Aeroporto de Vilnius

O aeroporto de Vilnius (IATA: VNO, ICAO: EYVI) é o aeroporto internacional de Vilnius, a capital de Lituania. Está situado a 5,9 km ao sur da cidade. É o máis grande dos catro aeroportos comerciais do país en tráfico de pasaxeiros. O aeroporto de Vilnius serve como base para Ryanair, Wizz Air e Small Planet Airlines. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 3 814 001 pasaxeiros.[1]

Aeroporto de Vilnius
Vilniaus oro uostas
IATA: VNO – ICAO: EYVI
Sumario
Tipo público
Propietario goberno de Lituania
Operador Tarptautinis Vilniaus oro uostas
Cidade/Illa Vilnius
Elevación (msnm) 197 metros / 646 pés
Coordenadas
Web http://www.vilnius-airport.lt
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19 2 515 8 250 asfalto/formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 3 814 001

Historia

editar

Primeiros anos

editar

O aeroporto comezou as súas operacións o 17 de agosto de 1932 co nome de Wilno-Porubanek; Porubanek era o nome da vila que no presente é parte do distrito de Kirtimai de Vilnius. Antes da segunda guerra mundial operaba a entón ruta doméstica entre Vilnius e Varsovia, ademais da ruta internacional cara Riga. O 15 de abril de 1939 inaugurou unha nova ruta a Kaunas. Durante a guerra as súas instalacións foron usadas como aeródromo militar. O día 17 de xullo de 1944 reanudáronse as súas actividades como aeroporto civil.[2]

Desenvolvemento recente

editar

Lithuanian Airlines (renomeada posteriormente como FlyLAL) foi fundada como aeroliña nacional de Lituania tras a independencia do país en 1991, herdando a frota de Aeroflot baseada no aeroporto formada por Tupolev Tu-134, Yakovlev Yak-40, Yak-42, Antonov An-24 e An-26. Rapidamente foi substituíndo ese aparellos soviéticos con modernos reactores Boeing 737 e Boeing 757 e turbohélices Saab 340 e Saab 2000. As súas operacións cesaron o 17 de xaneiro de 2009 debido ás crecentes dificultades económicas. Co colapso de flyLAL o aeroporto perdeu os seus servizos regulares a Ámsterdam, Budapest, Istanbul, Madrid e Tbilisi.

airBaltic, a aeroliña nacional de Letonia abriu unha segunda base en Vilnius no ano 2004 para complementar as súas operacións dende o aeroporto de Riga, usando reactores Boeing 737 e turbohélices Fokker 50 e converténdose na aeroliña con máis presenza no aeroporto. airBaltic chegou a voar a 19 destinos, pero no presente só opera 6 rutas.

O aeroporto de Vilnius é o principal centro de conexións para Small Planet Airlines, Grand Cru Airlines e Aviavilsa e é base para Wizz Air. Foi o principal centro de conexións para Star1 Airlines ata que cesou as súas operacións en setembro de 2010 e para Aurela, ata que perdeu a súa licenza de voo.

O 30 de xuño de 2013 Air Lituanica comezou a voar dende Vilnius e estableceu a súa base alí servindo varias cidades europeas. Porén, o 22 de maio de 2015 a aeroliña cesaría todas as súas operacións.[3]

O aeroporto estivo pechado durante 35 días entre o 14 de xullo e o 17 de agosto de 2017 para traballos de reconstrución da pista de aterraxe. Todos os seus voos foron desviados ao aeroporto de Kaunas.[4][5]

Aeroliñas e destinos

editar

Pasaxeiros

editar
Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Estacional: Atenas (comeza en maio de 2018)
Aeroflot Moscova-Sheremetyevo
Austrian Airlines Viena
airBaltic Ámsterdam, Berlín-Tegel, Múnic, París-Charles de Gaulle, Riga, Talín
Belavia Minsk
Brussels Airlines Bruxelas[6]
Corendon Airlines Estacional: Antalya
Finnair
operado por Nordic Regional Airlines
Helsinqui
Freebird Airlines Estacional: Antalya
LOT Polish Airlines Varsovia-Chopin
Lufthansa Frankfurt
Nordica[7]
operado por LOT Polish Airlines
Talín, Varsovia-Chopin
Norwegian Air Shuttle Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda
RusLine San Petersburgo
Ryanair Barcelona, Beauvais, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Birmingham, Bremen, Charleroi, Colonia/Bonn,[8] Dublín, Hahn, Leeds/Bradford, Liverpool, Londres-Luton, Londres-Stansted, Madrid, Malta, Nürnberg,[9] Oslo-Gardermoen, Roma-Ciampino
Estacional: Atenas (comeza en maio de 2018), Chania
Scandinavian Airlines
operado por Cimber
Copenhague
Scandinavian Airlines
operado por CityJet
Estocolmo-Arlanda
Small Planet Airlines Chárter estacional: Antalya, Barcelona, Bérgamo, Bodrum, Dalaman, Funchal, Gazipaşa, Xenebra,[10] Heraclión, Hurghada, Lamezia Terme,[11] Las Palmas de Gran Canaria, Málaga, Marsa Alam, Monastir, Mostar, Rodas, Palma de Mallorca, Salzburgo, Sharm el-Sheikh, Taba, Tenerife-Sur, Niza, Enfidha, Rijeka, Dubai-Al Maktoum, Agadir, Faro, Burgas, Varna, Cos, Dalaman, Bodrum, Catania, Larnaca, Xenebra, Cagliari
SmartLynx Airlines Chárter estacional: Bilbao, Gran Canaria, Rijeka, Varna, Faro
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
Ukraine International Airlines Kíiv-Boryspil
Estacional: Odesa
Vueling Estacional: Barcelona
Wizz Air Atenas (comeza en marzo de 2018),[12] Barcelona, Bari, Beauvais, Belfast-Internacional, Bérgamo, Billund, Doncaster/Sheffield, Gdańsk (comeza en decembro de 2017), Dortmund, Eindhoven, Gotemburgo, Kíiv-Zhuliany, Kutaisi, Larnaca, Londres-Luton, Memmingen, Niza, Reiquiavik-Keflavík, Roma-Fiumicino, Sandefjord, Estocolmo-Skavsta, Tel Aviv-Ben Gurion, Varsovia-Chopin
Estacional: Agadir, Grenoble[13]
Aeroliñas Destinos
DHL Aviation
operado por Cargoair
Leipzig/Halle, Riga
Transaviabaltika Minsk
  1. Vilnius Airport (ed.). "Airport statistics". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  2. Vilnius Airport (ed.). "Historia". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  3. ch-aviation (ed.). "Air Lituanica ceases operations". Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  4. Vilnius Airport (ed.). "Reconstruction of the runway of Vilnius Airport". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  5. The Seattle Times (ed.). "Vilnius Airport to be closed for a renovation until Aug. 17". Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  6. https://www.brusselsairlines.com/en-be/destinations/lithuania/vilnius.aspx?v3=true&month=1
  7. "Nordica offers direct flights to Tallinn from destinations all over Europe. Book now!". Consultado o 14 January 2017. 
  8. "Ryanair Stellt Rekord-Winterflugplan 2017/2018 Für Köln/Bonn Vor | Ryanair's Corporate Website". Corporate.ryanair.com. 2017-02-08. Consultado o 2017-08-23. 
  9. Liu, Jim (5 March 2017). "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Routesonline. Consultado o 6 March 2017. 
  10. "Small Planet Adds Geneva Service in Jan 2015". airlineroute.net. Consultado o 6 May 2015. 
  11. "Small Planet Adds Lamezia Terme Operation in Sep/Oct 2015". airlineroute.net. Consultado o 6 May 2015. 
  12. https://wizzair.com/en-gb/information-and-services/about-us/news/2017/10/16/wizz-air-announces-an-extensive-low-fare-network-from-athens#/
  13. Liu, Jim (20 July 2016). "WizzAir Plans Additoinal New Routes in W16". Airlineroute, Routesonline. Consultado o 20 July 2016. 


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar