Aeroporto de Nanchang-Changbei
O aeroporto internacional de Nanchang-Changbei (IATA: KHN, OACI: ZSCN) é un aeroporto que serve a Nanchang, a capital da provincia chinesa de Jiangxi. Está situado a 28 quilómetros ao norte da cidade. A súa construción comezou en outubro de 1996 e comezou a operar o 10 de setembro de 1999. Substituíu o aeroporto de Nanchang-Xiangtang, que era tanto de uso civil como militar. Ten unha única pista de 3 400 metros de lonxitude e unha terminal con seis portas de embarque. En 2010 comezaron unhas obras de ampliación coa construción dunha nova terminal, inaugurada o 22 de maio de 2011,[1] e unha segunda pista de aterraxe.
Aeroporto de Nanchang-Changbei 南昌昌北国际机场
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Cidade/Illa | Nanchang | ||
Elevación (msnm) | 44 metros / 144 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 3 400 | 11 155 | formigón |
Estatísticas (2013) | |||
Pasaxeiros | 6 811 028 |
Nanchang-Changbei opera principalmente voos cara aeroportos chineses do continente e Hong Kong. Porén, en febreiro de 2004 comezou a operar voos internacionais, principalmente cara Corea do Sur.
Aeroliñas e destinos
editarNotas
editar- ↑ BUCG (ed.). "Nanchang Changbei international airport new terminal comes into service". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Carnoc (ed.). "9月起东航将新增南昌飞大连徐州济南航线". Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "China Eastern adds Nanchang – Jeju link in W16". Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Hong Kong Airlines Adds Nanchang Service from late-April 2015". Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Lucky Air adds Nanchang – Hanoi flights from mid-Sep 2017". Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Lucky Air expands Kunming network from Oct 2016". Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Voice (ed.). "'นกแอร์' ใช้ 'สนามบินอู่ตะเภา' เป็นฐานการบินเช่าเหมาลำ". Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Spring Airlines Expands Bangkok Service from late-May 2015". Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Thai AirAsia Adds Utapao – China Service from Sep 2015". Consultado o 7 de febreiro de 2018.