Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat

aeroporto
(Redirección desde «Aeroporto de Barcelona-El Prat»)

O Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat (IATA: BCNOACI: LEBL) é un aeroporto español da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Madrid-Barajas,[2] co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo.[3] Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.

Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat
Aeroport Josep Tarradellas Barcelona - El Prat

IATA: BCN – ICAO: LEBL
Sumario
Tipo Público
Propietario Aena
Cidade/Illa Barcelona
Localización El Prat de Llobregat
Elevación (msnm) 4 metros / 14 pés
Coordenadas
Web http://www.aena.es/es/aeropuerto-barcelona/index.html
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
7L/25R 3 743 12 281 formigón asfáltico
7R/25L 2 660 8 727 formigón asfáltico
02/20 2 540 8 334 formigón asfáltico
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 47 284 500
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 7,1%
Operacións 323 539
Aumento operacións Crecente (crecemento) 5,1%
Carga (tons) 156 105
Aumento carga Crecente (crecemento) 14,9%
Fonte: AENA[1]

Historia

editar

O primeiro campo de aviación de Barcelona situouse en El Remolar (Viladecans) en 1916 en terreos dunha granxa avícola chamada La Volatería, da que tomou o seu nome. Dous anos máis tarde un novo campo de aviación foi aberto en El Prat de Llobregat a uns centos de metros da anterior localización. O primeiro avión en aterrar foi un Latecoere Salmson 300 da liña de Pierre-Georges Latécoère, que chegou de Tolosa con destino final Casablanca. O aeroporto foi utilizado como sede do Aeroclub de Cataluña e como base para a frota de Zeppelin e hidroavións da Armada e do Exército de Terra Español. Os servizos comerciais regulares comezaron en 1927 coa liña de Iberia que o unía co Aeroporto de Cuatro Vientos de Carabanchel Alto. Esta liña foi a primeira liña de Iberia.

Na década de 1940 decidiuse ampliar o aeroporto, para o que entre 1941 e 1946 realizáronse unha serie de obras para unir os dous aeródromos. En 1948 estreouse a pista 07-25 e operou o primeiro voo intercontinental operado pola aeroliña Pan American a Nova York con avións Lockheed Constellation. Entre 1948 e 1952 construíuse unha segunda pista perpendicular á anterior, así como rúas de rodaxe e unha terminal para atender aos pasaxeiros. En 1963 alcanzouse o millón de pasaxeiros anuais e dous anos máis tarde volveuse a ampliar a pista principal e engadíuselle unha rúa de rodaxe con rúas de saída rápida. Ese mesmo ano tamén se construíu unha torre de control e unha nova plataforma de estacionamento de aeronaves. En 1968 abriuse unha nova terminal que actualmente é o á máis vella da terminal T2B.

O día 3 de agosto de 1970 a compañía aérea Pan American inaugurou unha liña regular entre Barcelona-El Prat, Lisboa e Nova York operada cun Boeing 747SP. O 4 de novembro Iberia iniciou o servizo de ponte aérea entre Barcelona-El Prat e Madrid-Barajas. Poucos anos máis tarde, en 1976, inaugurouse unha terminal específica para esta ruta, unha terminal exclusiva para carga, un servizo anexo de correos e unha plataforma de estacionamento para avións de carga aérea. No ano 1977 o aeroporto supera os 5 millóns de pasaxeiros anuais.

Desde finais dos setenta ata principios dos noventa o aeroporto estivo estancado tanto en tráfico como investimentos ata que a preparación para os Xogos Olímpicos de 1992 impulsou unha nova reforma que consistiu na modernización e ampliación da terminal existente naquel momento (terminal B) e a construción das outras dúas (terminais A e C) que xa incorporaban pasarelas de acceso directo ao avión. Esta reforma foi deseñada polo arquitecto Ricardo Bofill Levi. En 1996 inaugúrase a nova torre de control tamén deseñada por Ricardo Bofill Levi.

Debido á forte baixada do tráfico aéreo que se sufriu logo de 1999 e a crise do sector aéreo en 2001, desviáronse a Barcelona-El Prat moitas operacións chárter que se realizaban nos aeroportos de Xirona e Reus, o cal axudou ao aeroporto a aguantar a crise.

Ata o 6 de xuño de 2011, o aeroporto chamábase oficialmente Aeroporto de Barcelona, na que o Ministerio de Fomento ante as presións do Concello de El Prat de Llobregat decide cambiar o nome oficial polo de Aeroporto de Barcelona-El Prat.

