Cornelio Nepote
Cornelio Nepote (en latín, Cornelius Nepos), nado na Galia Cisalpina c. -100e finado en Roma c. -25, foi un biógrafo e historiador romano.
Nome orixinal | (la) Cornelius Nepos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 100 a. C. Ostiglia, Italia (pt) |
Morte | c. 25 a. C. (74/75 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Prosa, poesía, biografía e ancient Latin literature (en) |
Ocupación | Historiador da Antiga Roma, poeta, biógrafo, escritor, historiador |
Período de tempo | República Romana Tardía |
Familia | |
Pais | valor descoñecido e valor descoñecido |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Obálky knih, |
Traxectoria
editarCoñécese pouco da biografía de Cornelio Nepote; ignórase o seu praenomen (primeiro nome), así como as súas datas exactas de nacemento e morte. En canto ao seu berce, sábese que era orixinario da Galia Cisalpina. Algunhas fontes citan a cidade de Hostilia, non lonxe de Verona; outros afirman que probabelmente foi Ticinum, a actual Pavia. Plinio o Vello refire que morreu no reinado de Augusto. Sen ningunha dúbida era traspadano, como o seu amigo Catulo, quen lle dedicou o seu libro de poemas; tamén estaban no seu círculo de amizades Cicerón e Tito Pomponio Ático.
Libre de preocupacións económicas (pertencía a unha familia de rango ecuestre), renunciou a facer carreira política, polo que non desempeñou ningún cargo público, senón que se entregou á súa afección literaria.
Obra
editar- A súa obra principal é De viris illustribus, (Sobre os homes ilustres), e constaba polo menos de 16 libros de biografías sobre reis estranxeiros e romanos, xenerais, oradores, xurisconsultos, filósofos, historiadores, poetas e gramáticos, dos que só se conservou o terceiro, De excellentibus ducibus exterarum gentium ("Sobre os máis destacados xenerais dos pobos estranxeiros"), que contén a vida de 21 xenerais gregos máis a de Aníbal, Amílcar e Datames. Destaca nesa obra a vida de Aníbal, ao que describe en termos moi eloxiosos, a pesar de ser un dos inimigos ancestrais de Roma. As outras biografías corresponden a Milcíades, Temístocles, Arístides, Pausanias, Cimón de Atenas, Lisandro, Cabrias, Alcibíades, Trasíbulo, Conón, Dión de Siracusa, Ifícrates, Timoteo de Anaflistos, Epaminondas, Pelópidas, Axesilao II, Eumenes de Cardia, Foción e Timoleón de Siracusa. Consérvanse fragmentos doutros sete libros, en especial un moi extenso do décimo cuarto, que contén as vidas de Catón e de Ático. Ese procedemento de emparellar estraxeiros e romanos influíu en Plutarco e na súa obra Vidas paralelas, onde as figuras emparelladas son gregos e romanos. As biografías de Nepote incorporan algunhas novidades, por exemplo incluír un personaxe vivo, como Ático, ou incluír a personaxes políticos. A estrutura destas biografías é moi libre, e oscila entre dous modelos: a biografía alexandrina, fundada no esbozo dos feitos externos do personaxe e unha caracterización fundada en anécdotas, e a biografía peripatética, máis artística, á maneira de Plutarco. Segundo el mesmo, as súas fontes serían, especialmente:
- A Historia da guerra do Peloponeso de Tucídides.
- As Helénicas e as Filípicas de Teopompo.
- A Historia dos persas de Dinón.
- A Historia de Sicilia de Timeo de Tauromenio.
- A Historia universal de Polibio.
- A Historia de Aníbal por Sosilo o Lacedemonio e outras historias de Aníbal por Sileno ou por Sulpicio Blitho, así como os Anais de Ático
- De historicis Latinis (Sobre os historiadores latinos), obra da que se conservan dúas biografías, as de Catón o Mozo e a do seu amigo Ático.
- Exempla (Actos exemplares), unha recompilación de anécdotas en cinco libros ordenadas por argumentos e actualmente perdida, que constituía un xénero literario novo para Roma.
- Chronica, unha historia xeral en tres libros que tampouco chegou á actualidade e que refería sincronicamente os principais acontecementos das historias grega e romana.
- Vita Ciceronis
- Epistolae ad Ciceronem
- Aemilii Probi de Vita excellentium
Nepote ten o mérito de introducir na literatura latina o xénero biográfico. Ademais ocúpase de personaxes e feitos alleos ao mundo romano, o que tamén é novo. O seu estilo é pobre en recursos, pero claro e sinxelo.
Estilo e lingua
editarO estilo de Nepote é breve e claro; posúe unha sobriedade aticista e móvese dentro do genus tenue, que lle dá á súa palabra un ton distendido. En canto á lingua, é clásica, aínda que non dunha pureza absoluta:
- Como autor non excesivamente preocupado polo estilo, vese influído pola lingua coloquial.
- Infíltranse bastantes arcaísmos, que sorprenden nun autor contemporáneo de Xulio César e de Marco Tulio Cicerón.
Edicións antigas
editarAs edicións máis estimadas, segundo unha fonte decimonónica, o Dicionario de Bouillet, son:
- A editio princeps, Venecia, 1471.
- A de Johannes Andreas Bosius, 1806.
- A de Karl Ludwig Roth, 1841.
- A de Alfred Monginot, 1868.
Notas
editar- O contido deste artigo incorpora material dunha entrada da Enciclopedia Libre Universal, publicada en español baixo a licenza Creative Commons Compartir-Igual 3.0.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Nepote, Cornelio. Vidas. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-0984-0.
Ligazóns externas
editar- Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Cornelio Nepote.
- Textos latinos en Wikisource.
- Nepote no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
- Nepote: Sobre os homes ilustres (De viris illustribus); Libro III: Dos máis destacados xerais dos pobos estranxeiros (De excellentibus ducibus exterarum gentium).
- En castelán, traducido por Rodrigo de Oviedo.
- Texto latino no sitio da Bibliotheca Augustana.
- Texto latino[Ligazón morta], con listas de frecuencia e outras axudas en francés, no sitio Arquivado 04 de xuño de 2012 en Archive.is AgoraClass, da Universidade Católica de Lovaina.
- Texto latino con índice electrónico no Proxecto Perseus. Falta o prefacio. Empregando o rótulo activo "load", que se acha na parte dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario latino do texto.
- Texto latino parcial en Wikisource.