edición de 1831.
Título orixinalО вреде табакаr
Autor/aAnton Chekhov
OrixeRusia
LinguaRuso
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Novela
Editorial Peterburgskaya Gazeta
Galicia Sotelo Blanco
Data de pub. 1886
Galicia 1991
Páxinas66 (gl)
ISBNISBN 84-7824-098-5
TraduciónFrancisco Pillado Mayor
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Francisco Pillado Mayor e foi publicada pola editorial Sotelo Blanco no ano 1991.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Pillado Mayor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[2]

Sinopse editar

A acción ten lugar nunha pequena vila. A esposa de Nyukhin dille que dea unha conferencia sobre "os efectos nocivos do tabaco", aínda que el é fumador. Pola súa banda, el salienta que será unha conferencia seca e aburrida, mais sempre pospón o tema real ó falar sobre os seus problemas coa súa dominante esposa.

Nyukhin quere enfrontarse á súa esposa, quere fuxir, esquecer e estar só. Quita o chaleco vello e en mal estado (unha metáfora de si mesmo). Ó final do monólogo, Nyukhin apenas dixo nada relevante sobre os efectos nocivos do tabaco, pero pídelle á audiencia que non o traizoen.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar