Aeroporto internacional Soekarno-Hatta
O aeroporto internacional Soekarno-Hatta (IATA: CGK, OACI: WIII), abreviado como SHIA ou Soetta,[2] é o principal aeroporto que serve a Iabotabek, a área metropolitana de Iacarta na illa indonesia de Xava. Bautizado na honra do primeiro presidente e vicepresidente de Indonesia, Sukarno e Mohammad Hatta, o aeroporto está situado en Benda, Tangerang, a uns 20 quilómetros ao noroeste do centro de Iacarta. Debido á súa proximidade á veciñanza de Cengkareng tamén é coñecido como aeroporto de Cengkareng, procedendo o seu código IATA desta denominación. É o aeroporto máis grande e concorrido do país, ademais de ser o máis concorrido do hemisferio sur. No ano 2016 foi o 22º aeroporto máis concorrido do mundo. Xunto co aeroporto Halim Perdanakusuma, o segundo aeroporto da cidade, servíronse a máis de 70 millóns de pasaxeiros en 2017 na área metropolitana de Iacarta.[3] Segundo a compañía OAG, o aeroporto foi o 7º mellor conectado do mundo e 1º da zona Asia-Pacífico.[4]
Aeroporto internacional Soekarno-Hatta Bandar Udara Internasional Soekarno-Hatta
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Goberno de Indonesia | ||
Operador | PT Angkasa Pura II | ||
Cidade/Illa | Iabotabek | ||
Localización | Tangerang | ||
Elevación (msnm) | 10 metros / 32 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07R/25L | 3 660 | 12 008 | pavimento |
07L/25R | 3 600 | 11 811 | pavimento |
07C/25C | 3 850 | 12 631 | formigón asfáltico |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 63 015 620[1] |
O aeroporto comezou a realizar operacións domésticas no ano 1985 substiuíndo ao vello aeroporto de Kemayoran. En 1991 foi ampliado para substituír o aeroporto Halim Perdanakusuma en voos internacionais, sendo este usado como solución temporal ata que Soekarno–Hatta foi completado. Kemayoran foi demolido e Halim Perdanakusuma aínda opera voos chárter, VIP e privados, sendo reaberto como aeroporto comercial secundario para voos domésticos para aliviar a Soekarno–Hatta que está superando a súa capacidade debido ao rápido crecemento das viaxes por aire en Indonesia.
O aeroporto adoita a ter problemas para acomodar todos os voos co seu límite actual de 81 movementos por hora.[5] Aínda que opera por riba da súa capacidade, un estudo realizado entre abril e maio de 2012 por Airport Council International (ACI) afirmou que estaba sendo operado con seguridade.[6] As súas dúas pistas operativas teñen problemas de pavimento e resistencia. Para reducir a conxestión e acadar o obxectivo de operar 100 voos por hora estase a construír unha terceira pista que se agarda comece a operar en 2018. A mellora das dúas pistas actuais está case rematada para poder acomodar con seguridade as operacións de avións de fuselaxe ancha.[7]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarNotas
editar- ↑ Tempo (ed.). "Angkasa Pura II: Airports Receive 63 Million Passengers in 2017". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ Okezone News (ed.). "Singkatan Bandara Soetta Lecehkan Proklamator". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ The Jakarta Post (ed.). "Soekarno-Hatta airport serves 63m passengers in 2017". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ The Jakarta Post (ed.). "Soekarno-Hatta named Asia-Pacific's most connected airport". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ The Jakarta Post (ed.). "Flight frequency increased to meet increasing demand: Ministry". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ Kompas (ed.). "ACI: Soekarno-Hatta Aman dan Laik Operasi". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ The Jakarta Post (ed.). "Soekarno-Hatta’s 3rd runway to be constructed in 2017". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ The Jakarta Post (ed.). "AirAsia to connect Singapore with Medan, Padang". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Xinhuanet (ed.). "Indonesian airlines opens flight service to China's Sanya city". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ GMA News Online (ed.). "AirAsia announces flights from Manila to Bali, Jakarta". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Jakarta Globe (ed.). "VietJet Air to Start Flights Between Jakarta, Ho Chi Minh City in December". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ ANA Cargo (ed.). "Expand Freighter Network from May 14th, 2014". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web do aeroporto Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine.