Vexetarianismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
O vexetarianismo e ó réxime alimentario que ten como principio a abstención de carne e peixe e que se basea no consumo de cereais, legumes, froitas e outros vexetais. A persoa que practica este tipo de dieta é coñecida como vexetariana.
Dentro da práctica vexetariana hai distintos tipos e graos. As persoas que non admiten ningunha inxesta de produtos derivados dos animais (coma o ovo ou os lácteos) son denominadas vexetarianas estritas ou, en moitos casos, veganas. Aquelas que consomen ovos e leite coñécense como ovolactovexetarianas.
Neste tipo de dieta acéptase a cocción dos alimentos e o consumo de produtos refinados (os máis comúns son o azucre e a fariña) ademais de pastas brancas, frituras e alimentos en conserva ou aqueles ós que se lles engadiron colorantes e/ou conservantes. Isto diferénciaa doutros tipos de dietas, coma a macrobiótica e naturista.
Tendencias vexetarianas
editarExisten moitas variedades dentro da dieta vexetariana. A seguinte táboa resume as principais:
Nome dieta | Carne (inclúe peixe) |
ovos | lácteos |
---|---|---|---|
Ovo Lacto Vexetarianismo | Si | Si | |
Lacto Vexetarianismo | Non | Si | |
Ovo vexetarianismo | Si | Non | |
Veganismo | No | Non |
- Lacto Vexetarianismo: son os vexetarianos que non consomen carnes ou ovos, pero si produtos lácteos. A maioría de vexetarianos da India e aqueles que proveñen do Mediterráneo, coma os Pitagóricos, son en efecto lactovexetarianos.
- Ovo Lacto Vexetarianismo: os practicantes desta corrente consomen ovos e produtos lácteos, pero non carne nin peixe. Esta é a forma máis común na cultura occidental.
- Ovo Vexetarianismo: quen practica esta tendencia son aqueles que non comen carnes ou produtos lácteos, pero si ovos.
- Api vexetarianismo: son quen admiten o consumo de mel. O prefixo api- tamén pode ser empregado nas demais definicións, por exemplo: api-ovo-lacto vexetarianismo, api-ovo vexetarianismo, api-lacto vexetarianismo.
- Veganismo (do inglés vegan): os veganos nútrense exclusivamente de alimentos de orixe vexetal, rexeitando por tanto o consumo de ovos, lácteos ou mel. Así mesmo, evitan o uso de produtos de orixe animal no resto de ámbitos da súa vida, coma o coiro, a la, a lanolina, a seda etc. Basean a súa postura na crenza de que todos estes produtos implican a explotación de animais.
- Crudívoros: son aqueles que seguen unha alimentación vexetariana na que se consomen produtos crus, ou lixeiramente mornos, que non foron quentados por enriba de 46,7 °C, e nunca cocidos. Os consumidores de produtos crus argumentan que o cociñado destrúe os enzimas e/ou parte dos nutrientes, aínda que algúns cren que o corpo asimila mellor certos alimentos se estes se atopan lixeiramente tépedos e, por ende, máis brandos. Outros activan os enzimas dos alimentos mollándoos na auga antes de consumilos. Algúns son frutarianos e outros comen só comidas orgánicas.
- Vexetalianos: é unha corrente vexetariana moi estrita. Esta tendencia propón alimentarse exclusivamente de vexetais. Así, a lista de alimentos prohibidos é bastante longa e está formada polos produtos rexeitados polo vexetarianismo ortodoxo máis os non consumidos polos vexetalistas, coma carnes, embutidos, aves, graxa animal, peixe, conservas, conxelados, cereais branqueados ou refinados, bebidas industriais con azucre, azucre industrial, mel, queixos, ovos etc.
Dentro dos vexetarianos, existe quen admite a inxesta de peixe pero non a de carne, ou mesmo quen fai excepcións con alimentos moi concretos, coma o xamón no caso da Península Ibérica. Non obstante, estas dietas non son consideradas vexetarianas pola maioría, posto que incumpren a condición básica na que se asenta o vexetarianismo: permiten o consumo reducido de carne animal.
Outras tendencias relacionadas
editar- Macrobiótica
- Granivorianos
- Lacto-cerealianos
- Frutarismo ou fruxivismo
- Esteinerianos
- Eubióticos
- Semi-vexetariano ou pseudo vexetariano
- Pescetariano
- Herbívoro
- Plantívoro
- Non-carnívoro
Motivacións
editarOs motivos que os vexetarianos aducen para xustificar a súa dieta varían. Algúns abstéñense de inxerir carne por consideracións de saúde. Outros fano pola preocupación polo ambiente. Están tamén os que se opoñen ó consumo de produtos de orixe animal por razóns éticas, así coma aqueles que o fan sobre a base de motivos de índole relixiosa (por exemplo hindús ou budistas).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vexetarianismo |
Ligazóns externas
editar- Vegetarianismo.net
- Faite vexetariano
- Receitas Vexetarianas
- Mundo vexetarianoArquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
- Receitas vexetarianas de ARBORE Arquivado 25 de setembro de 2008 en Wayback Machine.