Aena
Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.
AENA | |
---|---|
Tipo | Estatal |
Fundación | 1990 |
Localización | Madrid, España |
Industria | Aviación |
Na rede | |
http://www.aena.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Funcións
editarConforme á lexislación vixente desenvolve as seguintes funcións:
- Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración dos aeroportos públicos de carácter civil, aeródromos, heliportos e demais superficies aptas para o transporte aéreo cuxa xestión se lle encomende e dos servizos afectos ós mesmos; a coordinación, explotación, conservación e administración das zonas civís das bases aéreas abertas ó tráfico civil.
- Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos nas infraestruturas e nas instalacións a que se refire a epígrafe anterior.
- Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración das instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e de control da circulación aérea.
- Proxecto, execución, dirección e control dos investimentos en infraestruturas, instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e control da circulación aérea.
- Proposta de planificación de novas infraestruturas aeronáuticas, así como de modificacións da estrutura do espazo aéreo.
- Desenvolvemento dos servizos de orde e seguridade nas instalacións que xestione, así como a participación nas ensinanzas específicas relacionadas có transporte aéreo e suxeitas ó outorgamento de licenza oficial, todo sen detrimento das atribucións asinadas á Dirección Xeral de Aviación Civil.
Filiais
editarAena xestiona a través da filial Aena Desenvolvemento Internacional (100%), participacións en aeroportos de México, Estados Unidos, Cuba, Colombia, Bolivia, Reino Unido e Suecia. Tamén ten participacións en Enxeñería e Economía do Transporte (INECO) (61%), Centros Loxísticos Aeroportuarios (CLASA) (100%), Restauración de Aeroportos Españois (RAESA) (49%) e Axencia Metropolitana de Desenvolvemento Urbanístico e de Infraestruturas (Barcelona Rexional) (11,76%).
Aeroportos
editarAena explota todos os aeroportos de interese público de España, así como a navegación aérea nalgúns privados e algunhas bases aéreas en réxime mixto co Exército de España. Ademais, cabe destacar o Heliporto de Ceuta e o Heliporto de Alxeciras, os únicos heliportos da rede.
Os aeroportos españois que xestiona rexistraron as seguintes cifras de pasaxeiros en 2009
Pasaxeiros (2009)
editarCarga
editar- Aeroporto de Madrid-Barajas (329 186 631 Tm.)
- Aeroporto de Barcelona-El Prat (103 996 489 Tm.)
- Aeroporto de Vitoria (34 989 727 Tm.)
- Aeroporto de Gran Canaria (33 695 248 Tm.)
- Aeroporto de Zaragoza (21 438 894 Tm.)
- Aeroporto de Palma (21 395 791 Tm.)
- Aeroporto de Tenerife Norte (20 781 674 Tm.)
- Aeroporto de Valencia (13 325 799 Tm.)
- Aeroporto de Tenerife Sur (8 567 093 Tm.)
- Aeroporto de Sevilla (6 102 264 Tm.)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aena |
Ligazóns externas
editar- Aena (en castelán)