Heliporto de Ceuta
O Heliporto de Ceuta é un heliporto público situado no porto da cidade autónoma española de Ceuta. Inaugurado o 9 de xaneiro de 2014, foi o primeiro heliporto construído e xestionado por Aena.
Heliporto de Ceuta Helipuerto de Ceuta
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario/Operador | Aena | ||
Cidade/Illa | Ceuta | ||
Localización | Porto de Ceuta | ||
Elevación (msnm) | 2 metros / 6.56 pés | ||
Coordenadas | 35°53′33″N 05°18′21″O / 35.89250, -5.30583 | ||
Web | |||
Heliporto(s) | |||
Número | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
H07/H25 | 253x42 | 830x138 | Asfalto |
Estatísticas (2011) | |||
Pasaxeiros | 46.754 | ||
Carga | 1.180 kg | ||
Operacións | 5.128 |
Actúa como substituto do aeroporto que debería ter a cidade e que non se puido construír por falta de espazo e de acordo con Marrocos.
Instalacións
editarAs instalacións que o compoñen son unha plataforma de estacionamento de helicópteros, un edificio terminal de dúas plantas, unha central eléctrica e un edificio para o servizo de salvamento e extinción de incendios.
Destinos
editarActualmente existen rutas que conectan co heliporto de Alxeciras e o aeroporto de Málaga-Costa del Sol, onde se pode conectar coas numerosas rutas deste aeroporto.