EVA Air
EVA Air Corporation (chinés: 長榮航空; pinyin: Chángróng Hángkōng) é unha aeroliña taiwanesa baseada no aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan preto de Taipei. Opera servizos de pasaxeiros e carga a uns 40 destinos internacionais en Asia, Australia, Europa e Norteamérica.[1] EVA Air é maioritariamente de propiedade privada e opera unha rede de rutas totalmente internacional. É unha aeroliña de 5 estrelas segundo a clasificación de Skytrax.[2] É a segunda aeroliña máis grande de Taiwán, despois de China Airlines.
EVA Air | ||
---|---|---|
IATA BR | OACI EVA | Indicativo EVA |
Fundación | 8 de marzo de 1989 | |
Inicio das operacións | 1 de xullo de 1991 | |
Alianza | Star Alliance | |
Subsidiarias | UNI Air | |
Frota | 74 | |
Destinos | 77 (cos de carga) | |
Holding | Evergreen Group | |
Páxina web: https://www.evaair.com/ |
Dende a súa fundación en 1989 como afiliada do conglomerado do sector do transporte Evergreen Group, EVA Air expandiuse incluíndo ás súas actividades a carga aérea, o cátering de aeroliñas, a asistencia en terra e servizos de enxeñería de aviación. A súa división de carga, EVA Air Cargo, enlaza coa rede de transporte mundial de Evergreen por mar e terra. A súa subsidiaria doméstica e rexional, UNI Air, opera unha rede de medio e curto alcance cara a destinos en Taiwán, Macau e a China tendo o seu prinipal centro de conexións en Kaohsiung.
EVA Air opera unha frota mixta de avións Airbus e Boeing, con Airbus A330, Airbus A321 e Boeing 777 usados principalmente para rutas de pasaxeiros, xunto con Boeing 747-400 e Boeing 777 para rutas de carga. Foi unha das primeiras aeroliñas en introducir a clase "Premium Economy" (chamada Elite Class en EVA Air), que estrearon en 1991 e está dispoñible a bordo dos seus Boeing 777.
Frota
editarEn novembro de 2017 a frota de EVA Air estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Opcións | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
J | K | Y | Total | |||||
Airbus A321-200 | 22 | — | — | 8 | — | 176 | 184 | Operados por EVA Air e Uni Air Dous avións están transferidos a Uni Air. B-16206 coa librea de Star Alliance. |
Airbus A330-200 | 3 | — | — | 24 | — | 228 | 252 | |
Airbus A330-300 | 9 | — | — | 30 | — | 279 | 309 | |
Boeing 777-300ER | 34 | — | — | 38 | 64 | 221 | 323 | B-16715 coa librea de Star Alliance. |
39 | 56 | 238 | 333 | |||||
39 | 56 | 258 | 353 | |||||
Boeing 787-9 | — | 4[4] | — | TBA | As entregas comezarán en xuño de 2018. 4 alugados a ALC.[4] | |||
Boeing 787-10 | — | 20[5] | 6[5] | TBA | 18 de Boeing[5] e 2 alugados a ALC.[4] | |||
Frota de EVA Air Cargo | ||||||||
Boeing 747-400BDSF | 2 | — | — | Carga | Convertido de avión de pasaxeiros. Van ser retirados e serán substituídos por Boeing 777F. | |||
Boeing 747-400F | 3 | — | — | Carga | Van ser retirados e serán substituídos por Boeing 777F. | |||
Boeing 777F | 1[6] | 4[7] | — | Carga | Entregas dende novembro de 2017 ata 2019. Substituirán aos Boeing 747-400F e 747-400BDSF.[8] | |||
Total | 74 | 28 | 6 |
Notas
editar- ↑ EVA Air (ed.). "Destinations and Route Maps". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ Skytrax (ed.). "World's 5-star airlines". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "EVA Airways Fleet Details and History". Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 World Airline News (ed.). "EVA Air to lease four Boeing 787-9s and two 787-10s from ALC". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Yahoo News (ed.). "EVA Airways and Boeing sign Taiwan's biggest ever plane deal". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2017. Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ Air Cargo News (ed.). "EVA receives first new B777F". Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ Boeing (ed.). "Boeing, EVA Air Finalize Order for Five 777 Freighters". Consultado o 23 de marzo de 2018.
- ↑ EVA Air (ed.). "EVA Introduces Boeing 777 Freighter To deploy newest aircraft on Asia-North America air cargo routes". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018.