Aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan
O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan (IATA: TPE, ICAO: RCTP) é un aeroporto internacional que serve á capital de Taiwán, Taipei, e á zona norte da illa. Situado a uns 40 km ao leste de Taipei, no distrito Dayuan, é o aeroporto máis grande de Taiwán. É un dos cinco do país con voos internacionais regulares, e é de lonxe o máis concorrido deles. Nel están os principais centros de conexión internacionis de China Airlines e EVA Air.
Aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | Goberno de Taiwán | ||
Operador | Taoyuan International Airport Corporation | ||
Cidade/Illa | Norte de Taiwán | ||
Localización | Distrito de Dayuan | ||
Elevación (msnm) | 33 metros / 108 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05L/23R | 3 660 | 12 008 | formigón asfáltico |
05R/23L | 3 800 | 12 467 | formigón asfáltico |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 42 296 322 | ||
Voos | 244 464 | ||
Kg carga | 2 097 228 000 |
O aeroporto abriu para operacións comerciais en 1979 e é un importante centro de conexión de pasaxeiros e punto de entrada a destinos asiáticos da rexión. O eroporto foi antigamente coñecido como Aeroporto Internacional Chiang Kai-shek ata que o nome foi cambiado o día 6 de setembro de 2006 para o actual.[1]
O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan é un dos dous aeroportos que serven a Taipei e ao norte de Taiwán; o outro, o aeroporto de Taipei Songshan, está situado dentro dos límites da cidade de Taipei e funcionou como aeroporto internacional da cidade ata 1979. No presente dende Songshan só hai principalmente voos chárter, moitos dos cales son cara e dende China, voos domésticos, e algúns voos internacionais cara distintos lugares da China, Seúl e Toquio.
En 2016 por Taiwán Taoyuan pasaron 38,6 millóns de pasaxeiros e 1 900 millóns de quilos de carga.[2] O aeroporto é o 11º máis concorrido do mundo en termos de pasaxeiros internacionais, e o 6º en termos de tráfico de mercadorías en 2015.[3]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarNotas
editar- ↑ Taipei Times (ed.). "`Chiang Kai-shek' airport enters dustbin of history". Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ CAA (ed.). "民航運輸各機場營運量-按機場分" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ Airports Council International (ed.). "International Passenger Rankings". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "China Airlines adds Taipei – Changsha service from Sep 2017". Consultado o 10 de febreiro de 2018.
- ↑ "華航 3月客貨運雙旺". China Times. China Times. Consultado o 13 March 2017.
- ↑ "Hebei Airlines plans Taipei launch in late-Sep 2017". routesonline. Consultado o 5 September 2017.
- ↑ "【JC International Airline柬埔寨國際航空】台北-金邊5/13起首航 每週6直飛吳哥窟". ttn旅報. Consultado o 10 April 2017.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274848/jin-air-adds-cheongju-taipei-charters-in-nov-2017/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/270107/malindo-air-plans-kota-kinabalu-taipei-launch-in-1q17/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/272911/peach-expands-sapporo-operation-from-sep-2017/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/272875/peach-launches-sendai-base-in-sep-2017/
- ↑ "Philippine Airlines Files Preliminary Taipei – Osaka Schedule from late-June 2016". airlineroute. Consultado o 22 February 2016.
- ↑ https://www.nikkei.com/article/DGKKZO2276002026102017LXC000/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274520/thai-lion-air-revises-proposed-taipei-launch-to-4q17/
- ↑ "tigerair Taiwan adds Jeju flights from Mar 2017". routesonline. Consultado o 17 February 2017.
- ↑ "Vanilla Air Adds Osaka – Taipei Service from late-April 2016". airlineroute. Consultado o 15 March 2016.
- ↑ "tigerair Taiwan adds Wuxi service from Sep 2017". routesonline. Consultado o 1 August 2017.
- ↑ "Vanilla Air Adds Taipei – Ho Chi Minh Service from Sep 2016". routesonline. Consultado o 14 July 2016.
- ↑ "Vanilla Air Adds Okinawa - Taipei Route from Sep 2016". routesonline. Consultado o 25 May 2016.
- ↑ "Vanilla Air Adds Osaka – Taipei Service from late-April 2016". airlineroute. Consultado o 15 March 2016.
- ↑ http://focustaiwan.tw/news/aeco/201608250021.aspx