Aeroporto de Fukuoka
O aeroporto de Fukuoka (IATA: FUK, OACI: RJFF), anteriormente coñecido como base aérea de Itazuke, é un aeroporto xaponés situado a 3 quilómetros ao leste do centro da cidade de Fukuoka.
Aeroporto de Fukuoka 福岡空港
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Localización | Fukuoka, Xapón | ||
Elevación (msnm) | 9 metros / 30 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
16/34 | 2 800 | 9 186 | asfalto/formigón |
Estatísticas (2015) | |||
Pasaxeiros | 20 968 463 |
O de Fukuoka é o principal aeroporto da illa de Kyushu e o cuarto máis concorrido do Xapón en termos de pasaxeiros, con 20 968 463 no ano 2015. En 2017 era o cuarto aeroporto dunha única pista máis concorrido do mundo (despois de Bombai, Londres-Gatwick e İstanbul-Sabiha Gökçen).[1] O aeroporto está rodeado por áreas residenciais, polo que os voos rematan ás 10 da noite por petición dos residentes e reanúdanse ás 7 da máña. A terminal doméstica está conectada co sistema de metro da cidade, que une o aeroporto co centro financeiro de Fukuoka en menos de dez minutos. A terminal internacional só é accesible por estrada.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- [ Web do aeroporto]
Notas
editar- ↑ Panethos (ed.). "World’s busiest single-runway commercial airports". Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air Busan Adds New Routes from Daegu in 16Q3". Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "China Southern Adds Dalian – Fukuoka Flights from late-Oct 2015". Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ↑ "China United proposes Fukuoka Dec 2017 launch". routesonline. Consultado o 23 June 2017.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/272911/peach-expands-sapporo-operation-from-sep-2017/
- ↑ "tigerair Taiwan adds Kaohsiung – Fukuoka service from Dec 2017". routesonline. Consultado o 19 October 2017.