O reiciño de Galicia
O reiciño de Galicia[1] ou O reiciño de Galiza[2] (en francés: Le Petit Roi de Galice) é unha epopea incluída na primeira serie da colección de poemas La Légende des siècles (1859) do escritor francés Victor Hugo. Está inspirada na historia de García II de Galicia.[3] O poema relata a tentativa de usurpación do reino a Nuno, fillo de García de Galicia.[4]
O reiciño de Galicia | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Le Petit Roi de Galice |
Autor/a | Victor Hugo |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Colección | La Légende des siècles |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | ![]() ![]() |
Data de pub. | ![]() ![]() |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 135 |
ISBN | ISBN 84-89896-17-8 |
Tradución | Henrique Harguindey |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Henrique Harguindey e foi publicada pola Edicións Laiovento no ano 1998.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Harguindey dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[5] En 2022 Laiovento publicou unha nova edición na colección Ventoalto.[2]
En 2023 unha adaptación en banda deseñada de Inacio Vilariño e Iván Suárez foi publicada polo Demo Editorial. Recibiu o Premio Deputación da Coruña a proxectos sobre o Reino de Galicia 2022.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 O reiciño de Galicia. Traducido por Henrique Harguindey (1ª ed.). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. 1998. ISBN 84-89896-17-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ 2,0 2,1 "O reiciño de Galiza". Edicións Laiovento.
- ↑ O reiciño de Galicia (archive), traducido por Henrique Harguindey.
- ↑ Harguindey Banet, Henrique (2009). "Victor Hugo e o seu Reiciño de Galicia". La Galice: Dez séculos de olladas francesas. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 103–108.
- ↑ O reiciño de Galicia. Traducido por Henrique Harguindey (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-203-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "O REICIÑO DE GALIZA de Victor Hugo". Demo Editorial.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: O reiciño de Galicia |