A metamorfose

novela de Franz Kafka publicada en 1915

A metamorfose (Die Verwandlung, no seu título orixinal en alemán) é un relato de Franz Kafka, publicado en 1915 e que narra a historia de Gregor Samsa, un tratante de teas que vive coa súa familia á que el mantén co seu soldo, que un bo día amence convertido nunha criatura non identificada claramente en ningún momento, pero que tende a ser recoñecida como unha especie de cascuda xigante. Breve e intensa, é cualificada ás veces como "relato existencialista". A primeira tradución ao galego, de Xosé María García Álvarez, foi publicada en 1991 por Sotelo Blanco xunto con A sentencia. Décadas despois, a editorial Kalandraka publicou unha nova tradución a cargo de Laureano Araujo titulada A transformación[1].

A metamorfose
Primeira páxina d’A metamorfose orixinal publicado en Die Weißen Blätter no 1915.
Título orixinalDie Verwandlung
Autor/aFranz Kafka
OrixeImperio Austrohúngaro e Austria
Linguaalemán
Xénero(s)épica, literatura do absurdo e body horror literature
EditorialSotelo Blanco
Data de pub.outubro de 1915 e 1915
EditorFranz Kafka
TraduciónXosé María García Álvarez
editar datos en Wikidata ]

Interpretacións editar

A metamorfose é un relato aberto a múltiples interpretacións, de feito, no seu libro The Commentator's Despair (A desesperación do comentarista) Stanley Corngold dá conta de máis de 159 interpretacións.

Entre as máis obvias están as referidas ao trato da sociedade cara ao individuo diferente. Outros temas inclúen o da soidade das relacións rotas e as esperanzas desesperadas e pouco realistas que crea tal illamento. Algúns autores quixeron ver tamén nesta historia, a un mesmo tempo absurda, cruel, conmovedora e con pinceladas cómicas, unha alegoría das diversas actitudes que toma o ser humano ante a enfermidade grave e irreversible e de como a pesar de todo, a vida continúa.

Outra interpretación podería ser a de que a obra plasma o egoísmo humano ante o benestar dos demais. Isto podémolo identificar na obra na situación na que se atopaba Gregor, xa que sobre el recaía todo o peso de manter economicamente á súa familia. Con todo cando a situación vira e agora é a familia a que ten que facerse cargo de Gregor, esta evita responsabilidades e déixano morrer.

Personaxes editar

Gregorio Samsa: É o protagonista da historia, traballa como viaxante de comercio para manter a súa familia e saldar unha débeda que ten o seu pai. A súa vida non é máis ca unha sucesión de actividades rutineiras. Tras a metamorfose, encóntrase incapacitado para traballar, Gregorio sufrirá a incomprensión da súa familia que pouco a pouco desprezárono ata que o deixan morrer.

Grete Samsa: É a irmá de Gregorio, ten 17 anos; gústalle tocar o violín. Ao principio é a persoa que alimenta e limpa a habitación ao seu irmán pero co paso do tempo despreocúpase cada vez máis ao final deixa de velo como seu irmán. Para aumentar os ingresos comeza a traballar como dependenta nunha tenda.

Señora Samsa: É a nai de Gregorio é unha muller débil, enferma de asma. Esfórzase por querer o seu fillo e intentar non repudialo, comeza a traballar de costureira.

Señor Samsa: É o pai de Gregorio, fai cinco anos contraeu unha débeda co xefe actual de Gregorio por iso o seu fillo ten que traballar e saldar así a débeda. Cando Gregorio se transforma o seu pai vese obrigado a traballar e comeza a lle pegarlle e se esquecer del.

Tres hóspedes: Debido as necesidades de diñeiro alugan un cuarto a tres inquilinos que pouco despois iranse por propia decisión.

Xerente: Aparece ao principio da obra, acode á casa da familia Samsa para preguntar porque Gregorio non acudiu ao seu traballo.

Criadas: Hai dúas criadas pero a máis importante é a última que é a que atopa morto a Gregorio.

Sinopse editar

Unha mañá Gregor Samsa espértase no seu cuarto convertido nunha estraña criatura insectoide. A súa primeira preocupación, a pesar da horrible situación na que se acha, é que chegará tarde ao traballo e perderá o tren que tiña que coller. Tal inquietude pronto aparece no resto da súa familia cando se dan conta de que Gregor aínda non saíu a traballar e continúa encerrado na súa espartana habitación. Na súa situación, incapaz de controlar o seu novo corpo e de falar normalmente, a apertura da porta convértese nunha odisea que se agrava coa chegada do principal enviado polo xefe de Gregor. Cando, por fin, todos descobren o novo estado de Gregor, a familia pasa do horror inicial a tratalo con abnegación, como unha carga ou un molesto deber. Con todo, os seus pais non volven entrar no seu cuarto, onde Gregor queda confinado, e é a súa irmá, Grete, a que se dedica a intentar cubrir as súas necesidades básicas como mellor pode, a pesar de que lle causaba repugnancia o seu aspecto.

Aínda que Gregor conserva en todo momento as súas facultades mentais, a súa incapacidade para falar fai pensar á familia que non é xa máis que un animal que non pode comprendelos. Grete pronto baleira a habitación de case todo o mobiliario para deixarlle unha maior liberdade de movementos, que Gregor non tarda en aproveitar e gozar ao descubrir que se acha máis cómodo rubindo polas paredes e o teito que no chan. Con todo, non deixa de sentirse avergoñado e sempre se oculta, detrás dun sofá antes da chegada diaria da súa irmá para traerlle comida e limpar o cuarto. Nunha ocasión, motivado polo feito de que a súa nai parece non acabar de aceptar o que é agora o seu fillo, Gregor abandona a súa habitación, o seu pai perségueo con intencións agresivas e, dado o fráxil estado do seu fillo, case o mata.

Noutra ocasión, tras longos días de soidade e deterioración física tras o contratempo co seu pai, a música do violín tocado pola súa irmá en honra duns arrogantes inquilinos, con cuxa renda a familia pode seguir vivindo tras a perda do soldo de Gregor, faio saír da súa habitación nunha especie de transo (con intencións de agarimo cara á súa irmá). Isto crea novos problemas que pon en perigo os ingresos dos que vive a familia. Entón, Grete expresa o seu máis total repulsa cara ao seu irmán e opina que deben librarse del porque xa fixeron con el todo o humanamente posible e a criatura non é xa Gregor. Entón Gregor volve á súa habitación e morre por non comer nada, de inanición, abandono e unha infección causada polo ataque do seu pai. Ao descubrir o seu cadáver, a familia sente que se lles quitou un enorme peso de encima e comezan a planificar o futuro, saen nunha viaxe e pechan rápida e definitivamente esa etapa das súas vidas coas esperanzas postas na súa filla.

Notas editar

  1. Entrevista co tradutor, La Voz de Galicia, 17 de abril de 2021.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar