BA CityFlyer é unha aeroliña subsidiaria de British Airways. Ten a súa sede en Didsbury, Manchester. Opera unha rede de servizos domésticos e europeos dende a súa base principal no aeroporto da Cidade de Londres. No ano 2016 BA Cityflyer tamén comezou a operar dende o aeroporto de Londres-Stansted. En 2017 BA Cityflyer iniciou servizos dende Manchester, Birmingham e Bristol, regresando así British Airways a estas rexións despois de 10 anos de ausencia. Todos os seus servizos operan coas cores, nome e números de voo da súa aeroliña nai.

BA CityFlyer
IATA
CJ
OACI
CFE
Indicativo
FLYER
Fundación25 de marzo de 2007
Plan de voo frecuenteExecutive Club
AlianzaOneworld (afiliada)
Frota20
Destinos26
HoldingBritish Airways
Páxina web: https://www.britishairways.com

BA Cityflyer Limited ten unha licenza de operación tipo A da Autoridade Civil de Aviación británica, o que lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[1]

En decembro de 2020 a frota de BA CityFlyer estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de BA CityFlyer
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Embraer 170 2 76
Embraer 190 22 2 98
Total 24 2


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Airline licence holders". Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  2. "BA CityFlyer Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-22.