Aeroporto de Jersey

O aeroporto de Jersey (IATA: JEROACI: EGJJ) é un aeroporto menor británico situado na parroquia de Saint Peter, a 7,4 quilómetros ao oeste de Saint Helier en Jersey, nas illas da Canle.

Aeroporto de Jersey
Jersey Airport

IATA: JER – ICAO: EGJJ
Sumario
Tipo público
Operador Jersey Airport
Cidade/Illa Jersey
Elevación (msnm) 84 metros / 277 pés
Coordenadas Coordenadas: 49°12′29″N 2°11′43″O / 49.208055555556, -2.1952777777778
Web http://www.jerseyairport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
08/26 1 706 5 597 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 1 614 705[1]

Historia editar

Os servizos aéreos a Jersey antes de 1937 consistían en avións de pasaxeiros biplanos e algúns hidroavións que amaraban na praia da baía de Saint Aubin. Jersey Airways e Imperial Airways estaban entre as aeroliñas que operaban na illa antes da segunda guerra mundial, pero as condicións eran difíciles e os horarios dependían das mareas. Tamén era difícil previr aos habitantes para que non cruzasen a zona de aterraxe, e calquera avión cun problema mecánico tiña que ser arrastrado ás bancadas ata que a marea retrocedese.

O Estados de Jersey decidiron construír un aeroporto que se inauguraría o 10 de marzo de 1937 con catro pistas de herba, tendo a máis grande delas 896 metros cunha liña central de formigón. Durante a ocupación por parte da Luftwaffe durante a guerra, engadíronse pistas de rodadura de formigón. A Luftwaffe tamén construíu hangares e un deles, o hangar de Jersey Airlines, aínda existe a día de hoxe aínda que sen uso. No ano 1952 inaugurouse unha pista de tarmac de 1 280 metros e pecháronse as pistas de herba. Unha característica do aeroporto nos anos 50 foi o sistema de control de tráfico; colocáronse semáforos para evitar que os coches usasen a estrada de Les Quennevais ao aeroporto cando os avións se trasladaban dende ou cara ao hangar usado por B.E.A.

A pista alongouse varias veces ao longo dos anos, acadando a súa lonxitude actual de 1 690 metros no ano 1976. Anos despois engadíronse máis pistas de rodadura para mellorar o acceso cara a un dos extremos da pista. Porén, debido á súa restrinxida lonxitude, en outubro de 2007 Thomsonfly anunciou que eliminaría algúns servizos cando introducise o máis grande Boeing 737-800 á súa frota.[2] A pista 09/27, designada así en 1952, cambiou a súa designación a 08/26 en outubro de 2014 debido a un cambio nos polos magnéticos da Terra.[3]

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Aer Lingus Regional
operado por Stobart Air
Estacional: Dublín
Austrian Airlines Chárter estacional: Viena[4]
British Airways Londres-Gatwick
easyJet Glasgow, Liverpool, Londres-Gatwick
Estacional: Belfast-Internacional, Londres-Luton, Londres-Southend, Newcastle upon Tyne
Eurowings Estacional: Hamburgo (comeza en maio de 2018)[5]
Eurowings
operado por Germanwings
Estacional: Düsseldorf
Flybe Birmingham, Cardiff, Doncaster/Sheffield, East Midlands,[6] Exeter, Guernsey, Manchester, Southampton
Estacional: Aberdeen, Durham/Tees Valley, Düsseldorf, Edimburgo, Xenebra, Glasgow, Humberside, Inverness, Norwich
Chárter estacional: Málaga
Flybe
operado por Blue Islands[7]
Bristol, Guernsey, Londres-City, Southampton
Chárter estacional: Zúric
Germania Chárter estacional: Faro, Madeira, Porto
Jet2.com Estacional: Leeds/Bradford
Loganair Estacional: Norwich
Lufthansa Regional
operado por Lufthansa CityLine
Estacional: Múnic
Primera Air Chárter estacional: Billund, Copenhague
SkyWork Airlines Estacional: Basilea/Mulhouse, Berna
Volotea Chárter estacional: Barcelona, Palma de Mallorca, Tenerife-Sur
Waves Chárter: Guernsey

Carga editar

Aeroliñas Destinos
Atlantic Airlines East Midlands, Guernsey

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Aircraft and passenger traffic data for UK airports". Consultado o 24 de novembro de 2017. 
  2. BBC (ed.). "Airline cuts back island flights". Consultado o 24 de novembro de 2017. 
  3. BBC (ed.). "Jersey airport runway re-named as magnetic pole shifts". Consultado o 24 de novembro de 2017. 
  4. Austrian Airlines (ed.). "Timetable: Wien - Jersey". Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  5. Eurowings (ed.). "New routes". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  6. Jersey Airport (ed.). "Flybe Announces Winter 2017-2018 Schedule from Jersey". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  7. ITV (ed.). "Blue Islands flights to be run through Flybe". Consultado o 15 de febreiro de 2018.