Aeroporto de Niigata
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
O aeroporto de Niigata (IATA: KIJ, OACI: RJSN) é un aeroporto xaponés de segunda clase situado a 6,7 quilómetros ao nordés da estación de Niigata.
Aeroporto de Niigata
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Cidade/Illa | Niigata | ||
Elevación (msnm) | 9 metros / 29 pés | ||
Coordenadas | 37°57′21″N 139°06′42″L / 37.95583, -139.11167Coordenadas: 37°57′21″N 139°06′42″L / 37.95583, -139.11167 | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 1 314 | 4 311 | formigón asfáltico |
10/28 | 2 500 | 8 202 | formigón asfáltico |
Estatísticas (2015) | |||
Pasaxeiros | 984 629 |
HistoriaEditar
O primeiro aeroporto da costa xaponesa do mar do Xapón abríuse nunha illa no río Shinano en 1929. Este aeroporto trasladouse ao que entón era a vila de Matsugazakahama en 1930 e foi renomeado como aeroporto de Niigata. En 1941 foi requisado para ser utilizado pola Forza Aérea Imperial do Xapón, e tras a segunda guerra mundial pasou aser controlado pola USAAF estadounidense. Regresou a mans civís xaponesas o 31 de marzo de 1958, data nas que retomaron os voos comerciais. Os servizos comerciais comezaron en 1973 con voos regulares a Khabarovsk, convertendo ao aeroport de Niigata nunha importante porta de entrada dende Rusia, que entre outros propósitos foi usada para exportar produtos agrícolas da zona de Niigata; porén os servizos foron reducíndose dende o inverno de 2010 e a día de hoxe[cando?] hai máis voos a Rusia dende o aeroporto internacional de Narita preto de Toquio.
Na primavera de 2012 os destinos ofrecidos polo aeroporto aumentaron considerablemente cando China Eastern Airlines, Fuji Dream Airlines e All Nippon Airways anunciaron servizos a Shanghai, Nagoya e Narita respectivamente.
Aeroliñas e destinosEditar
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
All Nippon Airways | Osaca-Itami Estacional: Naha |
All Nippon Airways operado por ANA Wings |
Fukuoka, Nagoia-Centrair, Osaca-Itami, Sapporo-Chitose, Toquio-Narita |
All Nippon Airways operado por Ibex Airlines |
Osaca-Itami |
China Eastern Airlines | Shanghai-Pudong |
China Southern Airlines | Harbin |
Far Eastern Air Transport | Taipei-Taoyuan[1] |
Fuji Dream Airlines | Fukuoka, Nagoia-Komaki |
Japan Airlines operado por J-Air |
Osaca-Itami, Sapporo-Chitose |
Korean Air | Seul-Incheon |
Peach | Osaca-Kansai (comeza en marzo de 2018)[2] |
Yakutia Airlines | Estacional: Khabarovsk,[3] Vladivostok |
NotasEditar
- ↑ Routes Online (ed.). "Far Eastern adds Niigata service from Nov 2016". Consultado o 6 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Peach adds Osaka – Niigata service in March 2018". Consultado o 6 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Yakutia Adds Khabarovsk – Niigata Service July – Sep 2014". Consultado o 6 de xaneiro de 2018.