Abrir o menú principal

Aeroporto de Vitoria

O Aeroporto de Vitoria (en éuscaro: Gasteizko aireportua; IATA: VIT, OACI: LEVT) é un aeroporto xestionado por Aena, inaugurado en 1980. Sitúase a 8 km do centro da cidade de Vitoria, en terreos do antigo municipio de Foronda e moi preto dos pobos de Foronda e Andetxa, polo que recibiu no seu momento o nome de Aeroporto de Foronda. Debido á súa construción e por motivos de seguridade tívose que derrubar a localidade de Otaza, que quedaba ao final da pista e moi preto do perímetro do aeroporto.

Aeroporto de Vitoria
Aeropuerto de Vitoria / Gasteizko aireportua

Gasteizko Foronda aireportuaren barne-ikuspegia.jpg

IATA: VIT – ICAO: LEVT
Sumario
Tipo Público
Cidade/Illa Vitoria
Localización Vitoria
Elevación (msnm) 512,60 metros / 1 682 pés
Coordenadas 42°52′58″N 2°43′28″O / 42.88278, -2.72444
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
04/22 3 500x45 11 480x197 formigón
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 84 261
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 128,3%
Operacións 8 434
Aumento operacións Crecente (crecemento) 26%
Carga (ton.) 60 484
Aumento carga Crecente (crecemento) 16%
Fonte: AENA[1]

As instalacións construíronse co propósito de transportar a todos os viaxeiros de Áraba e zonas limítrofes dende Foronda. Non obstante non conseguiu desbancar aos aeroportos de Bilbao e Donostia, a pesar de ter unhas características operacionais superiores e moita mellor visibilidade e facilidade para a engalaxe e a aterraxe, xa que está situado nunha ampla chaira e posúe unha gran pista de aterraxe bidireccional (04/22) de 3,5 km de longo (conta, ademais, cun localizador ILS para a cabeceira 04). A pista conta ademais cunha rúa de rodaxe paralela, que axiliza a circulación de aeronaves polo aeroporto e reduce o tempo de ocupación da pista principal.

Aeroliñas e destinosEditar

PasaxeirosEditar

Aeroliñas Destinos
Ryanair Bérgamo, Colonia/Bonn (comeza en outubro de 2017), Sevilla (comeza en outubro de 2017), Tenerife-Sur

CargaEditar

Aeroliñas Destinos
ASL Airlines Belgium Liexa
DHL Aviation Alacant, Barcelona, Lisboa, Santiago de Compostela, Sevilla
DHL Aviation
operado por DHL Air UK
Leipzig/Halle
DHL Aviation
operado por European Air Transport Leipzig
Bruxelas
DHL Aviation
operado por Swiftair
Leipzig/Halle, East Midlands

NotasEditar

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 

Véxase taménEditar