Vinte mil leguas baixo dos mares
Vinte mil leguas baixo dos mares[1] (en francés: Vingt mille lieues sous les mers) é unha novela escrita polo autor francés Jules Verne (1828-1905), autor doutras novelas como Da terra á lúa ou A volta ao mundo en oitenta días. Foi publicada en 1870.
Vinte mil leguas baixo dos mares | |
---|---|
Título orixinal | Vingt mille lieues sous les mers |
Autor/a | Jules Verne |
Ilustrador/a | Alphonse de Neuville, Édouard Riou e Henri Théophile Hildibrand |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Tema(s) | mar |
Xénero(s) | Novela, ciencia ficción |
Editorial | Hetzel |
Data de pub. | 1870 |
Premios | |
Tradución | Mercedes Pacheco Vázquez, Llerena Perozo Porteiro |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento
editarA trama está narrada en primeira persoa polo profesor francés Pierre Aronnax, un notable biólogo mariño. Xunto co seu axudante Conseil e o experto arpoador Ned Land, embarcan nunha fragata que persegue un monstro que vive baixo os mares, coñecido co nome de Narval. Logo dun accidente, os tres caen prisioneiros do Capitán Nemo, e son conducidos polos océanos a bordo do submarino Nautilus.
A historia comeza cunha expedición a bordo do buque da mariña de guerra estadounidense Abraham Lincoln ó mando do almirante Farragut que busca dar captura a un estraño cetáceo dun tamaño extraordinario, que seica produciu a desaparición misteriosa de diversas embarcacións. Porén, o buque naufraga ó ser alcanzado por unha tempestade e o profesor Aronnax e o seu acompañante Conseil son rescatados polo arpoador canadense Ned Land, logrando chegar a nado a un lugar seguro. Unha vez a salvo, descobren que non se encontran realmente nunha illa, senón sobre unha estrutura metálica que está sobre a superficie do mar.
No interior do misterioso artefacto coñecen o Capitán Nemo, que lles mostra toda a nave. Aínda que son moi ben tratados, son informados de que os que ingresan no Nautilus e non volverán saír nunca, polo que lles son revelados moitos segredos e recorren diversos lugares, como a mítica Atlántida. A través do personaxe de Aronnax, Jules Verne dá testemuño de varios posibles inventos, como escafandros autónomos para mergullo, fusís con balas eléctricas ou máquinas para produciren aire respirable. Ó mesmo tempo, vanse describindo as paisaxes que van percorrendo nun xigantesco periplo. Algunhas destas paisaxes relatadas son bastante fidedignas, xa que Verne adoitaba basearse nas crónicas e diarios de viaxeiros reais, como no caso do Mar de Ardora. Noutras ocasións o relato provén da súa imaxinación, como na chegada ó Polo Sur.
Despois de moito tempo de aventura, perseguido e practicamente cercado o Nautilus, os tres tripulantes prisioneiros escoitan o capitán Nemo tocar nun piano música «ó xeito escocés» (pulsando só as teclas negras) e os tripulantes repetiren a palabra "Maelstrom". Isto ocorre mentres estaban a fuxir, sendo posteriormente rescatados por uns pescadores.
Malia que se dá a entender que o capitán Nemo e os seus seguidores se suicidan no xigantesco vórtice do Maelstrom, o final queda aberto.
Como noutras das súas obras, nesta novela o autor narra unha viaxe de aventuras, chea de utopías e hipóteses científicas e tecnolóxicas, que co tempo serían reais.
Serie
editarA obra forma parte da serie Viaxes Extraordinarias, constituíndo unha triloxía xunto coas novelas Les Enfants du capitaine Grant e L'Île mystérieuse. Nesta última revélanse os segredos e a verdadeira historia do capitán Nemo.
Adaptacións cinematográficas
editar- 20000 lieues sous les mers (Georges Méliès, 1907).
- 20,000 Leagues Under the Sea (Stuart Paton, 1916).
- 20,000 Leagues Under the Sea (producida por Walt Disney, 1954).
- 20,000 Leagues Under the Sea (producida por Rankin-Bass, 1972).
Galería de imaxes
editar-
Lura xigante.
-
Monumento a Jules Verne en Cesantes (Redondela), a onde chegara o Nautilus
-
Vista do fondo oceánico dende o Nautilus.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vinte mil leguas baixo dos mares |