Brussels Airlines
Brussels Airlines é a aeroliña nacional de Bélxica.[1] Ten a súa base en terreos do aeroporto de Bruxelas e é unha subsidiaria de Lufthansa. É a aeroliña máis grande baseada en Bélxica, operando a uns 90 destinos de 20 países europeos ademais de realizar voos de alcance longo a Norteamérica e África. Realiza tamén servizos chárter, mantemento e adestramento de pilotos e tripulantes. A compañía é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA), a Asociación de Aeroliñas Europeas (AEA), e da alianza Star Alliance.
Brussels Airlines | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA SN | OACI BEL | Indicativo BEELINE |
Fundación | 7 de novembro do 2006 | |
Inicio das operacións | 25 de marzo do 2007 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Bruxelas | |
Plan de voo frecuente | Brussels Airlines Privilege | |
Alianza | Star Alliance ![]() | |
Frota | 48 | |
Destinos | 90 | |
Holding | Lufthansa Group | |
Páxina web: http://www.brusselsairlines.com/ |
O seu código da IATA SN é herdanza das súas predecesoras, Sabena e SN Brussels Airlines. Lufthansa mercou o 45% da compañía no ano 2009 e en setembro de 2016 a aeroliña alemá anunciou que mercaría o resto do capital de Brussels Airlines por 2,6 millóns de euros.[2] A operación foi completada en xaneiro de 2017.[3]
Frota Editar
Actual Editar
En decembro de 2020 a frota de Brussels Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4]
Frota de Brussels Airlines
Avións | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
B | E+ | E | Total | ||||
Airbus A319-100 | 19 | — | — | — | 141 | 141 | 1 coa librea Star Alliance. |
Airbus A320-200 | 16 | — | — | — | 180 | 180 | 6 coas libreas especiais Belgian Icons. |
Airbus A330-200 | 2 | — | 22 | 32 | 218 | 272 | |
Airbus A330-300 | 12 | — | 30 | 28 | 225 | 283 | |
30 | 21 | 244 | 295[5] | ||||
Total | 49 |
Notas Editar
- ↑ Air Transport World (ed.). "Brussels Airlines to wet-lease Superjets". Archived from the original on 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ Reuters (ed.). "Lufthansa board approves Brussels Airlines takeover". Archived from the original on 30 de novembro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ Air Transport World (ed.). "Lufthansa acquires Brussels Airlines, to become part of Eurowings". Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Brussels Airlines Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Brussels Airlines fleet - Airbus A330-300". Brussels Airlines. Consultado o 19 de decembro de 2020.