Aeroporto de Liverpool-John Lennon

(Redirección desde «Aeroporto de Liverpool»)

O aeroporto de Liverpool John Lennon (IATA: LPL, ICAO: EGGP) é un aeroporto internacional que serve ao noroeste de Inglaterra. Co estoupido da segunda guerra mundial o aeroporto foi operado pola Royal Air Force e coñecido como RAF Speke. O aeroporto está dentro da cidade de Liverpool, nas riberias do estuario do río Mersey, a uns 12 km ao sueste do centro. Orixinalmente chamado aeroporto de Speke, no ano 2001 foi rebautizado na honra do músico da cidade John Lennon, membro de The Beatles. Dende o aeroporto operan voos regulares domésticos, cara a Europa e cara ao Norte de África.

Aeroporto de Liverpool John Lennon
Liverpool John Lennon Airport

IATA: LPL – ICAO: EGGP
Sumario
Propietario Peel Airports
Operador Liverpool Airport Ltd
Localización Speke, Liverpool
Elevación (msnm) 25 metros / 81 pés
Coordenadas
Web https://www.liverpoolairport.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
09/27 2 285 7 497 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 4 778 939

Entre 1997 e 2007 foi un dos aeroportos europeos con maior crecemento, incrementando o número de pasaxeiros anual dos 689 468 en 1997 ata os 5 470 000 en 2007.[1] A pesar de que o número de pasaxeiros decreceu ata os 4 778 939 en 2016, aumentou con respecto ao ano 2015 un 11,1%, sendo o 12º aeroporto máis concorrido do Reino Unido.

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
Blue Air Alacant, Bacău, Bérgamo, Bucarest, Cluj-Napoca, Roma-Fiumicino
Estacional: Larnaca
easyJet Alacant, Ámsterdam, Barcelona, Belfast-Internacional, Berlín-Schönefeld, Faro, Fuerteventura, Xenebra, Illa de Man, Jersey, Cracovia, Lanzarote, Larnaca, Lisboa, Madrid, Málaga, Niza, Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle, Venecia (comeza en outubro de 2017)[2]
Estacional: Bodrum, Bordeos, Grenoble, Mahón, Nantes, Nápoles, Rodas, Salzburgo, Zante
Flybe Belfast-City
Estacional: Newquay
Flybe
operado por Stobart Air
Illa de Man
Ryanair Alacant, Barcelona, Cork, Derry, Dublín, Faro, Fuerteventura, Knock, Cracovia, Lanzarote, Málaga, Malta, Marrakech, Milán-Malpensa (comeza en outubro de 2017),[3] Porto, Poznań, Praga, Sofía, Szczecin, Tenerife-Sur, Vilnius, Varsovia-Modlin, Wrocław
Estacional: Bari, Bergerac, Xirona, Gran Canaria, Eivisa, Nîmes, Palma de Mallorca, Pisa, Reus, Rodas
TUI Airways Estacional: Eivisa, Palma de Mallorca
Wizz Air Budapest, Craiova, Gdańsk, Katowice, Lublin, Riga, Varsovia-Chopin

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar