Catón o Vello

Catón foi un político e escritor romano, nado no ano 234 a.C. en Túsculo e morto en Roma, cidade na cal viviu a maior parte da súa vida, no ano 149 a. C. O seu nome completo é Marco Porcio Catón (Marcus Porcius Cato), e é coñecido como Catón O Vello e Catón O Censor.

Catón o Vello
Patrizio Torlonia.jpg
AlcumeCensorius
Nacementoc. 234 a. C., 235 a. C. e 234 a. C.
Lugar de nacementoTusculum
Falecemento149 a. C.
Lugar de falecementoRoma
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónescritor, Ancient Roman historian, economista, poeta e Ancient Roman politician
Paivalor descoñecido
Naivalor descoñecido
CónxuxeSalonia e Licinia
FillosMarco Pórcio Catão Liciniano e Marco Pórcio Catão Saloniano, o Velho
Coñecido porDe agri cultura e Origines
Na rede
Discogs: 6196949 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Durante a súa xuventude dedicouse á agricultura, mais despois decidiu dedicarse á avogacía, o cal conseguiu grazas a un vello patricio que se estableceu preto das terras que cultivaba e que o animou.

Marchou a Roma e alí logrou a fama grazas ó seu bo facer como avogado. Acadou méritos suficientes para ser nomeado edil ós trinta anos.

O ano seguinte foi nomeado pretor e tres anos despois, cónsul. A situación da Península Ibérica, acabada de conquistar durante a segunda guerra púnica era moi inestable, así que Catón decidiu dirixir unha expedición de castigo contra os rebeldes nativos. O seu exército desembarcou en Rhode (a actual Roses, en Xirona). Despois dirixiuse a Emporion (a actual Empúries). Tras intentar os rebeldes negociar con Catón, este decidiu non escoitar as súas propostas e acabar con eles para evitar futuros levantamentos. O seu exército venceunos preto de Emporion e Catón volveu a Roma, pronunciando a frase "A guerra alimentarase de si mesma".

Volveu pouco despois á Península Ibérica, esta vez para acabar cun levantamento dos turdetanos, unha tribo celtibera, ós cales convenceu para que retornasen ás súas terras.

Tras anos de promover a destrución de Cartago coa oposición da familia dos Escipións, que crían que a destrución dun inimigo real faría ós romanos despreocuparse e entrar en decadencia, morreu en Roma no ano 149 antes de Cristo. Paradoxalmente, o xeneral que dirixiu o exército romano e destruíu Cartago foi Escipión Emiliano (fillo adoptivo de Escipión O Africano).

A obra literaria de CatónEditar

A súa obra literaria é moi extensa, mais tan só se conservan fragmentos das súas obras "Discursos" e "Orixes" e unha obra completa: "De agri cultura". Foi o primeiro en escribir en latín, como mostra do seu odio ós gregos. Por isto foi considerado o pai das letras latinas.

ObrasEditar

 
Rustici latini volgarizzati, 1794
  • Origines ("Orixes").
  • De agri cultura.
  • Orationes ("Discursos").
  • De re militari.
  • De lege ad pontifices auguresque spectanti.
  • Praecepta ad filium.
  • Historia Romana litteris magnis conscripta.
  • Carmen de moribus.
  • Apophthegmata.

Catón, inimigo de Cartago e doutras cousasEditar

A súa máis famosa frase foi Delenda est Carthago, "Cartago debe ser destruída". Esta cidade era considerada por el un inimigo que podía volver a rexurdir. Comezou a ter medo ó rexurdimento cartaxinés tras unha viaxe a esta cidade, que lle pareceu demasiado esplendorosa como para aceptar seguir estando por debaixo de Roma. Para convencer ós políticos romanos para acabar con esta cidade, acababa os seus discursos coa frase. Morreu cando as tropas romanas marchaban cara Cartago, nos inicios da terceira guerra púnica.

Catón loitou tamén contra os valores gregos, contra a corrupción de Roma (non en van logrou fama de incorruptible), e contra o ascendente poder das mulleres, pois consideraba que acabarían usurpando o poder ós homes.


Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Astin, A. E. (1978), Cato the Censor, Oxford: Clarendon Press
  • Dalby, Andrew (1998), Cato: On Farming, Totnes: Prospect Books, ISBN 0-907325-80-7
  • Goujard, R. (1975), Caton: De l'agriculture, París: Les Belles Lettres

Outros artigosEditar


Predecesor:
Marco Claudio Marcelo e
Lucio Furio Purpureo
  
Cónsul da República Romana
xunto con Lucio valerio Flaco
 
195 a. C.
Sucesor:
Publio Cornelio Escipión o Africano e
Tiberio Sempronio Longo II