Flybe é a aeroliña rexional independente máis grande de Europa. Está baseada en Exeter e opera máis voos domésticos no Reino Unido que calquera outra compañía. Transporta ao redor de 7 millóns de pasaxeiros anualmente en 149 rutas a 62 destinos de 9 países, conectando con centros de conexión de longa distancia en Manchester, Birmingham, París, Dublín e Ámsterdam. É membro da European Regions Airline Association.[1] A compañía nai de Flybe é Flybe Group PLC (anteriormente coñecida como Walker Aviation Limited), que cotiza na bolsa de Londres.

Flybe
IATA
BE
OACI
BEE
Indicativo
JERSEY
Fundación1 de novembro de 1979 (como Jersey European Airways)
Plan de voo frecuenteAvios
Frota84
Destinos102
HoldingFlybe Group PLC
Eslogan da compañíaThe Fastest Way From A to Flybe.... Faster than road or rail
Sede
Páxina web: http://flybe.com/

A aeroliña naceu en 1979 como Jersey European Airways tras a fusión de Intra Airways e Express Air Services. No ano 1983 foi vendida ao Walker Steel Group, que tamén era dona de Spacegrand Aviation, e as dúas aeroliñas uníronse baixo o nome de Jersey European en 1985. Jersey European foi rebautizada como British European no ano 2000 (acurtado a "BE"), e recibiu o seu nome actual en 2002.

En xullo de 2017 a frota de Flybe estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Flybe
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
ATR 72-600 5 2 70 Operados por Scandinavian Airlines.[3][4]
Bombardier Dash 8 Q400 59 78 Dous operados por Brussels Airlines. Seis serán retirados en 2017.[5]
Embraer 175 11 4 88 Entregas dende 2019.[6][7]
Embraer 195 9 118 Dous operados por Stobart Air.[8] 3 deixarán a frota en xuño de 2018.[9]
Total 84 6

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. European Regions Airline Association (ed.). "Flybe joins ERA, the voice of European regional aviation" (PDF). Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  2. Civil Aviation Authority (ed.). "GINFO Search Results Summary". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  3. SAS Group (ed.). "SAS signs agreement with Flybe". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  4. ch-aviation (ed.). "Flybe. leasing an additional ATR72 for SAS operations". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  5. BBC (ed.). "Flybe promises overhaul after £20m loss". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  6. Flightglobal (ed.). "Republic to take 50 E-175s as Q400s head for Flybe". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  7. Flybe (ed.). "Flybe Share Issue Prospectus" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de setembro de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  8. China Aviation Daily (ed.). "Flybe Places Two Embraer 195s with Stobart Air". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  9. London Stock Exchange (ed.). "Stobart buys three Embraer E195 Jet aircraft on lease to Flybe". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2017.