Gonzalo Constenla

profesor, escritor e político galego

Gonzalo Constenla Bergueiro, nado na Estrada en 1965, é profesor, escritor e expolítico galego vinculado ao BNG e, posteriormente, a Compromiso por Galicia.

Gonzalo Constenla
Nacemento1965
Lugar de nacementoA Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou os cursos de mestrado e doutoramento en estudos ingleses avanzados na Universidade de Vigo. Dende 1990 é titular do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, en que impartiu docencia en Ponferrada, Vigo e Pontevedra, dende 1992 é profesor da Universidade de Vigo e dende 2008 é catedrático de inglés. Imparte docencia na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, onde é o seu director, e na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo. É membro do Consello de redacción de Viceversa. Revista galega de tradución, e formou parte dos comités de organización de diversos congresos, simposios e seminarios.

Desde 1995 foi concelleiro do Grupo Municipal do BNG, e en 2000 portavoz do mesmo, na Corporación Municipal da Estrada. De 2005 a 2009, foi Delegado Provincial de Medio Rural na provincia de Pontevedra. De 2009 a 2012 foi secretario de Relacións Exteriores e Emigración do BNG.

Obras editar

Ensaio editar

  • Ensaio sociolingüístico. Antoloxía, 1996.
  • Diccionario de sinónimos da lingua galega, 1997.
  • Tempos de sermos, 2002.

Traducións editar

Obras colectivas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar