Beijing Capital Airlines
Beijing Capital Airlines (chinés: 首都航空; pinyin: Shǒudū Hángkōng), é unha aeroliña chinesa comercializada baixo o nome de Capital Airlines que opera como subsidiaria de Hainan Airlines.
Beijing Capital Airlines | ||
---|---|---|
IATA JD | OACI CBJ | Indicativo CAPITAL JET |
Fundación | 1995 (como Deer Jet Airlines) | |
Frota | 75 | |
Destinos | 66 | |
Holding | Hainan Airlines (70%) | |
Páxina web: http://www.jdair.net/ |
Historia
editarA compañía creouse en 1995 como Deer Jet Airlines (chinés: 金鹿航空; pinyin: Jīnlù Hángkōng). No ano 1998 comezou a ofrecer servizos internacionais baixo a marca the Deer Air. En outubro de 2007 recibiu o seu primeiro Airbus A319 e comezou a desfacese os Boeing 737 cos que operara ata a data. Deer Jet comezou a proporcionar servizos chárter en decembro de 2008 usando unha frota de A319 e reactores corporativos. A Administración de Aviación Civil Chinesa autorizou á aeroliña a operar servizos regulares en 2009.
O 2 de abril de 2010 Beijing Capital Airlines CO., LTD. lanzou o seu primeiro servizo, baseado no aeroporto internacional de Pequín-Capital. Deer Jet Airlines dividiuse en dúas compañías o 4 de maio dese ano. Mentres que as operacións chárter mantivéronse coa marca Deer Jet, as operacións regulares usando avións Airbus pasaron a chamarse Capital Airlines.[1][2]
Frota
editarEn marzo de 2018 a frota de Beijing Capital Airlines estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 20 | — | — | 138 | 138 | |
Airbus A320-200 | 33 | — | 8 | 144 | 152 | |
Airbus A320neo | — | 7 | — | — | — | |
Airbus A321-200 | 14 | 1 | 20 | 196 | 216 | |
Airbus A330-200 | 6 | 1 | 36 | 186 | 222 | |
Airbus A330-300 | 2 | 2 | 18 | 288 | 306 | |
Airbus A350-900 | — | 2 | 33 | 301 | 334 | Serán entregados a comezos de 2018. Orixinalmente pedidos por Azul Linhas Aéreas Brasileiras. |
Total | 75 | 13 |
Notas
editar- ↑ China Daily (ed.). "Deer Air to be renamed Capital Airlines". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ People's Daily Online (ed.). "Beijing Capital Airlines formally launched". Archived from the original on 07 de xaneiro de 2011. Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Capital Airlines Fleet Details and History". Consultado o 15 de marzo de 2018.