A liña de sombra
A liña de sombra[1] (en inglés: The Shadow Line) é unha breve novela de Joseph Conrad ambientada no mar. É unha das súas obras tardías, foi escrita de febreiro a decembro de 1915 e publicada por primeira vez en 1916 como unha serie no New York's Metropolitan Magazine (setembro—outubro) e na English Review (setembro de 1916-marzo de 1917).[2] Publicouse como libro en 1917 no Reino Unido (marzo) e Norteamérica (abril). A novela describe o desenvolvemento dun mozo ó tomar unha capitanía mercante en Oriente, coa liña de sombra, o título que representa o limiar deste desenvolvemento.
A liña de sombra | |
---|---|
Título orixinal | The Shadow Line |
Autor/a | Joseph Conrad |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | J. M. Dent Ir Indo |
Data de pub. | novembro de 1917 2000 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 161 (gl) |
ISBN | ISBN 84-7680-337-0 |
Tradución | Ana Isabel Iglesias Francos e Benigno Fernández Salgado |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Ana Isabel Iglesias Francos e Benigno Fernández Salgado e publicada por Ir Indo no ano 2000.[1] No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Iglesias Francos e Fernández Salgado dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 A liña de sombra. Traducido por Ana Isabel Iglesias Francos e Benigno Fernández Salgado (1ª ed.). Vigo: Ir Indo. 2000. ISBN 84-7680-337-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Anaya, Grupo. "La línea de sombra" (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2018.
- ↑ A liña de sombra. Traducido por Ana Isabel Iglesias Francos e Benigno Fernández Salgado (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-210-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Bleiler, Everett (1948). The Checklist of Fantastic Literature. Chicago: Shasta Publishers. p. 82.