Pegasus Airlines
Pegasus Airlines é unha aeroliña de baixo custo turca con sede en Istanbul con bases en varios aeroportos de Turquía.
Pegasus Airlines | ||
---|---|---|
IATA PC | OACI PGT | Indicativo SUNTURK |
Fundación | 1990 | |
Plan de voo frecuente | Pegasus Plus | |
Frota | 74 | |
Destinos | 103 | |
Holding | ESAS Holding | |
Eslogan da compañía | We Didn't Start Aviation In Turkey, But We Transformed It. | |
Sede | Istanbul | |
Páxina web: https://www.flypgs.com |
Historia
editarO 1 de decembro de 1989 dúas empresas, Net e Silkar, asociáronse con Aer Lingus para crear unha aeroliña de voos chárter inclusiva chamada Pegasus Airlines. Os seus servizos comezaron o 15 de abril de 1990 con dous avións Boeing 737-400. Porén, catro meses despois do seu lanzamento, Iraq invadiu Kuwait e os sete meses de ocupación que seguiron tiveron un serio efecto no turismo turco. Cara 1992 os turistas comezaron a regresar ao país e Pegasus medou coa compra dun terceiro 737-400. A aeroliña alugou dous Airbus A320 máis para poder satisfacer a demanda do verán.
Despois de dous anos positivos, Aer Lingus e Net venderon as súas accións na compañía en 1994 á empresa de Istambul Yapi Kredibank, convertendo a Pegasus nunha aeroliña completamente turca.
O 4 de setembro de 1997 Pegasus realizou un pedido por un 737-400 e un 737-800 a Boeing Commercial Airplanes, sendo a primeira aeroliña turca en mercar un Boeing 737 Next Generation. A aeroliña tamén asinou acordos de alugueiro por 10 737-800 máis con ILFC.
En xaneiro de 2005 ESAS Holdings mercou Pegasus Airlines e nomeaou a Ali Sabanci presidente. Dous meses despois converteu a compañía nunha aeroliña de baixo custo. En novembro dese mesmo ano Pegasus pediu 12 novos 737-800 e en novembro de 2008 pediría 12 aparellos máis do mesmo modelo. Este último pedido era flexible, e podía ser cambiado por avións 737-700 de 149 asentos ou por 737-900 de 215 dependendo da demanda do mercado.
En 2007 Pegasus transportou máis pasaxeiros en Turquía que calquera outra aeroliña privada. En 2008 transportou a 4,4 millóns de pasaxeiros, e en 2013 esa cifra aumentou ata os 16,8 millóns.
En 2012 a aeroliña asinou un contrato pola compra de ata 100 avións da familia A320neo, dos cales 75 era pedidos en firme (57 A320neo e 18 A321neo models). Pegasus converteuse nun novo cliente de Airbus e a primeira aeroliña turca en pedir o A320neo. Este foi o pedido único máis grande da aviación comercial turca ata ese momento.[1] En xuño dese ano Pegasus Airlines mercou o 49% da aeroliña kirguiz Air Manas. O 22 de marzo de 2013 a compañía operou o seu primeiro nome baixo a marca Pegasus Asia.
A compañía ofreceu o 34,5% das súas accións ao público. Estas comezaron a ser comercializadas na bolsa de Istambul o 26 de abril de 2013.[2]
Frota
editarEn outubro de 2017 a frota de Pegasus Airlines estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |
---|---|---|---|---|---|
Y | Total | ||||
Airbus A320-200 | 12 | — | 180 | 180 | |
Airbus A320neo | 12 | 45 | 186 | 186 | Entregas ata 2022[4][5] |
Airbus A321neo | — | 18 | 220 | 220 | |
Boeing 737-800 | 50 | 5[6] | 189 | 189 | 8 operados por IZair |
Total | 74 | 68 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Airbus (ed.). "Pegasus selects up to 100 A320neo Family Aircraft". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2017.
- ↑ Hürriyet (ed.). "Pegasus Hava Yolları işlem görmeye başladı". Consultado o 2 de novembro de 2017.
- ↑ Pegasus Airlines (ed.). "Fleet Information". Consultado o 2 de novembro de 2017.
- ↑ Bloomberg (ed.). "Airbus Ousts Boeing at Pegasus With $12 Billion A320neo Dea". Consultado o 2 de novembro de 2017.
- ↑ CFM (ed.). "Pegasus Selects LEAP-1A Engine for A320neo fleet". Consultado o 2 de novembro de 2017.
- ↑ Boeing (ed.). "Orders & Deliveries". Consultado o 2 de novembro de 2017.