Aeroporto Ninoy Aquino
O aeroporto internacional Ninoy Aquino (IATA: MNL, OACI: RPLL), anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Manila, é o aeroporto que serve a Manila e á súa área metropolitana. Está situado ao longo dos límites entre as cidades de Pasay e Parañaque, a uns 7 quilómetros ao sur da propia Manila. O aeroporto é a principal porta de entrada para pasaxeiros internacionais a Filipinas e serve como contro de conexións para AirAsia Philippines, Cebgo, Cebu Pacific, PAL Express e Philippine Airlines. Está operado por Manila International Airport Authority (MIAA), un departamento do Departamento de Transporte do goberno filipino.[2]
Aeroporto Ninoy Aquino Paliparang Pandaigdig ng Ninoy Aquino
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Propietario | Goberno de Filipinas | ||
Operador | Manila International Airport Authority | ||
Cidade/Illa | Manila | ||
Localización | Pasay e Parañaque | ||
Elevación (msnm) | 23 metros / 75 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
06/24 | 3 737 | 12 261 | asfalto |
13/31 | 2 258 | 7 408 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 39 516 782[1] |
Oficialmente é o único aeroporto que serve a área de Manila. Porén, na práctica, tanto o Ninoy Aquino como o aeroporto de Clark, situado na Zona do Porto libre de Clark en Pampanga serven a zona de Manila, sendo Clark usado principalmente por aeroliñas de baixo custo polas súas taxas máis baixas. En tempos recentes houbo peticións para que Clark substituíse a Ninoy Aquino como principal aeroporto de Filipinas.[3] Foi bautizado na honra do senador Benigno "Ninoy" Aquino, Jr., asasinado no aeroporto no ano 1983.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarNotas
editar- ↑ MIAA (ed.). "TotalStats 2012-2016" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2017. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ MIAA (ed.). "A Brief History of the Agency". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ GMA News Online (ed.). "Arroyo wants DMIA become top airport amid plan to close NAIA". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "China Southern adds Wuhan – Manila service from Nov 2017". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Philippine Airlines resumes Abu Dhabi from late-Oct 2017". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 GMA News Online (ed.). "AirAsia announces flights from Manila to Bali, Jakarta". Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ GMA News Online (ed.). "AirAsia to start offering Manila–Ho Chi Minh City flights in November". Consultado o 13 de febreiro de 2018.