Aeroporto de Minsk

O aeroporto nacional de Minsk (IATA: MSQ, ICAO: UMMS), anteriormente chamado Minsk-2, é o principal aeroporto de Belarús, situado a 42 km ao leste de Minsk, a capital do país. O aeroporto serve como centro de conexións para a aeroliña nacional bielorrusa Belavia e as aeroliñas de carga TransAVIAexport Airlines e Genex.

Aeroporto de Minsk
Нацыянальны аэрапорт Мінск
Национальный аэропорт Минск
IATA: MSQ – ICAO: UMMS
Sumario
Tipo público
Cidade/Illa Minsk
Localización Kastrychnitski
Elevación (msnm) 204 metros / 669 pés
Coordenadas Coordenadas: 53°52′57″N 28°01′57″L / 53.8825, 28.0325
Web http://airport.by
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
13/31 3 641 11 942 formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 3 429 112[1]

Historia editar

Primeiros anos editar

A construción do aeroporto Minsk-2 comezou no ano 1977. En 1979 estivo operativa unha pista de 3 640 metros de longo e 60 de ancho. En 1981 o aeródromo xa era capaz de operar avións e finalmente inaugurouse en 1982. O primeiro voo de pasaxeiros operouse cun Tupolev Tu-134. Once anos despois as súas instalacións estiveron completas inaugurándose unha terminal con capacidade para 5,8 millóns de pasaxeiros anuais.

Desenvolvemento dende os 90 editar

Os voos regulares comezaron en 1983 e no ano 1990 o tráfico de pasaxeiros chegou aos 2,2 millóns anuais. Dende 1991 o número de voos comezou a baixar debido ao colapso da Unión Soviética. En 1997 o número de pasaxeiros foi de 516 000, en 1998 de 480 000 e en 2000 só 400 000. Dende a independencia de Belarús o primeiro millóns de pasaxeiros non chegaría ata o ano 2008.[2]

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Aeroflot Moscova-Sheremetyevo
Air China Pequín-Capital
airBaltic Riga
Austrian Airlines Viena
Belavia Almati, Ámsterdam, Achkhabad|Aşgabat, Astana, Baku, Barcelona, Beirut, Belgrado, Berlín-Schönefeld, Brussels-Charleroi, Budapest, Frankfurt, Xenebra, Hannover, Helsinqui, Istanbul-Atatürk, Kaliningrado, Khárkiv, Kíiv-Boryspil, Kíiv-Zhuliany, Krasnodar, Larnaca, Londres-Gatwick, Lviv, Milán-Malpensa, Moscova-Domodedovo, Moscova-Zhukovsky, Nizhnii Novgorod,[3] Odesa, París-Charles de Gaulle, Praga, Riga, Roma-Fiumicino, Rostov-on-Don (comeza en abril de 2018),[4][5] San Petersburgo, Sochi, Estocolmo-Arlanda, Tbilisi, Teherán-Imán Khomeini, Tel Aviv-Ben Gurion, Vilnius, Varsovia-Chopin, Iereván[3]
Estacional: Batumi
Chárter estacional: Sharm El Sheikh[6]
Etihad Airways Abu Zabi[7]
LOT Polish Airlines Varsovia-Chopin
Lufthansa Frankfurt
Motor Sich Airlines Zaporizhia
S7 Airlines Novosibirsk (comeza en maio de 2018)[8]
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
Turkmenistan Airlines Achkhabad|Aşgabat
Ukraine International Airlines Kíiv-Boryspil
Utair Moscova-Vnukovo
Uzbekistan Airways Tashkent
Yamal Airlines Ekaterimburgo[9]

Carga editar

Aeroliñas Destinos
Turkish Airlines Cargo Istanbul-Atatürk, Viena[10]

Notas editar

  1. Belarus News (ed.). "Over 3.4m passengers travelled via Minsk airport in 2016". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  2. Нацыянальны аэрапорт Мінск (ed.). "Airport History". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Routes Online (ed.). "Belavia plans additional routes in S17". Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  4. Блокнот (ed.). "Из нового аэропорта «Платов» можно будет улететь прямым рейсом в Белоруссию" (en ruso). Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  5. БелТА (ed.). ""Белавиа" с 27 апреля начнет выполнять рейсы в Ростов-на-Дону" (en ruso). Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  6. "Belavia resumes charter flights to Sharm el-Sheikh". 20 April 2016. Consultado o 30 May 2017. 
  7. Liu, Jim (17 January 2017). "Etihad continues Minsk operations from March 2017". Routesonline. Consultado o 1 November 2017. 
  8. "Belarus, Minsk (MSQ) <-> Russia, Novosibirsk, Tolmachevo (OVB)". S7.ru. S7 Airlines. Consultado o 1 November 2017. 
  9. Liu, Jim (3 November 2017). "Yamal Airlines adds Ekaterinburg – Minsk in W17". Routesonline. Consultado o 3 November 2017. 
  10. "Turkish Airlines Cargo Winter Schedule" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar