Aeroporto de Chongqing-Jiangbei
O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei (IATA: CKG, OACI: ZUCK) é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.[1]
Aeroporto de Chongqing-Jiangbei 重庆江北国际机场
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Cidade/Illa | Chongqing | ||
Elevación (msnm) | 416 metros / 1 365 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
02L/20R | 3 200 | 10 499 | asfalto |
02R/20L | 3 600 | 11 811 | formigón |
03/21 | 3 800 | 12 467 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 35 888 819 |
Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste da China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.
O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.
En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarNotas
editar- ↑ Airports Council International (ed.). "ASQ Awards 2014". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air China expands Chongqing – Taipei service in W17". Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ Carnoc (ed.). "3月26日起 烟台机场执行2017夏秋季航班计划". Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "EVA Air schedules new routes from Taipei Song Shan in W17". Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Hainan Airlines adds new Los Angeles routes from March 2017". Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Hainan plans Chongqing – New York Oct 2017 launch". Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Sichuan Airlines schedules new Chongqing - SE Asia routes in 1Q17". Consultado o 20 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Tianjin Airlines files planned New Zealand schedule from Dec 2016". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Tianjin Airlines moves Chongqing – Melbourne launch to late-Oct 2017". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Tianjin Airlines schedules Moscow June 2017 debut". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Tianjin Airlines adds Chongqing – Irkutsk service in 3Q17". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ mil.ifeng.com (ed.). "国货航成功执行重庆第一班至北美货运包机". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Carnoc (ed.). "华航11月2日开通“高雄——重庆”直航航线". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "MasKargo adds new China service in Nov 2016". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Air Cargo World (ed.). "Qantas Freight launches Chongqing route". Archived from the original on 30 de xullo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web do aeroporto Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine.