Timeo de Tauromenio

Timeo de Tauromenio, nado en Tauromenio, a actual Taormina (Sicilia) sobre o -350 e finado en Siracusa sobre o -260, foi un historiador grego.

Timeo de Tauromenio
Nacementoc. 350 a. C. e c. 345 a. C.
Lugar de nacementoTaormina
Falecementoc. 260 a. C. e c. 250 a. C.
Lugar de falecementoancient Syracuse
Ocupaciónhistoriador e escritor
PaiAndromachus
Coñecido porSicilian History
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo de Andrómaco de Tauromenio. No ano -316 a cidade foi conquistada polo tirano de Siracusa, Agatocles e Timeo viuse obrigado a se exiliar en Atenas, onde se familiarizou coa retórica de Filisco, un discípulo de Isócrates. Comezou alí a confección de obras históricas. Probabelmente regresou a Siracusa en torno ao ano -269, cando a cidade se atopaba baixo a tiranía de Hieron II, e se cadra morreu nesa cidade pouco despois do -260.

ObraEditar

Timeo escribiu unha obra de trinta e oito libros sobre a historia dos gregos no Mediterráneo occidental, cuxos cinco primeiros libros estaban dedicados aos demais pobos da zona, entre eles aos romanos. Isto, xunto aos seus escritos sobre as guerras de Pirro, convérteno no primeiro historiador grego coñecido que profundou seriamente na historia romana[1]

NotasEditar

  1. Cornell, 1999, p. 25.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar