Boeing 737 MAX
O Boeing 737 MAX é un avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita desenvolvido por Boeing Commercial Airplanes como sucesor da serie Boeing 737 Next Generation. O 737 MAX é a cuarta xeración da familia 737, sendo o principal cambio o uso de máis grandes e eficientes motores CFM International LEAP-1B, winglets de tipo split-tip, e modificacións da fuselaxe. A nova serie anunciouse o 30 de agosto de 2011. Realizou o seu voo de estrea o 29 de xaneiro de 2016[1] e foi certificado pola Administración Federal de Aviación estadounidense (FAA) en marzo de 2017. A primeira entrega foi dun MAX 8 en maio de 2017 a Malindo Air, que comezou a operar o 22 de maio.[2]
Boeing 737 MAX | |
---|---|
![]() | |
Tipo | avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 29 de xaneiro de 2016 |
Introducido | maio de 2017 (con Malindo Air) |
Estado | en desenvolvemento |
Produción | 2014 - presente |
Unidades construídas | 686 (en xaneiro de 2022) |
A serie 737 MAX ofrécese en catro variantes, que van dos 138 aos 204 asentos nunha configuración típica de dúas clases[3] e cuns alcances entre os 6 110 e os 7 130 km. As versións son os 737 MAX 7, MAX 8 (incluído o máis denso MAX 200 de 200 asentos), e MAX 9, que substituirán aos 737-700, -800, e -900 respectivamente, e o máis alongado 737 MAX 10. En novembro de 2020 o Boeing 737 MAX tiña 3 290 pedidos.[4]
O 737 MAX sufriu un fallo recorrente no Sistema de Aumento de Características de Manobra (MCAS) causando dous accidentes fatais, o Voo 610 de Lion Air e o Voo 302 de Ethiopian Airlines, nos cales morreron 346 persoas.[5] Tras os accidentes toda a frota quedou en terra entre marzo de 2019 e novembro de 2020. As investigacións culparon ao encubrimento dun defecto coñecido por parte de Boeing, e a fallos na certificación por parte da FAA.[6][7] Tras ser acusada de fraude, Boeing tivo que pagar máis de 2 500 millóns de dólares en sancións e indemnizacións. Boeing fabricou máis de 450 MAX que agardaban ser entregados. A metade deles agardaba entregalos en 2021, e a meirande parte do resto en 2022. O 18 de novembro de 2020 a FAA aprobou que o MAX regresara ao servizo, tras unha serie de cambios obrigatorios no deseño e no adestramento de tripulacións. Transport Canada e a Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) certificaron o MAX a finais de xaneiro de 2021, suxeito a requisitos adicionais. A Administración de Aviación Civil da China (CAAC) fixo o mesmo a principios de decembro, cando máis de 180 países permitiran o regreso ao servizo do avión.
Variantes Editar
737 MAX 7 Editar
Baseado orixinalmente no 737-700, Boeing anunciou o redeseño do MAX 7, derivado do MAX 8, no Farnborough Air Show de xullo de 2016, acomodando dúas filas máis de asentos que o 737-700 de 138 prazas, aumentando a capacidade en 12 pasaxeiros.[8][9] O redeseño usa a á e o tren de aterraxe do 737-8; un par de saídas sobre as ás en vez da configuración dunha única porta; unha fuselaxe case 2 metros máis longa; recalibración e reforzo estrutural; e modificacións de sistemas e interiores para acomodar a maior lonxitude.[10] Pode alcanzar 1 900 km máis que o -700 cun 18% menos de consumo de combustible por asento. Boeing estima que o MAX 7 pode levar 12 pasaxeiros máis a 740 km máis lonxe que o A319neo cun 7% menos de custos operativos por asento. En 2016 Boeing planeou mellorar o seu alcance dos 7 130 km aos 7 251 km tras 2021.[11]
A produción do primeiro longueiro de á de 20 m para o 737-7 comezou en outubro de 2017.[12] A montaxe do primeiro avión de probas iniciouse o 22 de novembro dese mesmo ano,[13] e presentouse o 5 de febreiro de 2018.[14] O MAX 7 realizou o seu voo de estrea o 16 de marzo na fábrica de Renton, Washington, e voou durante tres horas sobre o estado de Washington.[15] Nese primeiro voo acadou unha velocidade de 460 km/h e unha altura de 7 600 m, realizou unha aproximación baixa, probas de sistemas e un reinicio de motor en voo, e aterrou no centro de probas de voo de Boeing en Moses Lake, Washington.[16]
A entrada en servizo co seu cliente de lanzamento, Southwest Airlines, agardábase para xaneiro de 2019,[12] pero as entregas adiaronse ata principios de 2022.[17] WestJet tamén converteu os seus pedidos de MAX 7, que orixinalmente ían ser entregados en 2019, en MAX 8 e aínda non recibira ningún MAX 7 en febreiro de 2022. Porén, Southwest fixo un pedido por 100 MAX 7 o 29 de marzo de 2021,[17] e exerceu as súas opcións para 34 o 8 de xuño do mesmo ano,[18] chegando o seu pedido total a 234. O único outro cliente do MAX 7 é a aeroliña Allegiant Air que en xaneiro de 2022 pediu 30 unidades.[19] O MAX 7 demostrou ser impopular entre as aeroliñas debido a que é menos eficiante que as variantes do MAX máis grandes. En agosto de 2021 Boeing confiaba en que MAX 7 fose certificado a tempo para que as entregas comezasen en 2022.[20]
737 MAX 8 Editar
É a primeira variante desenvolvida da serie 737 MAX que substitúe ao 737-800 e ten unha fuselaxe máis longa que o -700/MAX 7. En 2016 Boeing planeou mellorar a oseu alcance dos 6 510 km ata os 6 690 km despois de 2021. O 23 de xullo de 2013 Boeing completou a configuración do 737 MAX 8.[21] O MAX 8 ten un menor peso en baleiro e máis peso máximo de engalaxe que o A320neo.
O Boeing 737 MAX 8 completou o seu primeiro voo internacional de probas na Paz, Bolivia. O aeroporto anternacional de El Alto, a 13 300 pés de altura, probou as capacidades do MAX para engalar e aterrar a grande altitude.[22] O seu primeiro voo comercial foi operado por Malindo Air o 22 de maio de 2017, entre Kuala Lumpur e Singapur.[2]
737 MAX 200 Editar
En setembro de 2014, Boeing lanzou unha versión de alta densidade do 737 MAX 8, o 737 MAX 200, chamado así por levar ata 200 pasaxeiros nunha única clase de alta densidade con asentos slimline; o avión precisa de dúas portas de saída extra pola maior capacidade de pasaxeiros. Boeing di que esta versión será un 20% máis eficiente por asento que os actuais modelos de 737, e será o avión de fuselaxe estreita máis eficiente do mercado, cun 5% menos de custos operativos que o 737 MAX 8.[23][24] Tres dos oitos carros da cociña retiráronse para acomodar a máis pasaxeiros.[25] En decembro de 2014 Ryanair realizou un pedido de 100 avións[26] aos que designou como 737-8200.[27]
737 MAX 9 Editar
Substituto para o 737-900/-900ER; ten unha fuselaxe máis longa que o -800/MAX 8.
737 MAX 10 Editar
Notas Editar
- ↑ The Seattle Times (ed.). "Boeing’s 737 MAX takes wing with new engines, high hopes". Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Hashim, Firdaus. "Malindo operates world's first 737 Max flight". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Boeing: 737 MAX". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Boeing: Commercial". www.boeing.com. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ Kaplan, Thomas; Austen, Ian; Gebrekidan, Selam (2019-03-13). "Boeing Planes Are Grounded in U.S. After Days of Pressure". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Changes to flawed Boeing 737 Max were kept from pilots, DeFazio says". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Boeing Statement on 737 MAX Return to Service". MediaRoom. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Farnborough: Boeing’s Execution on 737 MAX Sparkles as MAX 7.5 and MAX 10X Loom • Airways Magazine". web.archive.org. 2016-07-11. Archived from the original on 11 de xullo de 2016. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ Trimble, Stephen. "FARNBOROUGH: Boeing confirms 737 Max 7 redesign". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18.
- ↑ Polek, Gregory. "Boeing Upscales 737 Max 7". Aviation International News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ Trimble, Stephen. "Boeing plans performance upgrade for 737 Max after 2021". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18.
- ↑ 12,0 12,1 Trimble, Stephen. "Boeing starts building first 737 Max 7". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18.
- ↑ Trimble, Stephen. "Boeing starts assembling first Max 7". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Boeing debuts MAX 7 jet, smallest and slowest-selling of its 737 MAX family". The Seattle Times (en inglés). 2018-02-05. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "Boeing 737 Max 7 narrowbody jetliner makes maiden flight". Reuters (en inglés). 2018-03-16. Consultado o 2022-02-18.
- ↑ Trimble, Stephen. "VIDEO: Boeing launches 737 Max 7 into flight testing". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-18.
- ↑ 17,0 17,1 Josephs, Leslie (2021-03-29). "Southwest Airlines agrees to buy 100 of Boeing's smallest 737 Max model". CNBC (en inglés). Consultado o 2022-02-20.
- ↑ Bertoletti, Mario (2021-06-08). "Southwest Airlines Orders 34 Boeing 737 MAX 7". Airways Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2021. Consultado o 2022-02-20.
- ↑ "US's Allegiant Air orders 50+50 B737 MAX". ch-aviation (en inglés). Consultado o 2022-02-20.
- ↑ Hemmerdinger, Jon. "Boeing 737 Max en route to China for certification work". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-20.
- ↑ "Boeing Completes 737 MAX 8 Firm Configuration". MediaRoom. Consultado o 2022-02-23.
- ↑ "Avión 737 MAX 8 realiza primer vuelo internacional". ALNNEWS (en castelán). 2016-05-03. Consultado o 2022-02-23.
- ↑ "Boeing Launches 737 MAX 200 with Ryanair". MediaRoom. Consultado o 2022-02-23.
- ↑ "Ryanair makes big order for 737 MAX jets that can carry 200 | Business & Technology". The Seattle Times. 2019-05-12. Archived from the original on 12 de maio de 2019. Consultado o 2022-02-23.
- ↑ "UPDATE 5-Ryanair buys 100 Boeing 737 MAX jets, sees fare price war". Reuters (en inglés). 2014-09-08. Consultado o 2022-02-23.
- ↑ Polek, Gregory. "Ryanair, Boeing Finalize Max 200 Deal". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2022-02-23.
- ↑ Kaminski-Morrow, David. "'New' name for Ryanair 737 Max is not actually new". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-23.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boeing 737 MAX |
Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |