Aeroporto de Colonia/Bonn

O aeroporto de Colonia Bonn (IATA: CGN, ICAO: EDDK) é o aeroporto internacional da cuarta cidade máis grande de Alemaña, Colonia, e serve tamén a Bonn, a capital da antiga Alemaña Occidental. Con 11,9 millóns de pasaxeiros no ano 2016 é o sexto aeroporto máis concorrido de Alemaña en termos de pasaxe e o terceiro en termos de carga.[1] En marzo de 2015 tiña servizos a 115 destinos de pasaxeiros en 35 países.[2] O aeroporto está localizado no distrito de Porz e está rodeado pola reserva natural ‘’Wahner Heide’’. Atópase no medio da rexión de Colonia/Bonn, a 14,8 km ao sueste do centro de Colonia e a 16 km ao nordés de Bonn. É un dos poucos aeroportos do país que está aberto as 24 horas do día e serve como centro de conexións para Eurowings, Germanwings, FedEx Express e UPS Airlines. Tamén é unha sede das axencias espaciais alemás e europeas DLR e EAC, parte de ESA, que adestran astronautas alí para exploracións espaciais.

Aeroporto de Colonia Bonn
‘’Flughafen Köln/Bonn’’

IATA: CGN – ICAO: EDDK
Sumario
Tipo público
Operador Flughafen Köln/Bonn GmbH
Cidade/Illa Colonia e Bonn
Coordenadas Coordenadas: 50°51′57″N 7°08′34″L / 50.865916666667, 7.1427444444444
Web http://www.koeln-bonn-airport.de
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 2 459 8 068 formigón/asfalto
14L/32R 3 815 12 516 asfalto
14R/32L 1 863 6 112 formigón/asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 11 910 138

Historia editar

Primeiros anos editar

En 1913 engalou o primeiro avión dende a área de adestramento militar de Wahner Heide nun voo de recoñecemento de artillaría. En 1939 construíuse un aeródromo para a ‘’Luftwaffe’’ alemá.

Despois da segunda guerra mundial os militares británicos fixéronse co control do aeroporto e expandírono. Nese tempo construíuse unha pista de 1 866 metros. En 1951 abríronse as súas instalacións ao tráfico civil, substituíndo ao antigo aeroporto de Colonia-Butzweilerhof.

Durande os anos 50 e 60 construíronse dúas pistas máis e unha nova terminal de pasaxeiros. O 1 de novembro de 1970 engalou por vez primeira do aeroporto un Boeing 747 con destino a Nova York.

O aeroporto de Colonia/Bonn foi elixido por United Parcel Service (UPS) en 1986 para situar o seu centro de conexións europeo.

A finais dos 90 o aeroporto iniciou un programa de expansión. Construíronse varios aparcadoiros e unha segunda terminal, e no ano 2004 inaugurouse unha nova estación de tren de longa distancia. O aeroporto é propiedade da cidade de Colonia (31.12%), a República Federal Alemá (30.94%), o estado de Renania do Norte-Westfalia (30.94%), a cidade de Bonn (6.06%) e dous condados (0.94%).

Desenvolvemento nos anos 2000 editar

Coincidindo coa aparición de varias aeroliñas de baixo custo en Alemaña, Colonia/Bonn abriu novas competencias. Isto permitíulle facer ofertas competitivas ás aeroliñas. Grazas a iso Germanwings e TUIfly iniciaron as súas operacións no aeroporto como o seu centro de conexións no outono de 2002. Como resultado, o número de pasaxeiros en 2003 aumentou un 43% con respecto ao ano anterior. A estas aeroliñas uníronselles easyJet a finais de 2003 e Wizz Air en xuño de 2006.

Tamén as Forzas Armadas do Canadá comezaron a usar o aeroporto como unha zona de espera para mover tropas e subministracións en apoio de misións humanitarias e en posibles roles anti-terroristas.[3]

En 2006 a aeroliña brasileira BRA comezou a conectar Colonia co aeroporto de Río de Janeiro-Galeão dúas veces por semana, pero esta ruta desapareceu en abril de 2007 debido a problemas coa aeroliña. Tamén en 2006 iniciouse un voo transatlántico diárico ao aeroporto de Newark Liberty por parte de Continental Airlines operado cun Boeing 757-200. Esta ruta cesou o 4 de setembro de 2008 debido á redución do número de pasaxeiros.

As aeroliñas de baixo custo Ryanair e Norwegian Air Shuttle comezaron a operar dende Colonia/Bonn en maio de 2012. En abril do ano 2014 Ryanair anunciou a apertura da súa quinta base alemá no aeroporto para o mes de outubro dese ano.[4]

En decembro de 2014 Lufthansa anunciou que basearía as operacións de longo alcance de Eurowings en Colonia/Bonn, con voos cara Florida, Suráfrica e o océano Índico que comezarían cara o final de 2015.[5] Mentres tanto, Condor cancelou o seu servizo cara Varadero despois dunha única estación debido á competencia.[6]

En xuño de 2015 recibiu o premio ACI EUROPE ao mellor aeroporto entre 5 e 10 millóns de pasaxeiros.[7]

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Air Arabia Maroc Agadir,[8] Nador
Air VIA Chárter estacional: Varna
AtlasGlobal Estacional: Antalya, Istanbul-Sabiha Gökçen
Austrian Airlines Viena
Bulgarian Air Charter Chárter estacional: Burgas, Varna
Blue Air Bucarest, Iași
Condor Estacional: Palma de Mallorca (remata en novembro de 2017)
Chárter estacional: Dubai-Al Maktoum
Corendon Airlines Estacional: Antalya
Ellinair Estacional: Tesalónica
Eurowings Dresde, Funchal, Hamburgo, Milán-Malpensa, Praga
Eurowings Dublín, Edimburgo, Innsbruck,[9] Leipzig/Halle, Niza (comeza en decembro de 2017),[9] Tunes[9]
Estacional: Grenoble[10]
Eurowings
operado por Germanwings
Barcelona, Bari, Berlín-Tegel, Boloña, Budapest, Catania, Dresde, Dublín, Edimburgo, Gran Canaria, Hamburgo, Istanbul-Sabiha Gökçen, Klagenfurt, Larnaca, Leipzig/Halle, Lisboa, Londres-Heathrow, Londres-Stansted, Manchester, Marrakesh, Milán-Malpensa, Nador, Nápoles, Niza, Ordu-Giresun, Palermo, Palma de Mallorca, Praga, Pristina, Rijeka, Roma-Fiumicino, Salzburgo, Saraxevo, Split, Tesalónica, Tunes, Venecia, Viena, Zagreb, Zúric
Estacional: Antalya, Atenas, Bastia, Bodrum, Brindisi, Cagliari, Calvi, Casablanca, Corfú, Dubrovnik, Enfidha,[11] Faro, Fuerteventura, Heraclión, Eivisa, Esmirna, Xerez da Fronteira, Kavala, Cos, Lamezia Terme, Menorca, Múnic (comeza en marzo de 2018),[12] Míconos, Olbia, Pisa, Pula, Reiquiavik-Keflavík, Rodas, Santorini, Estocolmo-Arlanda, Sylt, Tánxer, Tenerife-Sur, Tirana, Varna, Verona, Zadar, Zante
Eurowings
operado por SunExpress Deutschland
Bangkok-Suvarnabhumi, Cancún, A Habana, Mauritius, Miami, Montego Bay,[13] Orlando,[14] Puerto Plata, Punta Cana, Varadero, Windhoek-Hosea Kutako[15]
Estacional: Cape Town (comeza en novembro de 2017),[16] Fort Myers (comeza en maio de 2018),[17] Las Vegas,[18] Seattle/Tacoma[19]
Chárter estacional: Barbados, La Romana, Santo Domingo
Flybe
operado por Stobart Air
Londres-Southend (remata en outubro de 2017)[20]
Freebird Airlines Chárter estacional: Antalya
Iran Air Teherán-Imán Khomeini
Lufthansa Múnic
Lufthansa Regional
operado por Lufthansa CityLine
Múnic
Norwegian Air Shuttle
operado por Norwegian Air International
Alacant, Málaga
Estacional: Gran Canaria, Tenerife-Sur
Nouvelair Estacional: Xerba, Enfidha
Onur Air Estacional: Antalya, Kayseri[21]
Pegasus Airlines Ancara, Istanbul-Sabiha Gökçen
Estacional: Adana, Antalya, Esmirna
Pobeda Moscova-Vnukovo
Ryanair Alacant, Barcelona, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Boloña (comeza en novembro de 2017),[22] Bristol (comeza en outubro de 2017),[22] Copenhague, Dublín, Gran Canaria, Londres-Stansted, Madrid, Málaga, Malta, Manchester (comeza en outubro de 2017),[22] Marrakesh (comeza en outubro de 2017),[23] Palma de Mallorca, Porto, Riga, Roma-Ciampino, Sevilla (comeza en outubro de 2017),[22] Sofía, Tenerife-Sur, Treviso (comeza en outubro de 2017),[22] Valencia, Vilnius (comeza en novembro de 2017),[22] Vitoria (comeza en outubro de 2017),[24] Varsovia-Modlin
Estacional: Corfú, Faro
SkyWork Airlines Berna (remata en outubro de 2017)[25]
Small Planet Airlines (Alemaña) Chárter: Fuerteventura, Gran Canaria, Palma de Mallorca, Tenerife-Sur
SunExpress Antalya, Esmirna
Estacional: Ordu-Giresun
SunExpress Deutschland Adana, Agadir, Ancara, Antalya, Bodrum, Fuerteventura, Gaziantep, Gazipasa, Gran Canaria, Hurghada, Esmirnar, Kayseri, Lanzarote, Marsa Alam, Palma de Mallorca, Sharm El Sheikh, Trebisonda
Estacional: Burgas, Dalaman, Fuerteventura, Paphos, Rodas, Varna
Chárter estacional: Nador
Tailwind Airlines Chárter estacional: Antalya
TAP Portugal
operado por TAP Express
Lisboa[26]
TUI fly Deutschland Antalya, Boa Vista, Gran Canaria, Fuerteventura, Funchal, Menorca, Sal, Tenerife-Sur
Estacional: Adana, Dalaman, Heraclión, Hurghada, Cos, Palma de Mallorca, Nador, Rodas, Samsun, Sundsvall, Tel Aviv-Ben Gurion
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk, Istanbul-Sabiha Gökçen
Wizz Air Cluj-Napoca, Craiova, Gdańsk, Katowice, Kíiv-Zhuliany, Košice, Skopje, Tuzla

Carga editar

A aeroporto de Colonia/Bonn é un gran centro de conexións mundial para o transporte de carga principalmente debido a que é un centro de conexións para FedEx Express e UPS Airlines.

Aeroliñas Destinos
ATRAN Moscova-Vnukovo
Cargojet Bruxelas, Halifax, Hamilton
EgyptAir Cargo O Cairo
FedEx Express Atenas, Memphis, Múnic, Shanghai-Pudong, Tel Aviv-Ben Gurion
FedEx Feeder
operado por ASL Airlines Ireland
París-Charles de Gaulle
MNG Airlines Istanbul-Atatürk, Leipzig/Halle, Paris–Charles de Gaulle[27]
Turkish Airlines Cargo Istanbul-Atatürk, Londres-Luton[28]
UPS Airlines Almati, Ancona, Barcelona, Budapest, Chicago-O'Hare, Dubai-Internacional, East Midlands, Helsinqui, Hong Kong, Londres-Stansted, Louisville, Madrid, Malmö, Moscova-Vnukovo, Bombai, Oslo-Gardermoen, París-Charles de Gaulle, Filadelfia, Roma-Ciampino, Shanghai-Pudong, Shenzhen, Singapur, Estocolmo-Arlanda, Taipei-Taoyuan, Tel Aviv-Ben Gurion, Valencia, Venecia, Viena, Varsovia-Chopin
UPS Airlines
operado por Bluebird Cargo
Cork, Edimburgo, Reiquiavik-Keflavík
UPS Airlines
operado por ASL Airlines Switzerland
Basilea/Mulhouse, Bucarest, Cardiff, Xenebra, Katowice, Liubliana, Praga, Sofía, Timișoara, Zagreb
UPS Airlines
operado por MNG Airlines
Istanbul-Atatürk
UPS Airlines
operado por Star Air
Dublín, Bérgamo, East Midlands, Lión, Marsella, Múnic, París-Charles de Gaulle, Porto
West Air Sweden Berlín-Schönefeld

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Flughafenverband (ed.). "ADV-Monatsstatistik" (PDF). Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  2. Airliners.de (ed.). "Sommerflugplan 2015: Sieben neue Ziele ab Flughafen Köln/Bonn". Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  3. The Globe and Mail (ed.). "MacKay secures German staging base for post-Afghan missions". Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  4. Airliners.de (ed.). "Ryanair eröffnet zum Winter Basis am Flughafen Köln-Bonn". Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  5. Routes Online (ed.). "Eurowings to Launch Long-Haul from Cologne under Lufthansa ‘Wings’ Project". Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  6. Aero Telegraph (ed.). "Köln im Zentrum der Schlacht". Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  7. Airports Council International (ed.). "ACI EUROPE Best Airport Award winners for 2015 announced". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  8. Routes Online (ed.). "Air Arabia Maroc launches Agadir base from Oct 2017". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Routes Online (ed.). "Eurowings continues Cologne network expansion in W17". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  10. Routes Online (ed.). "Eurowings new W17 routes as of 04MAY17". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  11. Routes Online (ed.). "Eurowings adds Cologne – Enfidha service from June 2017". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  12. http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274369/eurowings-s18-new-routes-as-of-17aug17/
  13. "Flight Cologne-Bonn - Montego Bay (Jamaica) in July 2017 - Eurowings". Consultado o 4 May 2017. 
  14. "Flight Cologne-Bonn - Orlando (Florida) in July 2017 - Eurowings". Consultado o 4 May 2017. 
  15. "Flight Cologne-Bonn - Windhoek in July 2017 - Eurowings". Consultado o 4 May 2017. 
  16. "Flight Cape Town - Cologne-Bonn from $259.99* - Eurowings". Consultado o 4 May 2017. 
  17. Ruane, Laura (7 July 2017). "RSW airport to gain nonstop flights to German cities of Munich, Cologne in May 2018". www.news-press.com. Consultado o 7 July 2017. 
  18. Marroquin, Art (2 June 2017). "New low-cost carrier to offer flights between Las Vegas, Germany". Las Vegas Review-Journal. Consultado o 3 June 2017. 
  19. "Flight Cologne-Bonn - Seattle in July 2017 - Eurowings". Consultado o 4 May 2017. 
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  21. "Onur Air schedules Kayseri seasonal routes in 3Q17 2016". routesonline. Consultado o 26 January 2017. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 22,5 "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Routesonline. Consultado o 5 March 2017. 
  23. 2017, UBM (UK) Ltd. "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Consultado o 4 May 2017. 
  24. "Ryanair route map". Ryanair. Consultado o 9 April 2017. 
  25. http://www.austrianaviation.net/detail/skywork-stellt-koelnbonn-frueher-ein/
  26. "TAP Portugal nimmt Köln-Bonn ins Programm auf". Airliners.de. 17 February 2017. Consultado o 17 February 2017. 
  27. "MNG AIRLINES - SERVICES". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 4 June 2015. 
  28. "Turkish Airlines Cargo Winter Schedule" (PDF). wwwdownload.thy.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2013. Consultado o 16 de setembro de 2017.