Aeroliñas e destinos

editar

Pasaxeiros

editar
 
Boeing 777 de American Airlines aterrando en Barcelona
 
Airbus A319 de Czech Airlines aterrando en Barcelona
 
Airbus A380 de Emirates aterrando en Barcelona
 
Airbus A320 de Monarch Airlines rodando
 
Airbus A320 de Vueling aterrando en Barcelona
Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Atenas
Aer Lingus Dublín
Estacional: Cork
Aeroflot Moscova-Sheremetyevo
Aeroflot
operado por Rossiya Airlines
San Petersburgo
Estacional: Moscova-Vnukovo[4]
Aerolíneas Argentinas Buenos Aires-Ezeiza
Air Algérie Alxer, Orán
Air Arabia Maroc Fez, Casablanca, Nador, Tánxer
airBaltic Riga
Air Canada Rouge Toronto-Pearson
Estacional: Montreal-Trudeau
Air China Pequín-Capital, Shanghai-Pudong,[5] Viena
Air Europa Almería, Madrid, Menorca, Palma de Mallorca, Tenerife-Norte
Estacional: Lanzarote
Air France París-Charles de Gaulle
Air Moldova Chișinău
Air Transat Estacional: Montreal-Trudeau, Toronto-Pearson
Alitalia Milán-Linate, Roma-Fiumicino
Alitalia
operado por Alitalia CityLiner
Milán-Linate
American Airlines Miami, Nova York-JFK
Estacional: Charlotte, Chicago-O'Hare,[6] Filadelfia
Arkia Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion
Armenia Aircompany Iereván
Atlantic Airways Estacional: Vágar
Avianca Bogotá
Azerbaijan Airlines Estacional: Baku
Azores Airlines Boston, Ponta Delgada[7]
Belavia Minsk
Blue Air Bucarest, Iași
British Airways Londres-Gatwick, Londres-Heathrow
British Airways
operado por BA CityFlyer
Chárter estacional: Edimburgo, Glasgow
Brussels Airlines Bruxelas
Bulgaria Air Sofía
Cathay Pacific Estacional: Hong Kong[8]
CityJet Chárter estacional: Belfast-Internacional[9]
Chalair Aviation Estacional: Limoges
Croatia Airlines Zagreb
Croatia Airlines
operado por Trade Air
Zagreb
Czech Airlines Praga
Delta Air Lines Nova York-JFK
Estacional: Atlanta
EasyJet Basilea/Mulhouse, Berlín-Schönefeld, Bordeos, Bristol, Xenebra, Liverpool, Londres-Gatwick, Londres-Luton, Londres-Southend, Lión, Milán-Malpensa, Nápoles, Newcastle upon Tyne, Niza, París-Charles de Gaulle
Estacional: Belfast-Internacional
EasyJet Switzerland Basilea/Mulhouse, Xenebra
EgyptAir O Cairo
El Al Tel Aviv-Ben Gurion
Emirates Dubai-Internacional
Eurowings Düsseldorf, Viena
Eurowings Múnic (comeza en outubro de 2017)[10]
Eurowings
operado por Germanwings
Berlín-Tegel, Colonia/Bonn, Düsseldorf, Hamburgo, Hannover, Stuttgart
Finnair Helsinqui
Georgian Airways Tbilisi[11]
Iberia Madrid
Iberia Regional
operated by Air Nostrum
Badaxoz, León, Melilla, Valencia
Estacional: Pamplona
Icelandair Estacional: Reiquiavik-Keflavík
Ikar Airlines Estacional: Moscova-Sheremetyevo
Israir Airlines Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion
Jet2.com Manchester
Estacional: Glasgow, Leeds/Bradford
KLM Ámsterdam
Korean Air Seul-Incheon
LATAM Brasil São Paulo-Guarulhos
LATAM Perú Lima
Level Buenos Aires-Ezeiza, Oakland, Punta Cana
Estacional: Os Ánxeles
LOT Polish Airlines Varsovia-Chopin
Lufthansa Frankfurt, Múnic
Lufthansa Regional
operado por Lufthansa CityLine
Estacional: Múnic
Luxair Luxemburgo
Mahan Air Teherán-Imán Khomeini[12]
Nordwind Airlines Estacional: Arkhangelsk, Belgorod, Cheliabinsk, Ekaterimburgo, Kazán, Khabarovsk, Krasnodar, Mineralnie Vody, Monastir, Moscova-Sheremetyevo, Moscova-Vnukovo, Murmansk, Nizhnekamsk, Nizhnii Novgorod, Novosibirsk, Oremburgo, Perm, Samara, Syktyvkar, Tyumen, Ufa, Volgogrado, Voronezh
