Amílcar Barca
Amílcar Barca, nado en c. -275 e finado en -228, foi un xeneral cartaxinés e pai de Aníbal.
Amílcar Barca | |
---|---|
Nacemento | 275 a. C. |
Lugar de nacemento | Cartago |
Falecemento | 228 a. C. |
Lugar de falecemento | Río Xúcar |
Causa | afogamento |
Nacionalidade | Civilización cartaxinesa |
Ocupación | político e oficial |
Fillos | Aníbal, Asdrúbal Barca, Magão Barca, third daughter of Hamilcar Barca, eldest daughter of Hamilcar Barca e middle daughter of Hamilcar Barca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Amílcar foi comandante naval na primeira guerra púnica atacando a costa de Bruttio. En Sicilia estivo resistindo nun posto avanzado cerca de Palermo, mentres que os romanos intentaron expulsalo.
Dirixiu as incursións na costa sudoccidental de Italia, conquistou o monte Erice, e abandonou o seu mando ó final da guerra despois de negociar un tratado de paz, e producíronse revoltas nas tropas mercenarias do exército cartaxinés, na que despois Amílcar foi destinado para acabar con elas, pero a loita custou moitas vidas.
Ó final Amílcar colaborou con Hannón para conquistar Útica. Máis tarde foi enviado a Hispania acompañado dos seus tres fillos.
Amílcar casou unha das súas fillas con Asdrúbal, instalou a súa base en Cádiz e estendeuse polo sur de Hispania, fundando a cidade de Alacant.
Amílcar afogou mentres marchaba de Hélike.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Atlas histórico de la roma Clásica. Odile Wattel . Edicións archivos acento, 2000.