Aeroporto de Inverness

O aeroporto de Inverness (IATA: INVOACI: EGPE) é un aeroporto internacional escocés situado en Dalcross, a 13 quilómetros ao nordés da cidade de Inverness. É propiedade de Highlands and Islands Airports Limited (HIAL). O aeroporto é a principal porta de entrada ao norte de Escocia, e opera varios servizos regulares a distintas partes do Reino Unido e algúns máis limitados á Europa continental. Tamén operan de cando en vez voos chárter e de carga cara ao Reino Unido e Europa. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 783 017 pasaxeiros.[1]

Aeroporto de Inverness
Port-adhair Inbhir Nis
Inverness Airport

IATA: INV – ICAO: EGPE
Sumario
Propietario/Operador Highlands and Islands Airports Limited
Cidade/Illa Inverness
Localización Dalcross
Elevación (msnm) 9 metros / 31 pés
Coordenadas
Web invernessairport.co.uk/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 1 887 6 191 asfalto
12/30 700 2 297 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 783 017

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
British Airways Londres-Heathrow
easyJet Bristol, Londres-Gatwick, Londres-Luton
Edelweiss Air Estacional: Zürich (comeza en xullo de 2018)[2]
Flybe Belfast-City, Birmingham
Estacional: Jersey
Helvetic Airways Estacional: Zürich
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
Loganair Benbecula, Kirkwall, Stornoway, Sumburgh
Loganair
operado por BMI Regional
Dublín, Manchester
TUI Airways
operado por Air Europa
Estacional: Palma de Mallorca

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Aircraft and passenger traffic data for UK airports". Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  2. Routes Online (ed.). "Edelweiss S18 short-/mid-haul changes as of 05JUL17". Consultado o 27 de decembro de 2017.