Monarch Airlines
Monarch Airlines, tamén coñecida sinxelamente como Monarch, foi unha aeroliña de baixo custo británica baseada no aeroporto de Londres-Luton[1]. Opera voos regulares a destinos no Mediterráneo, Illas Canarias, Chipre, Exipto, Grecia e Turquía. Tamén tiña bases nos aeroportos de Birmingham, Leeds/Bradford, Londres-Gatwick e Manchester.
Monarch Airlines | ||
---|---|---|
IATA ZB | OACI MON | Indicativo MONARCH |
Fundación | 5 de xuño de 1967 | |
Inicio das operacións | 5 de abril de 1968 | |
Fin das operacións | 2 de outubro de 2017 | |
Plan de voo frecuente | Vantage Club | |
Frota | 35 | |
Destinos | 43 | |
Páxina web: http://www.monarch.co.uk/ |
Monarch Airlines transportou a 5,7 millóns de pasaxeiros no ano 2015, un descenso do 19% con respecto a 2014.[2] No ano 2018 Monarch tería que recibir o primeiro dos seus 45 novos avións Boeing 737 MAX-8.[3] Estes aparellos terían que substituír a súa frota de Airbus A320 e A321.
Un ano despois de que comezaran a xeralizarse os rumores dunha posible desaparición da aeroliña, Monarch entrou en concurso de acredores o 2 de outubro de 2017, cesando todas as operacións inmediatamente.[4]
Frota
editarEn agosto de 2017 a frota de Monarch estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 9 | — | 174 | Serán substituídos polo Boeing 737 MAX.[6] |
Airbus A321-200 | 25 | — | 214 | Serán substituídos polo Boeing 737 MAX.[6] |
Boeing 737-800 | 1 | — | 186[7] | Alugado por Pegasus Airlines. |
Boeing 737 MAX 8 | — | 45 | TBA | Entregas a partir de 2018[3][8] |
Total | 35 | 45 |
Notas
editar- ↑ Monarch (ed.). "Contact us". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Civil Aviation Authority (ed.). "Airline data". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 Monarch (ed.). "Monarch finalises order for Boeing 737 Max 8s". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Sky News (ed.). "Redundancies follow Monarch Airlines collapse with 860,000 customers hit". Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ Civil Aviation Authority (ed.). "Frota de Monarch". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 Boeing (ed.). "Monarch Airlines Finalizes Order for 30 737 MAX 8s". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Monarch outlines S17 Boeing 737 operations". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Monarch (ed.). "Boeing, Monarch Announce 737 MAX Services Agreements and New Engineering Joint Venture Partnership". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.