Guy de Maupassant

escritor francés

Guy de Maupassant, nado en Dieppe o 5 de agosto de 1850 e finado en París o 6 de xullo de 1893, foi un escritor francés con predilección para situacións psicolóxicas e de crítica social con técnica naturalista.

Guy de Maupassant
Nome completoHenry-René-Albert-Guy de Maupassant
AlcumeJoseph Prunier, Guy de Valmont e Maufrigneuse
Nacemento5 de agosto de 1850
Lugar de nacementoDieppe e Tourville-sur-Arques
Falecemento6 de xullo de 1893
Lugar de falecementoParís e Passy
CausaSífilis
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Alma máterLiceu Henrique IV e Lycée Pierre-Corneille
Ocupaciónescritor de contos, dramaturgo, xornalista, novelista, escritor e poeta
PaiGustave de Maupassant
Coñecido porBel Ami e Boule de Suif
PremiosVitet Prize
Na rede
IMDB: nm0560943 Bitraga: 360 Dialnet: 310071 Musicbrainz: 1d2faf65-f084-49c6-a9bc-e2a7f4aa1042 Discogs: 829514 IMSLP: Category:Maupassant,_Guy_de WikiTree: De_Maupassant-1 Find a Grave: 685 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

A pesar de que proviña dunha familia de pequenos aristócratas librepensadores, recibiu unha educación relixiosa; en 1868 provocou a súa expulsión do seminario, onde ingresara aos trece anos, e ao ano seguinte iniciou en París os seus estudos de dereito, interrompidos pola guerra franco-prusiana e que retomou en 1871. En 1879 o seu pai logrou que ingresase no ministerio de Instrución Pública, que pronto abandonou para dedicarse á literatura, por consello do seu grande mestre e amigo Gustave Flaubert. Este introduciuno no círculo de escritores da época, como Émile Zola, Ivan Turgenev, Edmond Goncourt e Henry James.

Alén de novelas e pezas de teatro, Maupassant escribiu 300 contos, sendo todos obras de gran valor. Destacan, entre os mais famosos, Bel Ami, Mademoiselle Fifi e Bóla de sebo. "A Pensión Tellier" e "O Horlá" poden ser considerados os seus contos máis significativos. Faleceu no manicomio aos 39 anos após tentativa de suicidio por perturbacións causadas pola sífilis que o atormentou por máis dunha década.

Foi así mesmo prologuista dalgúns autores contemporáneos seus, como por exemplo Claude Godard d'Aucourt.

Obra Editar

Parte da súa narrativa está traducida ao galego:

Notas Editar

  1. Ficha da obra Arquivado 05 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Por orde de aparición, contén "A tose", "O substituto", "A ferruxe", "Unha aventura parisina", "Marroca", "A casa Tellier", "Mademoiselle Fifi", "A señora Baptiste", "A pequena Roque" e "Santo Antón".
  3. Ficha en BIVIR.
  4. Ficha en BIVIR.
  5. Por orde de aparición, contén os relatos "Bola de sebo", "Em família", A palheireira", "Esse porco de Morin", "No mar", "As jóias", "Um golpe de Estado", "Meu tio Jules", "A confissom de Théodule Sabot", "Condecorado", "O vadio" e "Boitelle".
  6. Ficha da obra Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  7. Por orde de aparición, contén os relatos "A arcea", "Ese porco de Morin", "A tola", "Pierrot", "Minueto", "O medo", "Chanza normanda", "As zocas", "A reparadora de cadeiras", "Na mar", "Un normando", "O testamento", "Campesiños", "Un galo cantou", "Un fillo", "Saint-Antoine" e "A aventura de Walter Schnaffs".
  8. Ficha en BIVIR.
  9. Ficha Arquivado 23 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en BIVIR
  10. Ficha da obra na páxina web da editorial.
  11. Por orde de aparición, contén os relatos "O crime do tío Boniface", "Rose", "O pai", "O segredo de Céleste", "O colar", "A felicidade", "O vello", "Un covarde", "O borrachón", "Unha vendeta", "Coco", "A man", "O esmoleiro", "Un parricida", "O pequecho", "A rocha dos araos", "Tombouctou", "Unha historia verdadeira", "Adeus!", "Acordanza" e "A confesión".
  12. PDF da obra.

Véxase tamén Editar