Aeroporto de Donostia
O Aeroporto de Donostia (IATA: EAS, OACI: LESO) é un aeroporto xestionado por Aena situado no concello de Hondarribia (Guipúscoa), na fronteira de España con Francia, a 20 quilómetros da cidade de Donostia.
Aeroporto de Donostia Donostiako aireportua
Aeropuerto de San Sebastián | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | AENA | ||
Cidade/Illa | Donostia | ||
Localización | Hondarribia | ||
Elevación (msnm) | 4,90 metros / 16 pés | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 1.754x45 | 5.755x148 | asfalto |
Estatísticas (2013) | |||
Número de pasaxeiros | 244.952 | ||
Operacións | 6.237 | ||
Carga (ton.) | 20.416 |
Historia
editarO aeroporto foi inaugurado o 22 de agosto de 1955 e foi aberto oficialmente ao tráfico aéreo tanto nacional como internacional de turismo o 29 de agosto de 1955. A compañía aérea Aviaco foi a primeira en operar no aeroporto, a partir do 2 de setembro do mesmo ano. A pista orixinalmente medía 1.200 metros e a súa orientación era 05/23. Esa orientación obrigaba aos avións a sobrevoar territorio francés, o que supuxo as protestas inmediatas por parte do goberno galo. Ademais, a falta de instalacións obrigou a acondicionar como terminal de pasaxeiros unha fábrica de conservas próxima.
En xullo de 1957, o encontro entre delegacións española e francesa permitiu chegar a un acordo de límites para a explotación do aeroporto. Este acordo, que entrou en vigor en xuño de 1959, permitiu establecer as servidumes aeronáuticas do aeroporto pero impuxo a prohibición de usar o aeroporto por parte dos avións a reacción.
En xullo de 1961, concluíronse as obras de ampliación da pista, que pasa a ter 1.500 metros de lonxitude despois dos 1.200 iniciais.
Entre 1964 e 1965, ampliouse o aparcadoiro de avións, construíuse a torre de control e o aeroporto recibiu oficialmente o nome actual (aeroporto de San Sebastián). En 1967 comezaron os traballos para a construción da terminal de pasaxeiros, que se inaugurou en 1968. En decembro de 1969, o aeroporto pechouse ao tráfico para proceder a unha nova prolongación ata os actuais 1.754 metros.
O 18 de marzo de 1992, España e Francia asinaron un novo acordo. Con el, suprimíase a prohibición de voos de avións a reacción á vez que se limitaba o número cotián de movementos, fóra do horario nocturno.
Xa no século XX o goberno propuxo a ampliación da pista en 600 metros pero en xullo de 2006 o Ministerio de Fomento decidiu non ampliala. En xullo de 2009 presentouse un novo proxecto para ampliar a pista en 150 metros cara Irún e 50 metros cara ao mar. De momento as obras están paradas debido a crise económica do país.
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Iberia operado por Air Nostrum |
Madrid Estacional: Londres-Luton, Palma de Mallorca |
Vueling | Barcelona |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial do Aeroporto de Donostia na web de AENA Arquivado 25 de marzo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)