Norwegian Air Shuttle
operado por Norwegian Air International
Billund, Birmingham, Copenhagen, Düsseldorf, Gotemburgo, Gran Canaria, Helsinqui, Londres-Gatwick, Oslo-Gardermoen, Reiquiavik-Keflavík, Estocolmo-Arlanda, Tel Aviv-Ben Gurion, Tenerife-Norte
Estacional: Bergen, Dubrovnik, Edimburgo, Hamburgo, Manchester, Palma de Mallorca, Stavanger, Trondheim, Varsovia-Chopin
Norwegian Air Shuttle
operated by Norwegian Long Haul[13]
Fort Lauderdale, Os Ánxeles, Newark, Oakland
Orange2Fly
operado por Norwegian Air International
Birmingham
Pakistan International Airlines Islamabad, Lahore
Pegasus Airlines Istanbul-Sabiha Gökçen
Peoplefly Estacional: L'Alguer, Trapani
Plus Ultra Líneas Aéreas A Habana, Madrid
Primera Air Estacional: Billund, Copenhague, Reiquiavik-Keflavík, Estocolmo-Arlanda
Charter: Pori[14]
Qatar Airways Doha
Royal Air Maroc Casablanca
Estacional: Tánxer
Royal Flight Chárter estacional: San Petersburgo, Ekaterimburgo
Royal Jordanian Amán-Raíña Alia
Ryanair Beauvais, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Birmingham, Boloña, Bruxelas, Budapest, Charleroi, Colonia/Bonn, Dublín, East Midlands, Edimburgo, Fez, Frankfurt (comeza en outubro de 2017),[15] Fuerteventura, Gran Canaria, Hamburgo, Eivisa, Xerez da Fronteira, Cracovia (comeza en outubro de 2017),[16] Lanzarote, Liverpool, Londres-Stansted, Luxemburgo (comeza en outubro de 2017),[16] Málaga, Manchester, Marrakesh, Menorca, Nador, Nápoles, Palma de Mallorca, Porto, Praga (comeza en outubro de 2017),[16] Prestwick, Roma-Fiumicino, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Sofía, Estocolmo-Skavsta, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur, Treviso, Turín, Valladolid, Venecia (comeza en outubro de 2017),[16] Vigo, Vilnius, Varsovia-Modlin
S7 Airlines Moscova-Domodedovo
Scandinavian Airlines Copenhague, Oslo-Gardermoen
Estacional: Bergen, Stavanger, Estocolmo-Arlanda, Trondheim
Singapore Airlines Singapura
SkyWork Airlines Estacional: Berna
Small Planet Airlines Seasonal charter: Vilnius
Small Planet Poland Estacional: Lublin[17] Varsovia-Chopin
Sun D'Or
operado por El Al
Tel Aviv-Ben Gurion
Swiss International Air Lines Xenebra, Zürich
Swiss International Air Lines
operated by Swiss Global Air Lines
Xenebra
TAP Portugal Lisboa
TAP Portugal
operated by TAP Express
BEJA
TAROM Bucarest
Transavia Ámsterdam, Eindhoven, Rotterdam/A Haia
Transavia France París-Orly
Travel Service
operated by SmartWings
Estacional: Praga
TUI fly Belgium Anveres, Ostende/Bruxas
Tunisair Tunes
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk, Istanbul-Sabiha Gökçen
Ukraine International Airlines Kíiv-Boryspil
United Airlines Newark
Estacional: Washington-Dulles
Ural Airlines Moscova-Domodedovo
Estacional: San Petersburgo, Ekaterimburgo
Volotea Seasonal charter: Jersey
Vueling A Coruña, Alxer, Alacant, Almería, Ámsterdam, Asturias, Atenas, Banjul, Basilea/Mulhouse, Beirut, Bergen, Berlín-Tegel, Bilbao, Birmingham, Boloña, Bordeos, Brindisi, Bruxelas, Catania, Copenhague, Dakar, Dublín, Dubrovnik, Düsseldorf, Edimburgo, Eindhoven, Fez, Florencia, Fuerteventura, Xenebra, Gran Canaria, Granada, Hamburgo, Hannover, Helsinqui,[18] Eivisa, Xerez da Fronteira, La Palma, Lanzarote, Lille, Lisboa, Londres-Gatwick, Londres-Luton, Lión, Madrid, Málaga, Manchester, Marrakesh, Marsella, Menorca, Milán-Malpensa, Moscova-Domodedovo, Múnic, Nador, Nantes, Nápoles, Niza, Orán, Oslo-Gardermoen, Palermo, Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle, París-Orly, Pisa, Porto, Praga, Rennes, Reiquiavik-Keflavík, Roma-Fiumicino, Rotterdam/A Haia, San Petersburgo, San Sebastián, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Estocolmo-Arlanda, Stuttgart, Tánxer, Tel Aviv-Ben Gurion, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur, Tolosa, Turín, Valencia, Valladolid, Venecia, Viena, Vigo, Varsovia-Chopin, Zürich
Estacional: Aalborg, Bari, Bastia, Belgrado, Brest, Bucarest, Budapest, Cagliari, Cardiff, Casablanca, Cluj-Napoca, Corfú, Faro, Funchal, Xénova, Gotemburgo, Heraclión, Kaliningrado, Kíiv-Zhulyany, Cracovia, Larnaca, Luxemburgo, Malta, Minsk, Míconos, Nürnberg, Olbia, Santorini, Split, Talín, Tesalónica, Tunes, Zadar, Zagreb
Windrose Airlines Estacional: Kíiv-Boryspil
Wizz Air Bucarest, Budapest, Chișinău, Cluj-Napoca, Craiova, Gdańsk, Katowice, Poznań, Riga, Skopje, Sofía, Timişoara, Vilnius, Varsovia-Chopin
WOW air Estacional: Reiquiavik-Keflavík
Aeroliñas Destinos
ASL Airlines Belgium Bruxelas, Liexa
Atlas Air Bombai,Bangalore
Cargolux Hong Kong, Baku, Luxemburgo
DHL Aviation Vitoria
Emirates SkyCargo Dubai-Al Maktoum
FedEx Express París-Charles de Gaulle
Lufthansa Cargo Frankfurt
Swiftair Madrid
Estacional: Palma de Mallorca
ULS Airlines Cargo Istanbul-Atatürk
UPS Airlines Colonia/Bonn, Valencia
  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  2. O Aeroporto de Palma posúe puntas de tráfico moito maiores no verán que o Aeroporto de Barcelona, pero o cómputo global anual é lixeiramente inferior
  3. [1] Arquivado 18 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. Nota de prensa da noticia
  4. Routes Online (ed.). "Rossiya adds Moscow Vnukovo – Barcelona seasonal service in S17". Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  5. Routes Online (ed.). "Air China schedules Shanghai – Barcelona May 2017 launch". Consultado o 29 de abril de 2018. 
  6. Routes Online (ed.). "American adds new International routes in S17". Consultado o 29 de abril de 2018. 
  7. El Nacional (ed.). "Azores Airlines conectará Barcelona y Boston". Consultado o 29 de abril de 2018. 
  8. 2017, UBM (UK) Ltd. "Cathay Pacific adds Barcelona service from July 2017". 
  9. Wilkie, Kirsty. "Belfast Charter Programme to Freedom of the Seas". www.nitravelnews.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  10. 2017, UBM (UK) Ltd. "Eurowings W17 new short-haul routes as of 23MAR17". 
  11. "Georgian Airways operará la primera ruta entre España y Georgia". Easyviajar. 
  12. "Mahan Air plans Barcelona June 2017 launch". Routesonline. Consultado o 10 de marzo de 2017. 
  13. "Barcelona tindrà vol directe amb Silicon Valley per primera vegada". 
  14. "All airlines flying from Barcelona (BCN) to Pori (POR).". FlightMapper. Consultado o 9 de maio de 2017. 
  15. "RyanAir introduces Winter plane 2017/2018 from Frankfurt Am Main Vor". RyanAir. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Routesonline. Consultado o 5 de marzo de 2017. 
  17. 2017, UBM (UK) Ltd. "Small Planet expands Lublin service in S17". 
  18. Spanish airline Vueling will add more flights to Helsinki in winter season 2017–2018 luchtzak.be. 25 de agosto de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar