Aerolíneas Argentinas

Aerolíneas Argentinas S.A. é a aeroliña máis grande da Arxentina é actúa como a aeroliña nacional dese país. Na súa maioría é propiedade do goberno arxentino e ten a súa sede na Torre Bouchard, localizada en San Nicolás, Buenos Aires. A aeroliña fundouse en 1949 tras a fusión de catro compañías e comezou a operar en decembro de 1950. Un consorcio liderado por Iberia tomou o control da aeroliña en 1990 e o Grupo Marsans mercouna, xunto coas subsidiarias, en 2001, tras un período de graves dificultades económicas que estiveron a piques de pechar a compañía. Dende finais de 2008 Aerolíneas Argentinas pertende ao goberno arxentino.

Aerolíneas Argentinas
IATA
AR
OACI
ARG
Indicativo
ARGENTINA
Fundación14 de maio de 1949
Inicio das operacións7 de decembro de 1950
Aeroporto principalAeroparque Jorge Newbery
Plan de voo frecuenteAerolíneas Plus
AlianzaSkyTeam
Frota50
Destinos58
Holdinggoberno da Arxentina
Eslogan da compañíaAlta en el cielo
SedeBuenos Aires
Páxina web: aerolineas.com.ar

Aerolíneas Argentinas Cargo, a aeroliña rexional Austral Líneas Aéreas, a compañía de servizos aeroportuarios Aerohandling, a división de carga JetPaq S.A. e o operador turístico Optar S.A. son subsidiarias de Aerolíneas Argentinas.

A aeroliña e as súas subsidiarias operan dende dous centros de actividade, localizados en Buenos Aires. Os voos domésticos concéntranse no Aeroparque Jorge Newbery, e os servizos internacionais lévanse a cabo dende o Aeroporto Internacional Ministro Pistarini, aínda que tamén se realizan dende aí algúns servizos rexionais. A compañía proporciona transporte gratuíto aos pasaxeiros que teñen que cambiar dun aeroporto ao outro.

En febreiro de 2016 a frota de Aeroliñas Argentinas estaba composta polas seguintes aeronaves:[1][2]

Frota de Aerolíneas Argentinas
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A330-200 8 2 24 248 272
Boeing 737-700 8 8 120 128
Boeing 737-800 29 8 162 170
Boeing 737 MAX 8 5 7 8 162 170
Total 50 9
  1. "Flota / Fleet". www.aerolineas.com.ar. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-14. 
  2. "Aerolineas Argentinas Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2022-02-14. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar