Stobart Air

Stobart Air é unha aeroliña rexional da República de Irlanda con sede en Dublín e que opera en Irlanda, Reino Unido, Francia e a Illa de Man baixo as marcas de Aer Lingus Regional, BA CityFlyer e KLM Cityhopper. Stobart Air ten bases operativas en Cork, Dublín e a Illa de Man para Aer Lingus Regional. A aeroliña ten 570 empregados.

Stobart Air
IATA
RE
OACI
STK
Indicativo
STOBART
Fundación19 de marzo de 2014
Frota18
Destinos20
Páxina web: https://stobartair.com

Fundouse como Aer Arann en 1970 pero no ano 2014 refinanciouse e cambiou o seu nome a Stobart Air. Aer Arann foi unha aeroliña rexional tamén baseada en Dublín que operaba servizos regulares en nome de Aer Lingus Regional.

HistoriaEditar

Aer ArannEditar

Aer Arann foi fundada en 1970 por James Coen e Ralph Langa para proporcionar servizos entre Galway e as Oileáin Árann na costa oeste de Irlanda. O seu primeiro voo foi no mes de agosto dese ano entre Galway e Inis Mór usando un Britten-Norman Islander.

Nos anos 80, a compañía ampliou os seus servizos coa liña entre Galway e Dublín. En 1994 Padraig O’Ceidigh e Eugene O'Kelly mercaron a compañía, comezando un período de maior expansión. En 1998 creouse a liña Sligo-Dublín.

No 2002 comezaron os servizos ao Reino Unido e Jersey coas liñas entre Cork e Birmingham. Seguindo o éxito das rutas co Reino Unido, no 2004 a compañía introduciu o servizo entre Galway, Waterford e Cork con Lorient, o primeiro paso da aeroliña irlandesa na Europa continental. Tamén no 2004 establecéronse voos con Nantes, tamén en Bretaña.

En 2008 Aer Arann asinou un acordo de franquía con Nex Aviation e comezou a voar a Ámsterdam, Bordeos, Málaga e Faro usando avións British Aerospace 146 durante os meses de verán. O servizo a Ámsterdam, operado cun ATR 72-500, rematou o 14 de xaneiro de 2009.

FrotaEditar

Frota actualEditar

En agosto do 2010 a frota de Aer Arann estaba formada por un total de 12 avións:

Frota históricaEditar